O poder da información

No meu último post individual voume afastar un pouco da temática para falarvos de como cambia a perspectiva das migracións segundo a época e os receptores, a través do tratamento dos medios de comunicación do tema.

A sociedade española dende 2005 sufre unha avalancha de portadas e noticias que buscan criminalizar aos inmigrantes subsaharianos que buscan un futuro en Europa e a maneira máis doada de atopalo é entrar pola fronteira de Melilla.

Os ataques por parte dos medios son continuados, sen importar a liña editorial todos deixan claro a súa postura. Cabe destacar algunhas das máximas empregadas por un dos xigantes da comunicación do Estado, El País, para referirse aos inmigrantes que tentan entrar pola cidade autónoma:

“Fue un ejemplo de estrategia militar”, “utilizan tácticas militares”, “utilizan la llamada de los almuédanos a la oración para lanzar a sus compañeros al asalto”, “cuando el cuerno sonó, un ejército de subsaharianos salió de la vegetación; en ristre llevaban más de 100 escaleras … y comenzó la batalla. Fue como un asalto medieval”, “No descartamos que entre ellos haya milicianos de las muchas guerras que sufre África”.

Aquí vos deixo uns enlaces a noticias onde a criminalización queda en constancia :

http://politica.elpais.com/politica/2014/01/22/actualidad/1390410817_615609.html

http://www.rtve.es/noticias/20130917/unos-300-inmigrantes-asaltan-valla-melilla-mas-cien-intentan-entrar-nado-ceuta/747048.shtml

http://www.abc.es/espana/20141022/abci-asalto-valla-melilla-inmigrantes-201410220831.html

http://www.elmundo.es/espana/2015/02/03/54d0de9bca4741c0318b45a7.html

Nalgunhas destas noticias tamén podemos observar a continua xustificación e defensa da actuación da Garda Civil na fronteira. Algúns exemplos máis:

“La Guardia Civil frena con material antidisturbios la entrada en Melilla de 250 inmigrantes” (ABC)

“La Guardia Civil impide la entrada de 250 inmigrantes ilegales en Melilla” (El Mundo)

“La Guardia Civil frena una entrada masiva de inmigrantes en Melilla” (El País)

Como curiosidade déixovos un enlace a unha iniciativa de eldiario.es coa que pretenden aclarar a traxedia de El Tarajal na que están imputados 16 gardas civiles:

http://lasmuertesdeceuta.eldiario.es/mentiras.html

Logo desta pequena análise e retomando algúns posts nos que analizamos xornais creados entorno ao movemento migratorio galego cara América Latina podemos facer unha comparación das dúas migracións. Por unha banda, temos a exaltación de galegos que se vían obrigados a buscar un futuro mellor ao outro lado do océano, aínda que isto supuxese deixar a terra e vivir unha situación precaria durante un tempo no país receptor. Por outra banda, temos a criminalización dos subsaharianos que se ven obrigados a buscar un futuro mellor ao outro lado do Mediterráneo, aínda que isto supón deixar a terra e vivir unha situación precaria no país receptor.

As diferenzas? O tempo, a cor da pel, as medidas estatais e os intereses dos medios de comunicación.

palazon

GÓMEZ DE LA CAMPA, XIANA  151.D03

Posted on 8 Abril, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Aínda que se di que as comparacións son odiosas esta pareceme moi acertada.
    A sociedade actual critica algo que con anterioridade teñen feito os nosos antepasados. Hipocresía? Demagoxia? Non o sei, pareceme un simple reflexo do que somos como sociedade/comunidade.

    Outro tema a tratar tamén podería ser os termos que se usan. Aos que veñen dende o sur e chegan en patera chamámoslles ‘inmigrantes’, mentres que aos mozos e mozas do noso país que marchan ao estranxeiro obrigados pola situación económica (igual que os anteriores, por outra banda) non soemos chamarlle inmigrantes. Espíritu aventureiro, “van aprender idiomas e seguir formándose”, mobilidade exterior etc. son expresións que oímos continuamente nas tertulias televisivas que están tan de moda.
    Deberíamos chamarlle ás cousas polo seu nome. Se son inmigrantes son inmigrantes, da igual a súa orixe, cor de pel ou relixión.

    Deixoche aquí un vídeo subido por dúas emigrantes españolas. Marchan obrigadas, o futuro aquí non será para elas. Bágoas amargas.

    RÍO OTERO, HELENA DEL 152.D04

    • Comparto a túa perspectiva compañeira!
      Paréceme moi acertado o termo de hipocresía contando coa sitación na que vivimos. O futuro da terra marcha e faino obrigado mentres que o cinismo dos políticos denomínao mobilidade exterior. Quizais sexa unha maneira de liberar a súa conciencia a sabendas de enganar a toda a sociedade.

      151.D03

  2. A verdade é que a análise que realizas da que pensar. Sí que é certo que se percibe certa esaxeración e criminalización por parte dos medios de comunicación con respecto a este tema. Fai uns meses, en plena crisis do ébola coido que lin o titular máis noxento e desafortunado posible. Este titular, publicado no xornal “El Faro de Melilla” fai referencia o tema que estás a analizar. Dicía “Orinas y escupitajos con “ebola”, fuego y piedras desde lo alto de la valla”. Deixoche un enlace ca imaxe da portada e con unha explicación, (se é que a ten)

    http://www.eldiario.es/rastreador/escupitajos-inmigrantes-Faro-Melilla-portada_6_314328587.html

    Tamén resulta destacable a comparación que fas ca emigración galega a América. Creo que non son situacións de todo comparables, pois os galegos viaxaban na procura dun futuro mellor dentro dos límites da legalidade e ademais sabendo con certeza que ían a traballar. Este situación paracéme máis semellante e digna de comparación á inmigración actual dende outras partes do mundo, coma Sudamérica ou países árabes e non, e digoo con todos os respetos, a inmigración dende África en pateras ou saltando a vaia. Pese a todo, concordo completamente contigo e opino que o tratamento xornalístico que se lle da ós inmigrantes africanos é inaceptable.. E non só xornalístico, senon tamén por parte das autoridades eou policías; pero eso xa é outro debate.

    CASAS QUIROGA PABLO
    151.B04

    • Descoñecía a existenia de ese titular e a verdade paréceme noxento que se permita publicar cousas así que tentan contra a dignidade das persoas.
      Discrepo na túa perspectiva de que a inmigración en patera dista da dos nosos antepasados pola súa ilegalidade, xa que unha parte deles o facían sen visado e cun contrato de palabra para poder traballar alí de maneira “legal”.
      E como ben dis o tratamento por parte das autoridades e incluso da cidadanía deixa moito que desexar.

      151.D03

  3. seminariocomunicacion1

    Gústame a comparación iniciada no post, aínda que hai bastantes diferenzas marcadas xa pola distinta época na que se producen. Non obstante, parece que o que facemos os de aquí está sempre ben, e os que veñen de fóra non buscan máis que amolarnos. Máis axeitada paréceme a comparación nos últimos anos, nas que como ben decides pasamos de condenar os inmigrantes a glorificar a xente que se vai de España co obxectivo de seguir formándose e aprendendo.

    Eu parto da base de que a maioría de nós non nos gusta marchar da terra na que nacemos, por moito que a vida alá fóra a pinten de cor de rosas. Entón, se alguén o fai é por necesidade, porque non ten máis opcións no seu país. Ademais, unha vez emigrado e atopas un traballo, na maioría dos casos tocarache a labor que non queren facer os máis.

    GARCÍA CALAZA, IVÁN 151.G04

    • Coincido contigo!
      Como ben dis estamos fartos de ver nos medios a nosa prosperidade marcha e non facemos nada para evitalo. A hipocresía leva a tal punto que non só culpabiliza ou glorifica a emigración segundo lle veña en gana, senón que idealiza a emigración española, cando hoxe en día e un dos problemas máis importantes do país.

      151.D03

  4. seminariocomunicacion1

    Parece que mentira que en tan poco tiempo pueda cambiar tanto la cosa. Hace apenas cinco años todo el mundo criticaba la inmigración, parecía que querían acabar con nuestra economía y lo único que buscaban era una vida mejor. Incluso en el comienzo de la crisis se culpó a los extranjeros de robarnos los puestos de trabajo. Ahora somos nosotros quienes vamos fuera a buscar un salario con el que poder vivir, ya que en nuestro país no lo encontramos. Espero que de esta situación podamos sacar algo bueno, aunque solo sea el aprender a respetar a las personas porque nunca se sabe cuándo te va a tocar a ti.

    Davila Fernández, Pedro 151.G02

    • Grazas pola a túa aportación.
      É verdade que a inmigración critícase ata o día de hoxe, culpándoos de moitos dos nosos males co obxectivo de quitarnos peso de enriba. Pero co comezo da crise atopámonos coa outra cara da moeda, sendo os países receptores dos españois que partiron alí os que se queixan de esta emigración masiva.
      A sociedade ten moito que aprender.

      151.D03

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: