Centenario do Centro Galego da Habana e de Hijos del Ayuntamiento de La Estrada

Este mes cúmplense cen anos da inauguración do Palacio do Centro Galego da Habana. Hoxe pretendo sinalarvos a importancia que tivo esta institución e quen estivo detrás, os galegos emigrantes. Así pois, tamén vai adicado á sociedade de emigrantes “Hijos del Ayuntamiento de La Estrada” debido a que pronto celebrarán tamén o centenario da súa formación.

g-centro-gallego-(gran-teatro-de-la-habana)-1572

O 21 de Xaneiro de 1872 os galegos residentes nun territorio ultramarino de Cuba fundaron a “Sociedade de Beneficiencia de Naturais de Galicia”. No 1879 convertiríase nun proxecto moito máis ambicioso, o do “Centro Galego da Habana”. Este nace para promover a cultura dende tres seccións: “de Recreo e Adorno”, “de Declamación” e “de instrución” (biblioteca, escola e escola de idiomas). O edificio en si mesmo comezouse a construír no 1907 finalizando en 1913 as obras do Palacio Social e no 1915 as do Teatro (que xa existía, era o antigo Teatro Tacón e fora mercado pola asociación). O centro medrou e chegou a ter ata hospital “La Benéfica” e Caixa de aforros “Caja de ahorros y Banco Gallego”. No 1920 eran 64.000 socios, mentres que na capital galega o censo total era de 25.870 habitantes.

En 1961, ca revolución, cesou o Centro Galego como institución. Hoxe en día o edificio coñécese como o Gran Teatro da Habana e o espazo adicado á cultura galega e á labor das sociedades emigrantes quedou moi reducido. Aínda así, celébranse de cando en vez actividades relacionadas. Na semana do 12 ao 19 de abril terá lugar o Festival La Huella de España (XXVI edición) que estará adicado á nosa cultura facendo mostras de danza, teatro, música, literatura, cine… ca pretensión de amosar as nosas raíces presentes na cultura cubana.

Voltando aos comezos do Centro, pouco despois da súa inauguración en 1915, nacía nas suas salas a Sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada. Os obxetivos das sociedades era brindar apoio aos emigrantes, que adoitaban ser veciños, e en conxunto aportar ideas e diñeiro dende Cuba ao seu lugar de orixe, principalmente mellorando a educación (como vistes no post sobre as escolas de emigrantes). Na primeira reunión dos fundadores estableceuse un reglamento. Destaco que no Artigo III consignáronse uns obxetivos: “Protección a las sociedades confederadas del Ayuntamiento de La Estrada, a la enseñanza y al asociado necesitado”. No Artículo IV especificase que 50% dos fondos que esta sociedade dedica á Federación Agrícola da Estrada, destinaranse á construcción dun edificio domicilio da Federación e a soster un periódico para a defensa dos intereses agrarios. Un 25% dedicado á ensinanza e o outro 25% ao socio necesitado.

jksA sociedade viu os seus froitos.En 1920 nacía na Estrada o xornal El emigrado (Periódico Independiente-Órgano de las Sociedades de Emigrados y Agricultores). Cabe destacar que o xefe redactor era Manuel García Barros (mencionado xa nun post sobre a prensa da emigración) que xa dirixira en 1906 o xornal El Estradense, anticaciquil e defensor dos intereses das sociedades agrarias, con ampla distribución na Habana.

*Agradecementos a D. Manuel Barros, membro de Hijos del Ayuntamiento de La Estrada, pola información quen os aportou.

Cristina Amosa Tato 151.D01

Advertisements

Posted on 6 Abril, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. María Sánchez Dios

    Hablando de Centros Gallegos -y centrándome en su caída -me gustaría compartir con vosotros el posible cede del Centro Gallego Venezolano, o más bien conocido como la Hermandad Gallega.

    A raíz del último reportaje de En Tierra Hostil de la fundación Atresmedia, el presidente Nicolás Maduro tiene en el punto de mira a los gallegos emigrantes y a sus descendentes. La televisión estatal venezonala, en respuesta al programa español y como defensa al presidente, acusa al Centro Gallego de conspiración, y es posible se nacionalice expropiándoles bienes.

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/03/30/television-estatal-venezolana-acusa-centro-gallego-conspiracion/0003_201503G30P6995.htm

    http://www.correodelorinoco.gob.ve/nacionales/mario-silva-desmonto-programa-espanol-tierra-hostil-que-desprestigia-a-venezuela-video/

    Dejo aquí algunas de las noticias que salieron sobre el tema -una española y otra venezolana -y me gustaría abrir debate por si a alguien le parece apropiado hacer una comparativa entre el cese por revolución del Centro Gallego del que se habla en el post contra el posible cese del que os traigo venezolano.

    SÁNCHEZ DIOS, MARÍA 152.A04

  2. seminariocomunicacion1

    La emigración tuvo un papel fundamental, para bien y para mal, en el desarrollo de la sociedad gallega del siglo XX. Eso ya lo sabemos. Lo que a mi me llama la atención es el dinero que todas estas asociaciones enviaron a Galicia para así crear escuelas, centros sociales y culturales… Creo que sería interesante dedicarle un apartado de vuestro trabajo a este tema.

    Campos Nieto 151.B04

  3. Los países de America Latina fueron una vía de escape para los gallegos del s.XX, por lo que encontrar familaires, edificios…relacionados con nuestros antepasados no es algo complicado, si lo es encontrar construcciones tan bellas como esta. El teatro de la Habana es una divinidad arquitectónica, aunque eso en vuestro trabajo no tenga demasiada importancia para mi es algo que me llama mucho la atención. Os dejo aquí un video muy cortito de unos 40 segundos en el que se ve un poco el movimiento en os años 20 del centro gallego.

    No aporta gran información, pero sí me parece interesante ver como era en transito, la entrada, al edificio. Ilustrar un poco vuestro post.

    Ah y por último comentaros que tengo entendido que fue el primer recinto en acoger la marcha del Himno Gallego.
    FERNANDEZ MEIJIDE., SARA 151.G03

  4. seminariocomunicacion1

    É moi interesante o debate que abres María, non sei se se pode facer a comparativa, habería que investigar a fondo como se transformou a actividade do centro da Habana trala revolución. Esperemos que non se cumpla o mesmo en Venezuela.

    En canto ao que nos dis Pablo, si que é asombroso a labor e diñeiro que adicaron os emigrantes para invertir aqui e por iso xa fixemos un post sobre as escolas financiadas por eles.

    E en efecto Sara, tanto o himno como a bandeira naceron ali, penso que tamén o temos mencionado noutra entrada. Gracias polo vídeo, é como un viaxe no tempo.

    Cristina Amosa 151.D01

  5. seminariocomunicacion1

    Es increíble la fuerza de la unión de los gallegos por todo el mundo. En toda hispano-américa se crearon centros como este para defender nuestra cultura y poder olvidar por un momento que no estaban en su tierra, Se nota el poder y el cariño al ver simplemente el edificio, ya que su fachada sencillamente impone.
    La ayuda entre los gallegos que allí residían es algo que me enorgullece. Me siento feliz de formar parte de una sociedad que ayuda a sus vecinos aunque probablemente esté en su misma situación. La unión hace la fuerza y gracias a ello muchos gallegos pudieron ser felices en otro lugar.

    Davila Fernández, Pedro 151.G02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: