Xa é hora de que se vexa o que facemos

Seguindo afondando no mundo rural, nese mundo rural de mulleres, hoxe déixovos aquí unha conversa que tiven con Carmen Rodríguez, muller que viviu toda a súa vida no rural e que actualmente traballa nunha empresa vitivinícola; a cal ten formada a súa plantilla con seis mulleres e catro homes, dato cando menos curioso. É interesante coñecer a súa opinión sobre o mundo actual das labregas,xa que ela ó vivir sempre no campo e traballar case de continúo no agro, puido ver dunha maneira segura como o traballo do xénero feminino se foi transformando. Experiencias, ademais, que conta de primeira man.

IMG_4363

“Traballo no agro porque me gusta, traballei na hostalería en en outros sectores pero o que me fixo feliz sempre foi o campo. Gústame andar o aire libre, é moito máis duro e pódenselle poñer moitas máis pegas, pero sempre foi o que me fixo sentir máis ben e por iso aquí estou.

É certo que a xente pensa que está menos valorado; unha, porque pagan menos que por outros traballos que requiren menos esforzo, e dous porque é duro e ninguén o quere. A figura da muller aínda ten máis problemas neste sector, xa que o xénero masculino pensa que non defendemos o traballo coma eles e iso é mentira. Eu farteime a traballar con eles e facía exactamente o mesmo; andiven con motoserras, con desbrozadoras, plantando… e todo igual ca eles. Porén xamais o consideraron así, e creo que aínda queda un chanzo para que isto cambie.

Os medios de comunicación penso que si lle están dando importancia a muller labrega no campo, actualmente fálanse algúns temas que fai anos sería impensable. Penso que se debe seguir facendo porque está visibilidade sexa completa, e  para todos aqueles que pensan que o traballo da muller é inferior, retoos a poñerse canda min a traballar durante unha xornada a ver como acaban eles e a ver como acabo eu.”

tumblr_inline_mgy7rhFJuc1rz3byc

Con estas últimas palabras de Carme déixovos que reflexionedes, porque como ela dicía, xa é hora de que se vexa a realidade das mulleres rurais. Non chega con que só uns poucos recoñezan o seu esforzo e a súa maneira de traballar. A sociedade enteira debe de estar concienzada.

VILLAMARÍN ALONSO, MARÍA ISABEL 152.E05

Advertisements

Posted on 27 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Hai cousa dun ano marchei a Escocia co voluntariado de WWOOF para, de paso, buscar traballo en Edimburgo. WWOOF é unha asociación de proxección internacional que aglutina granxas orgánicas de todo o mundo para poñelas en contacto cos diferentes voluntarios que deciden botar unha man no agro e viaxar sen gastar moitos cartos.
    http://ruralvolunteers.org/WHOSTS/
    Como voluntario en diferentes granxas, fun testemuña do importante papel das mulleres, realmente de todos, no mundo rural. Hai que dicir que neste sector, polo menos en Escocia, coñecín a máis mulleres ca homes, unha situación que a elas non lles proporcionou privilexio algún sobre os demais. Todos, elas e eles, eran persoas admirables e sinceramente namoradas do seu traballo. Na miña experiencia xamais cheguei a concibir unha distinción entre xéneros no mundo laboral da agricultura, pois todos traballabamos arreo e con bos resultados. Será por esta razón que son incapaz de comprender o paternalismo (nunca mellor dito) de cara ás mulleres labregas (ou de calquer outro sector), de feito paréceme algo irreal, ilóxico e completamente irracional.
    Nunca fun capaz de comprender os prexuízos laborais cara as mulleres. Tendo en conta a cantidade de amigas, traballadoras elas, que fan o seu traballo de forma eficiente e con certa paixón, non podo comprender actitudes e políticas en detrimento da metade da poboación humana. Non sei qué ve a xente, pero cando eu paso polo Mercado de Abastos de Santiago só vexo mulleres, case todas anciás fortes coma buxos, vendendo e cargando coas verduras da súa horta. Aparte, se a labranza é unha actividade asociada coas mulleres, culturalmente e de facto, ¿por que seguen a ter problemas por razón do seu sexo? Ao final vai ser cousa dese patriarcado.

    PEREIRA VILA, JORGE 152.H02

    • Mabel Villamarin

      As mesmas preguntas nos levamos facendo nós dende que comezamos o traballo e aínda seguimos na procura de atopar cunha boa resposta.
      É ben certo que o traballo no rural ten máis presenza feminina, pois dino as estatísticas o problema non creo que veña por isto; senón pola realización de certas tarefas do rural que si seguen sendo “cousas so de homes” ou así o fan creer, porque eu non estou nada de acordo con tal afirmación. Seguiremos investigando no tema para dar cunha posible resposta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: