Labregas non asalariadas

mulleres labregas

Para completar unha parte fundamental do noso traballo, no post de hoxe temos unha entrevista cunha muller labrega. A diferenza doutras entrevistas deste tipo que fixemos noutros posts con mulleres labregas que traballan empresas agrarias, a de hoxe, Josefina Lorenzo, é unha muller do rural que traballou no campo toda a súa vida, pero nunca o fixo de maneira remunerada ou  a través dunha empresa.

Josefina está agora xubilada, pero non por iso deixou de lado as labores agrarias. Na súa casa continúa tendo un grande horto con todo tipo de produtos que ela mesma, coa axuda do seu marido, se encarga de sementar, coidar e recoller. Estas labores son algo que ela esta acostumada  a facer ano tras ano e que forman parte da súa vida como ben afirmou nesta conversa.

“Eu traballei sempre no campo, toda a miña vida. Desde os 20 anos dediqueime sempre a facer o que tiñamos na casa, dende plantar patacas ata coidar os animais. Antes non me dedicaba solo a isto, traballei tamén nunha fábrica de madeira, nun serradoiro. Cando me casei e tiven fillos meus pais eran xa moi maiores e tiven que quedar na casa atendéndoos a eles, á casa e á horta. O meu home e mais eu encargabámonos de botar o millo, plantar as patacas, cultivar hortalizas e verduras, atender as viñas… Él traballaba fora da casa, polo que a maior carga de traballo levaba eu. Antes tiñamos tamén animais aos que había que atender, polo que ter leiras axudábache, xa que non tiñas que mercar nada para alimentalos. Coas leiras tiñas como alimentar aos animais e con eles tiñas como alimentarte ti.

Na actualidade a xente cada vez dedicase menos a estes labores. As persoas maiores cada vez poden menos e os mozos prefiren buscar outros traballos que quedar na casa dedicándose a coidar a horta. Nas aldeas cada vez vive menos xente, vaise para as cidades. Os mozos prefiren comprar as cousas que poñerse eles mesmos a cultivalas. Eu claro que tamén compro cousas, pero teño a sorte de poder ter produtos cultivados por min mesma”

A historia de Josefina non é unha excepción nin un caso illado, xa que cando falamos de mulleres labregas na maioría dos casos falamos de mulleres como ela, que non reciben do seu traballo máis que o froito do que elas mesmas sementan. A maior parte das mulleres rurais de Galicia que traballan no campo non teñen un xefe, un salario ou un horario, senón que traballan por propia vontade neste sector que cada vez está máis esquecido.

 

RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

Advertisements

Posted on 9 Abril, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 13 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Como ben dis ao final do teu post, ese sector cada vez está máis esquecido, peor non so polos medios, senón pola meirande parte da sociedade. No punto de tecnificación no que estamos, con empresas distribuíndo productos aos supermercados e os supermercados a nós, no vemos ou non queremos ver a importancia do mundo labrego.

    A historia de Josefina coma ben dis non é unha historia illada, no rural galego hainas a montes e moreas, pero poucas persoas as coñecen.Non se lles recoñece o mérito que teñen. Darlle voz á súa experiencia, á súa vida parece un gran acerto. Non se lles recoñece o mérito que teñen,

    https://www.youtube.com/watch?t=40&v=DMPwkW64JMY deixovos un enlace a un vídeo realizado pola Asociación Avinza que trata de cómo viven e que senten as mulleres que traballan no rural ourensán.

    FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, CARMEN 151.A04

    • seminariocomunicacion1

      É unha mágoa que sexamos nós mesmos, a sociedade, a que deixemos esquecido un sector de tan grande importancia en Galicia xa que, como se mostra no video que adxuntas, o sector agrario é tan fundamental como calquuer outro e nin os medios nin as persoas lle deamos a repercusión que se merece.

      RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

  2. seminariocomunicacion1

    Sobre las mujeres del rural también he leído algún post de otros compañeros en este blog, pero en este precisamente se compara la actividad del rural de antaño con la de hoy en día, sobre todo con los jóvenes. Como ya les comenté a los otros compañeros que publicaron post similiares, me parece muy interesante este tema llevado al caso que nos ocupa a mi grupo y a mí. ¿Cómo se trata a la mujer del rural en los medios de comunicación? Es una cuestión que puede dar mucho juego si queréis completar vuestro trabajo. Espero que os sirva como propuesta.

    RIVEIRO COUSILLAS, JOSE. 152.B04

  3. seminariocomunicacion1

    Josefina recórdame moito a miña avoa. Supoño que similar a moitas avoas galegas que aínda de anciáns seguen traballando arreo. Son dun tipo de casta que, perdoádeme a expresión, morren traballando. Para elas o traballo é a súa vida, máis ben, a terra é a súa vida. Así foron criadas dende pequenas e así desenvolveron a súa vida adulta. Non eran asalariadas, todo o sacaban a base do seu esforzo e sen ninguén que se puidese facer responsable dalgún erro. É dicir, tiñan unha gran responsabilidade. Como ben comentas, poucas veces se lles recoñeceu o seu traballo e a súa valía. Non obstante, sen o traballo das nosas avoas galegas, quizais non poderiamos estar comentando este post.

    GARCÍA CALAZA, IVÁN 151.G00

    • seminariocomunicacion1

      Como ben afirmas o traballo que as mulleres galegas fixeron durante anos e seguen facendo hoxe en día no campo é fundamental para que nós, na actualidade, estemos onde estamos.

      RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

  4. Tania Vázquez Flores

    Paula, Me agrado bastante esta publicación tuya, consideró que las actividades en el medio rural son fundamentales tanto para el desarrollo de la vida cotidiana como la economía del país. Este es un trabajo difícil, que pocas personas aceptan hacer, ya que las largas jornada de trabajo y las condiciones en las que se realiza lo hacen demasiado complicado, entonces es importante valorar y reconocer esta labor, ya que es gracias a personas como esta mujer que nosotros podemos tener en nuestra mesa un plato con verduras.

    Tania Vázquez Flores 150.F05

    • seminariocomunicacion1

      É moi certo o que dis, Tania. O traballo no campo é moi duro e quizais por iso cada vez a xente escapa máis del. por este mesmo motivo é unha pena que non lle deamos a consideración que se merece.

      RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

  5. seminariocomunicacion1

    El labriego, esa persona que dedica su vida a la tierra, al verdadero fruto del trabajo, a usar sus propias manos y su dedicación con el fin de vivir, de alimentarse él mismo, a su familia y a sus animales; no a ganar el dinero para comprarlo hecho, sino a producir él o ella misma su propio alimento.
    ¿Quién no ha oído a su madre decir: “Hijo, no te lo voy a comprar, como se nota que no sabes lo que cuesta ganar el dinero”? Las personas que se dedican a la tierra, a esa labor que está cada vez más olvidada, por elos mismos, sin más beneficio que su propio fruto y la satisfacción del trabajo bien hecho, saben mejor que nadie lo que cuesta ganarse el pan.
    Pero si nos ponemos a pensar, ¿Qué sería de lo que somos ahora, de lo que somos los gallegos, si durante tantos y tantos años, nuestros, abuelos, bisabuelos, tatarabuelos y así hasta llegar al principio, no hubiesen dedicado a trabajar la tierra, a crear su propio fruto? La tierra nos define, nos representa, es parte de nuestra historia y nuestra historia forma parte de nosotros.

    http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/02/10/labriego-guardian-identidad-gallega/755318.html

    LORENZO SOBRAL, SOFÍA 151.C05

    • seminariocomunicacion1

      Como ben afirmas se somos quén somos é gracias aos nosos antepasados que traballaron no campo toda a súa vida. A historia do rural galego é un exemplo de superación e de esforzo para ser o que somos hoxe en día.

      RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

  6. Lidia Lareo 151.H04

    É unha mágoa que sectores coma este cada día sexan máis minoritarios. A aldea é o máis característico de Galicia, e estas labores son as que se facían (e nalgúns casos aínda se fan) na aldea.
    Ademais, seguindo o caso da muller entrevistada, sen dúbida forma parte das heroínas que non so rexentaban a súa casa, senón que tamén educaban aos seus fillos e traballaban na terra e cos animais. Un non parar.
    Polo tanto, considero que se debería reivindicar o valor deste traballo e tratar de que non se perda. Porque pasada unha ou, como moito, dous xeracións, xa todo estará esquecido.

    • seminariocomunicacion1

      É certo que as mulleres galegas son un exemplo de esforzo e superación xa que, aparte de traballar no campo, facían as labores da casa e atendían aos fillos. Unhas auténticas heroínas que, por desgraza, non teñen a consideración que se merecen.

      RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

    • Estaba mal posto o localizador:
      LAREO VILELA, LIDIA
      151.H04

  7. Como di Lidia, é unha mágoa que este sector estea en decadencia tendo en conta que Galicia é ouro para isto. Mais hai que preguntarse o por que, a situación dos produtores. Teño achegados que tiraron cara adiante e montaron explotacións gandeiras. A única forma de seguir vivindo disto era ir ao por maior, alugar a baixo coste o monte veciñal, ter capital para comezar e mercar maquinaria innivadora (ata o ounto de que as vacas se moxen soas) e atreverse con sesenta vacas e medrando. Falo dun caso concreto que coñezo porque son persoas que aman o rural e actualmente viven del mais, nas súas palabras, non dan para grandes luxos. A leite vai tirada de prezo por exemplo. Asi é que o que máis e o que menos se desfixo do negocio. A maioría cultiva aínda o campo para consumo propio. Penso que habería que por en marcha políticas que impulsen o produto galego, que valoren a tradición e o coñecemento e impulsen innovacións. Que hoxe en día montar unha explotación ou unha horta ecolóxica non sexa unha utopía. Podedes tirar polo tema político porque hai varias propostas de lei a debatir no parlamento sobre o tema actualmente. O mes pasado houbo folga por este tema: http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2015/03/20/sindicatos-desmarcan-huelga-lactea-espera/1205436.html

    Cristina Amosa Tato #151.D01

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: