Filosofía e Feminismo

Hoxe presentamos a historia da filosofía dende a figura da muller coa axuda e baixo a supervisión de Laura Darriba, alumna da Facultade de Filosofía da USC.

O nacemento da filosofía occidental produciuse na antiga Grecia. Nas polis gregas, todo cidadán podía e debía participar na política da sociedade, os cidadáns eran, en palabras de Aristóteles, animais políticos, zoon politikon. Aquí xorde a incongruencia do termo cidadán da polis: nin as mulleres, nin os nenos, e moito menos os escravos, eran considerados cidadáns. Velaquí o primeiro motivo da falta de mulleres na historia da filosofía. O propio Aristóteles afirmaba que “a femia é femia en virtude de certa falta de virtudes”. A muller estaba relegada á casa e ó coidado da familia. “Aínda así, o propio Platón defendeu na República a igualdade na educación para homes e mulleres. Non sería ata a chegada de Poulain de la Barre, aproximadamente dous mil anos despois, cando a muller entra a formar parte da cousa filosófica, reivindicando a igualdade entre os dous sexos” sostén Laura Darriba.

A partir de este punto, a muller consegue penetrar e que as súas ideas sexan escoitadas, e maniféstase o pensamento feminista, que se dividiu en tres etapas: a primeira comeza co propio Poulain de la Barre, Stuart Mill ou Mary Wolstonecraft, unha das primeiras en propoñer que se homes e mulleres reciben a mesma educación e dereitos, obterán o mesmo enfoque da vida que o home.

“A segunda etapa é a das sufraxistas, que na Convención de Séneca Falls (1848) conseguen o dereito a voto e o recoñecemento social en igualdade co xénero masculino” cóntanos Laura.

A terceira etapa é a do feminismo máis radical. Non foi tanto un movemento pola reivindicación dos dereitos, que xa se lograra na segunda etapa, senón que se van a centrar máis na sexualidade da muller. “Entre elas destaca Beatriz Preciado, que, en contra do que sostiña Simone de Beauvoir: muller non se nace, faise; ela opina que muller non se fai nin se nace, simplemente, máis alá do xénero, somos persoas, seres humanos” Afirma Laura Darriba.

Outro punto que tocamos foi a filosofía da linguaxe. A filósofa belga Luce Irigaray sostén que o discurso social é masculino, e é necesario loitar para conseguir xeitos de falar diferenciados do masculino; pola contra Laura opina que “non creo que haxa misoxinia nin machismo na linguaxe, nin moito menos”.

“Hoxe en día, moitas das desigualdades contra as que loitou o feminismo desapareceron, polo que xorden outras correntes e, entre as máis radicais atópase o hembrismo, que é o machismo feminino” di Laura. Esta concepción xa a advertira a búlgara Julia Kristeva, que afirmaba que o feminismo debe ser crítico porque corre o risco de se converter en algo sobre o que está en contra.

FUMEGA GONZÁLEZ ROBERTO  151.A05

Posted on 27 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 11 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Interesante esta aportación filosófica sobre o feminismo, Roberto. A linguaxe e a comunicación son elementos fundamentais que califican e definen ao ser humano. Polo que, non comparto a afirmación de Laura de que non hai machismo na linguaxe… Agora mesmo estou lendo un artigo bastante extenso de como evitar precisamente iso, o machismo á hora de escribir e comunicar, e reparei eu pequenos detalles que nunca se me pasaran pola cabeza.
    Unha compañeira de traballo de meu tío, só usa o xénero feminino cando se dirixe a un colectivo. Ela é mestra, e chamáronlle a atención de porque facía iso… ás persoas que se dirixen a esas nenas en masculino porque non lle chaman a atención? Unha boa reflexión, quizais…

    Logo mencionas a Simone de Beauvoir, se non líchedes o seu libro “O segundo sexo”, recoméndovolo, aínda que é algo extenso e moi interesante. O que máis me chamou atención foi o principio, di que dende a infancia as mulleres queremos ser homes porque xa somos conscientes de que na sociedade ocupan un lugar diferente,…e falaba da envexa da nena ao pene masculino, ” ela tamén quería disparar”. Eu persoalmente, sentinme identificada cando lin iso…
    Por outra banda, estou con Laura en que debemos distinguir o hembrismo do feminismo, xa que hai moita xente que segue a confundir ámbolos termos.

    GÓMEZ CALVO NOELIA 151.D02

    • A verdade é que se trata dun tema co que poderiamos debater durante horas. O machismo na linguaxe? Pois a verdade eu penso que é só linguaxe, mesa é feminino porque o dixeron así e chaleco é masculino polo mesmo. O dos colectivos é diferente: eu estou a favor de que se empregue diferente xénero en función ó número de mulleres ou homes que haxa, aínda así, non creo que sexa un dos temas que máis quebradeiros de cabeza nos debera dar.

      A Simone de Beauvoir por outra parte non a lin, aínda que seguirei o teu consello. O da envexa do pene xa o empregara Freud para describir as diferentes etapas polas que pasa un ser humano na súa infancia; neste caso, a muller, evidentemente aplicada ó ámbito sexual (este Freud, como era). A visión que dá Simone de que nos damos conta de que a figura masculina ocupa un lugar privilexiado na sociedade e a ampliación da envexa do pene é un novo punto de vista.

  2. Tatiana Ojea Vázquez

    Me parece interesante que habléis sobre el papel de la mujer en diferentes ámbitos. A mi también me pareció curioso las pocas libertades y derechos de los que carecían las mujeres en Grecia, una sociedad tan avanzada para la época a penas tenía en cuenta la figura femenina, relegandola a las tareas domesticas. Con respecto a lo del lenguaje opino igual que Laura, no considero que exista tanta misoginia ni machismo en el habla, hay otros campos donde esto es más visible.

    Para concluir, me gustaría apuntar que en las visitas que hemos realizado en nuestro grupo al Centro de Intervención en Medio Abierto de la asociación Arela, los educadores nos comentaron que el machismo y el acoso en la adolescencia estaba aumentado últimamente y la principal causa son las redes sociales. Además nos explicaron que las menores de 12 años entendían a la perfección que estas situaciones no eran tolerables, pero cuando cumplían un par de años más muchas aceptaban estas actitudes e incluso las defendían.

    OJEA VÁZQUEZ, TATIANA 152.F03

    • En Grecia eran moi listiños para o que querían. Naqueles tempos todo cidadán da polis participaba en política, entendendo como cidadán ó home de mediana idade, adiñeirado e culto. Nin mulleres, nin nenos nin escravos. Respecto á linguaxe, dicir que a min tampouco me parece que sexa o tema máis serio a abordar, a verdade.

      Por outro lado, estou abraiado co que me dis de que cando son un pouco máis maiores, as rapazas ven estas actitudes de acoso como algo normal e incluso chegar a defendelas.

  3. seminariocomunicacion1

    Justo al acabar de leer este artículo he tenido un debate sobre el tema con mis compañeros de piso. Uno me decía que no apoyaba el feminismo porque su propio nombre indicaba que era a favor de la mujer pero no tenía en cuenta a los hombres… Vaya, que es innegable el hecho de que la gente sigue confundiendo hembrismo con feminismo o directamente desprestigia ambos.
    En cuanto a la comunicación, que es lo que nos atañe, coincido con Laura en que el vocabulario no me parece machista. Me chirrían cosas como que cuando hablemos de un grupo en el que solo haya un chico y se diga ”todas vosotras” el que lo haya dicho se suela disculpar y decir ”bueno, y (nombre del chico)”. Eso no suele pasar con al contrario. Pero por el resto, no me quiero imaginar un mundo en el que tengamos que ser tan quisquillosos con la terminología. El gran problema de este siglo es la terminología. Ahora mucha gente habla en femenino, como decía Noelia. A mí me parece una patada al diccionario. O quieren inculcar el neutral con la -e- (”todes”). Otra patada al diccionario.
    Arias Rial 151.F03

    • A verdade é que unha linguaxe é unha linguaxe e punto, non creo que haxa que mortificala. Se agora temos que cambiar tódolos morfemas flexivos de xénero, polo contrario ou polo neutral isto ía ser un despiporre. No neutral tamén hai quen pon unha “x” en lugar do “e”. Aínda así, non queiramos pasarnos, que non creo que sexa motivo para armar un escándalo.

  4. Indo por orde, paréceme interesante sinalar que na polis grega non se consideraba cidadán á muller. Dende a época de Aristóteles xa existía machismo! Dende o principio do teu post, reflexionei sobre os miles de anos nos que as mulleres levan sendo consideradas inferiores ao home. E ao mesmo tempo, paréceme incrible que a día de hoxe as cousas aínda non cambiaran de todo! Porque aínda que foron a mellor… a muller segue sendo a que coida da casa e da familia.
    Por outra parte, estou totalmente en contra do que opina Laura sobre a linguaxe, que non é machista. Creo que é moi evidente que si que o é. Que pasa? Que como levamos toda a vida acostumados a que se dirixan a nos en xénero masculino… pois parécenos normal. É máis! Creo que se unha persoa se dirixe a uns cantos homes en xénero feminino, estes sentiríanse ofendidos. Con isto, hai que dicir que as cousas foron cambiando a mellor; agora polo menos, nos recibos de luz, por exemplo, xa che din: “Estimado Sr./Sra:”. Aínda así, creo que se pode facer moito máis.
    Por último, dicir que a día de hoxe hai moita xente que pensa que o feminismo é un movemento radical que vai en contra dos homes. É certo que hai feministas que fan isto, pero debemos ter claro que se o machismo vai en contra das mulleres, o feminismo non pode ir en contra dos homes, xa que o que se pretende dende o minuto cero é conseguir igualdade, non superioridade.

    RODRÍGUEZ SUÁREZ, MELISSA 152.E03

    • Moitos anos de subxugación pasou a muller ó longo da historia, ata o momento en que unhas poucas valentes quixeron petar un golpe na mesa e dicir “ata aquí”. Volvemos á linguaxe: unha linguaxe é unha linguaxe, unha maneira de comunicarnos, de designar a realidade, e non creo que haxa que sentirse ofendida/o se chamamos á mesa “a mesa” e non “o mesa” ou “o meso” ou eu que sei. Eu entendo que, cando hai un grupo de xente, eso de vosoutros se a maioría son mulleres, non me parece que teña sentido. Debería ser en función de que xénero teña o maior número de xente.

      No tocante ó feminismo, non creo que vaia en contra dos homes, nin que sexa un movemento para se posicionar por riba de nada, simplemente igualdade. O que si é un machismo do outro xénero é o hembrismo.

  5. Non sei si liches o meu último post no que falo dos rolles familiares, en concreto da miña familia. Convídote a leelo, xa que nel plantexo una dúbida, igual tamén filosófica. Os meus avós foron educados dun xeito moi diferente a nos, e incluso xa aos nosos pais. Él tiña que traer os cartos a casa, traballar fora da casa e ocuparse das contas. Elas xa dende pequeñas tiñan ben sabido que os 12 ou 15 anos a súa vida estudantil remataba, había que adicarse a coser, a lavar e aos pequenos, cando tocase. A día de hoxe o meu avó só ten dúas netas, eu máis a miña irmá e quere que sexamos igual ou mellores que o seu fillo. Que teñamos un bó posto de traballo, que nos respeten por ser mulleres… quere igualdade, mais na casa a que limpa é a miña avóa e el, ainde que algo axuda, descansa. ¿Costume,?

    O que si tamnén me gustaría preguntarte e se pensas que a sociedade cambiou tanto como solemos pensar. Ben é certo que cambiou pero as noticias dedespidos por embarazos, menos soldos por mesmos traballos…seguen a aparecer.

    http://www.diariofemenino.com/trabajo/mundo-laboral/articulos/despedida-por-estar-embarazada/ aquí te deixo una polémica nova de fai un par de anos. A tenda MANGO despide a una empleada por estar embarazada. E outra cuestión, ¿Cómo é posible que o goberno incite a maternidade, digan que somo un poboación vella e permita isto?
    FERNENDEZ MEIJIDE, SAR 151.G03

    • As mulleres gañaron terreo na historia ó conseguir o dereito a voto, os mesmos dereitos que os homes… pero aínda así a subordinación dela na sociedade non se conseguiu paliar. Traballos nos que non te queren por ser muller, nos que tes un menor soldo, nos que te despiden por quedares preñada… etc. Non sei se é que a sociedade está moi cómoda así, aínda que non o creo, ou quedan vestixios dunha sociedade dun comportamento totalmente machista e patriarcal.

  6. seminariocomunicacion1

    Este artículo me parece muy interesante, porque en Praga estudio la Facultad de la Filosofía y el tema de las mujeres en relación con la filosofía ha sido muchas veces discutido. La mujer como una criatura de poca importancia que no tiene el derecho para expresar sus propios opiniones y vive solo para estar el complemento de los hombres sirvió para crear las citas no sólo para los filósofos, sino también por ejemplo para los escritores, tal mención Oscar Wilde a su cita „Nada arruina el amor y el sentido del humor tan bueno como una mujer lo hace“. Los hombres no les consideraban los mujeres como individuos intelectuales capaces de pensar durante la época larga, desgraciadamente el papel de las mujeres de poca importancia se aparece en el mundo conterpoáneo también, a pesar de que la forma de la percepción de las mujeres se ha cambiado. Al final me gustaría mencionar una cita divertida que nos dijo el profesor de filosofía cuando estuvimos hablando sobre este tema: „Cuando lanza todos los hombres en una bolsa, siempre saca un hombre igual.

    PIPKOVA, LINDA 151.G05

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: