Palabras con sentido

Esta última semana contactamos co Colexio de psicólogos de Galicia e tras dialogar coa técnica de coordinación e comunicación, o mércores vindeiro temos unha entrevista cun psicólogo finalmente, tras recibir negativas ou falta de interese por parte doutras

 asociacións. Ademais, proporcionounos unha guía de estilo e información sobre cómo deben tratar os medios todo aquilo referente a saúde mental, tema central deste post.

Cada vez son máis os medios de comunicación e os xornalistas que consideran que a mellor vía para elevar a calidade da información e o seu talante ético é a autorregulación. En España cóntanse con códigos éticos da profesión xornalística que dan algunhas pistas de carácter xeral acerca dese difícil equilibrio entre o dereito  á  información e o respeto a outros dereitos dos cidadáns.   No campo que nos atinxe, considérase prioritario que se faga todo o posible por erradicar estereotipos e tópicos que afectan as persoas que padecen unha enfermidade mental e ao seu entorno.Os profesionais dos medios de comunicación deberían asumir unha responsabilidade neste sentido.

A Organización Mundial da Saúde declarou recientemente o seguinte:  o 25 % da poboación sofre un trastorno mental ao longo da súa vida; preveese que os trastornos mentais aumentarán considerablemente nos próximos anos; as enfermidades mentais   representan o 12´5 % de todas as patoloxía; o 22 % da poboación padece episodios de ansiedade e depresión nalgún momento da súa vida; entre o 70 e o 80 % das persoas con enfermidade mental están en situación laboral de desemprego, entre outras.

Existen  noticias sobre saúde mental nas cales parece que o xornalista non se   documentou nin recurriu a distintas fontes como seguramente faría con outras temáticas, limitándose deste xeito a reproducir os falsos tópicos da sociedade. Deste xeito, refórzase unha visión estigmatizadora da enfermidade mental. Os titulares son tamén un foco perxudicial xa que soen ser alarmistas ou morbosos e nesta mesma liña, as persoas que sofren alguna enfermidade  son etiquetadas sustantivando a súa condición (por exemplo, maníacos depresivos). Por outra banda, os medios tenden a crear imaxes negativas e pouco normalizadas xa que adoitan presentalos en actitudes pasivas, sen ningún tipo de interacción social, trasmitindo sensación de lástima, etc. Pódese observar tamén que existe un notable confusionismo no que atinxe a tipificación das enfermidades e con demasiada frecuencia mestúrase información de saúde mental con outro tipo de discapacidades e patoloxías. En canto  a veracidade da información, poucas veces provén directamente de persoas con enfermidade mental e só ocasionalmente  de asociacións de familiares, psiquiatras e psicólogos dos hospitais.

Asemade, parece que violencia e saúde mental van da man. Porén, non hai base científica que o demostre. É normal atopar noticias que vinculan sucesos violentos con este tipo de patoloxía cando a realidade é moi distinta.  Son breves na que se sintetiza a información de maneira incorrecta, de xeito que queda simplificada e pérdense datos relevantes. Ademais, téndese a empregar termos do ámbito da saúde mental noutros contextos que están totalmente fora de lugar.

Para erradicar isto existen dez principios básicos que todo xornalista debe manexar, en resumen do citado anteriormente:

  1. Aumentar o coñecemento social a través dunha información exacta de conceptos e termos.
  2. Mostrar unha visión positiva da enfermidade mental.
  3. Contemplar todas as facetas, mostrar as persoas de forma integral.
  4. Menos compasión e máis recursos.
  5. Darlle importancia aos verdadeiros protagonistas.
  6. Desmontar falsas crenzas, mitos ou prexuizos.
  7. Alonxar a enfermidade mental da crónica de sucesos.
  8. Coidar a linguaxe
  9. Facilitar información normalizadora.
  10. Lembrar que a maioría das enfermidades son visibles.

Debemos ter en conta que todos temos probabilidades de padecer unha enfermidade mental aínda que teóricamente poida haber persoas con máis predisposición xenética que outras. Como xornalistas, debemos comprender isto e tratar as persoas que as sofren sen caer en tópicos e coa maior documentación posible.

LAREU PEREIRA, IREA REXINA 151.E02

Advertisements

Posted on 9 Abril, 2015, in Posts individuais. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Gran post, muy interesante conocer como los medios tratan a las personas que pueden sufrir alguna discapacidad y, sobre todo, cuales son las claves para que se dejen de dar este tipo de acontecimientos. Como ya sabéis desde el Observatorio de Medios centrado en el análisis de las Elecciones municipales en Santiago de Compostela también estamos tratando de dar a conocer como van a sintetizar estos temas los diferentes partidos y sus políticos.
    En primer lugar, me gustaría destacar que muchas veces los periodistas no nos documentamos como deberíamos sobre ciertos temas, y sobre todo, para ganar tiempo, tratamos los temas de la misma manera que lo hace el resto porque creemos que es lo correcto. Muchas veces utilizamos ciertas palabras como ‘palabras comodín’ para referirnos a elementos que no lo son, por ejemplo, llamamos discapacitado a cualquier persona sin pararnos a pensar si estamos realizando un uso correcto de este vocablo, que dudo que se pueda utilizar al libre albedrío; en el texto lo reflectís de la siguiente manera: “notable confusionismo no que atinxe a tipificación das enfermidades e con demasiada frecuencia mestúrase información de saúde mental con outro tipo de discapacidades e patoloxías”.
    También es cierto y, seguramente, otro de los grandes problemas de esta sociedad son los prejuicios, e incluso nosotros mismos como comunicadores deberíamos ser los primeros en desterrar cualquier tipo de apariencia que se pueda formar alrededor de alguien. La incertidumbre es algo que siempre está presente y de nosotros depende avivarla o despejarla. Los periodistas somos investigadores sociales, debemos comunicarnos con la sociedad para lograr el cambio, y el cambio en el tratamiento hacia estas personas en los medios pasa por aquí, por tratar de realizar nuestro trabajo de la mejor manera posible para así ayudar a la comunidad.
    Por último, os dejo aquí un enlace a un artículo de Inma Martín Herrera en el cual nos habla sobre “Tratamiento informativo de la discapacidad en los medios de comunicación”, espero que os sirva de ayuda.
    http://www.dosdoce.com/articulo/opinion/2773/tratamiento-informativo-de-la-discapacidad-en-los-medios-de-comunicacion/

    VALVERDE CABALEIRO, DAVID 152.B05

  2. seminariocomunicacion1

    Primeiramente, estou totalmente dacordo sobre o teu punto de vista dos xornalistas,xa que en certas ocasións non nos documentamos da mesmo xeito en temas que a primeiras poden non considerarse do noso interese. Grazas polo material suxerido e deste destaco a seguinte afirmación: “Y, además, es importante que lo hagan, que se informen y que estén conectados a la actualidad, porque los medios constituyen una vía de contacto del hombre con el mundo. Puede decirse que las noticias son trozos de la vida real, y la discapacidad es una realidad que merece y exige un correcto tratamiento informativo”.
    Os dous obervatorios traballamos temas moi sensibles e pódese decir que de diícil acceso. Ao longo do traballo de campo apréndese realmente o que significa documentarse e comunicarse con aqueles cos que queres tratar.

    LAREU PEREIRA, IREA REXINA 151.E02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: