Daily Archives: 10 Abril, 2015

As ideas hexemónicas

A comezos dos anos 60 do século pasado o filósofo canadiano Marshall McLuhan teorizaba sobre a aldea global, un concepto que describiría o espazo virtual que actualmente identificamos coa Internet. McLuhan, como expresaba nas súas obras The Gutenberg Galaxy e Understanding Media, cría que as novas tecnoloxías da telecomunicación provocarían a expansión da conciencia humana construíndoa sobre as conexións persoais que permitían os novos medios electrónicos; en poucas palabras: tódolos seres humanos do mundo estarían conectados. Non obstante, esta idea non implica uniformidade e harmonía entre comunidades, máis ben todo o contrario. A multiplicidade de ideas e puntos de vista provoca encontros e desacordos que evidencian a diversidade, como ben podemos ver na forte segmentación de grupos e nos foros de discusión que existen no mundo e, por extensión, tamén na Rede. Na Web non existe un acordo global, mais si un punto de reunión. ¿E quen pode acceder a este espazo inmaterial e globalizador? ¿Quen crea os seus contidos? Claramente os que teñen os recursos necesarios para entrar nel, ou sexa, os países chamados ‘desenvolvidos’.

Dende que os medios de comunicación de masas se asentaron na maioría dos fogares do mundo occidental (e occidentalizado) comeza a destacar a problemática do acceso limitado á produción e ao consumo de medios. Neste aspecto, podemos considerar o Informe MacBride, presentado pola UNESCO en 1980, como a primeira gran proposta de cara á democratización da información e da comunicación en base á Declaración Universal dos Dereitos Humanos (concretamente ao artigo 19). O informe presentaba unha serie de medidas necesarias para a creación dun Novo Orde Mundial da Información e da Comunicación (NOMIC): a igualdade entre países desenvolvidos e o terceiro mundo, a liberdade de prensa e de expresión, a erradicación dos efectos nocivos dos monopolios, o dereito á información, a garantía dunha información plural, a cooperación mundial cara o equipamento e desenvolvemento da comunicación no terceito mundo e o respeto á variedade cultural. Como podemos ver, o informe MacBride defendía a competencia e a colaboración mundial no sector da comunicación de masas en beneficio da humanidade. Tamén apreciamos que, polo de agora, o plan de acadar o NOMIC foi un completo fracaso. Este non é un problema traído polos novos medios e polo auxe do capitalismo; estamos ante un problema literalmente histórico.

Nós, que vivimos en Europa e nos identificamos co modo de vida occidental, sufrimos constantemente, por mor dun fenómeno humano milenario, o nesgo ideolóxico do eurocentrismo. O sociólogo portugués Boaventura de Sousa Santos, no texto As Epistemologias do Sul, fala da cegueira e da hexemonía do pensamento occidental, en tanto que os organismos e institucións do Oeste non teñen en conta as ideas estranxeiras que potencialmente supoñen unha alternativa ao actual sistema capitalista, claramente dominante. A tremenda bagaxe que carga a cultura occidental e o seu estatus hexemónico moitas veces impídenos ver ou concibir ideas do noso redor. Dende a creación dos estudos das culturas estranxeiras a opinión pública occidental comezou coñeceu os puntos de vista alén das fronteiras; sen embargo non é ata a actualidade, etapa de crise, cando comezamos a dubidar dos nosos axiomas. Moitas das problemáticas mundiais poderían resolverse estudando os obstáculos dende diferentes perspectivas, infinitas e diversas a nivel individual. Paulatinamente Occidente torna a súa mirada cara os antes ignorados en busca de alternativas e de vías que solucionen problemas globais que non poden resolverse dende o pensamento que os creou. É preciso romper cos convencionalismos e cooperar como un único organismo para poder evolucionar, mais ¿qué tipo de lóxica será a que decida a mellor vía de progreso?

PEREIRA VILA, JORGE 152.H02

Infancia y periodismo

Con frecuencia los niños problemáticos protagonizan las noticias en los medios de comunicación, pero, ¿creéis que los periodistas tratan este tema de forma apropiada?.

Infancia y periodismo

Normalmente los informadores hablan de manera adecuada de la infancia, pero en gran parte de los casos – sobre todo en los de menores infractores- se olvidan de los derechos que tienen los jóvenes, aportando información perjudicial para la seguridad de estos niños que están tan protegidos por la ley. Cuando la información es tratada incorrectamente no somos conscientes del daño que podemos causar a la familia, al entorno y al propio joven, y más ahora que la información está a un click gracias a internet.

Suso, director del Ciema de Pontevedra, nos explicaba que  muchas veces los medios de comunicación pecan de sensacionalistas escribiendo titulares como “Los delitos de los menores son cada vez más graves”. Titulares alarmantes como este daban paso a una noticia en la que se hablaba de que la mayoría de los menores infractores no vuelven a cometer otro delito. Además cree que los medios de comunicación tienden a reforzar el factor negativo dando lugar a las generalizaciones y estereotipos de los que ya hemos hablado en anteriores publicaciones.

Los medios de comunicación juegan un papel muy importante en la protección de los menores y en la sensibilización de la sociedad con respecto a los temas que les conciernen, “es necesario que los profesionales de la información tengan claros cuales son los limites y utilicen un lenguaje adecuado que no perjudique al menor” añadía Suso. A pesar de las leyes y normativas que regulan los derechos y deberes de los menores de edad, en la nueva sociedad de la información, la autorregulación y el código ético del periodista son más necesarios que nunca.

OJEA VÁZQUEZ, TATIANA  152. F03

A emigración galega: onte e hoxe


emigración antes Finaliza a miña viaxe por América Latina e polos xornais galegos creados fóra da terra. Unha travesía chea de libros e revistas, morriña, amor á propia lingua, poesía, surrealismo, escolas, importantes personaxes, etc… Este é o meu derradeiro post, e logo desta profunda investigación, quería compartir convosco a miña opinión sobre a emigración estudada e a actual. A principal diferenza radica no tipo de emigrantes: antes falabamos de galegos analfabetos como maioría, e unha minoría significativa de intelectuais. No meu primeiro post, Galegofobia, quixen plasmar o sentimento de auto-odio e prexuízo que existía nos propios galegos. En Lembrando a Seoane, quixen mostrar a outra cara da moeda, aos intelectuais que loitaban pola nosa terra e cultura, como tamén o fixo a miña compañeira Xiana cando falou das Escolas.

Hoxe en día os emigrantes son fundamentalmente universitarios. Xiana tivo a oportunidade de entrevistar a mozas e mozos estudantes pola rúa preguntándolle sobre este tema. Polo que observamos, a xente quere traballar, moverse, gañar diñeiro,etc… ( o motivo da emigración de antes e o de agora é económico) é dicir, os obxectivos a simple vista parecen ser os mesmos mais a figura do propio viaxante non o é. Por outra banda, os protagonistas das antigas emigracións eran homes. A muller quedaba na casa, e eles, ás veces, olvidábanas e facían fóra outra familia. A maioría das mulleres que emigraban eran criadas, e o futuro que lles esperaba non era sinxelo (de todo isto falounos Cristina na entrevista con Neira Vilas). As antigas emigracións eran dos homes, mais que ocorre na actual? Para min isto é un dos aspectos máis importantes: emigran tanto eles como elas. O papel da muller na sociedade actual xa non é o mesmo, é isto é un bo exemplo.

Ademais, a revolución tecnolóxica e o avance nos medios de comunicación influíron considerablemente na emigración. Xiana adicoulle o seu primeiro post ás cartas como nexo e unión, naquela época era a única maneira de contacto. Mais hoxe en día na era dixital iso queda atrás. Laura falounos de Global Galicia, unha comunidade cibernética de galegos no estranxeiro na actualidade. Como ben dicía Laura, internet é unha ferramenta que fai parecer a distancia máis curta. Ligado a isto está o desenvolvemento dos medios de transporte,…hoxe en día temos a posibilidade de ir e vir con frecuencia, dunha maneira máis económica e segura.

Como podemos observar as diferenzas son claras, cada emigración é o reflexo do tipo de sociedade do momento. Hoxe existe o sentimento de loita pola terra? Eu creo que sí, mais como na anterior emigración, segue sendo minoritario.

emigracion actual

GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02

Little Ship

Juliette Gordon Low, también conocida como ‘Little Ship’, fue la pionera en el escultismo femenino americano. Para conocerla un poco más nos tenemos que trasladar a los Estados Unidos, cuna de este tipo de movimientos. Julliete, nacida en el 1860, fue la fundadora de los Girl Scout, asociación que sigue en funcionamiento en la actualidad y que cuenta con millones de chicas inscritas. Tras una estancia en Reino Unido y Escocia, dónde pudo observar movimientos de guidismo y escultismo, decidió reunir a 18 muchachas, ya de vuelta a los Estados Unidos. El germen de lo que había creado sería imposible. Finalmente, Girl Scout se crearía como asociación en 1915. Ella sería presidenta hasta 1920. Su madre trabajaría activamente en la creación de un hospital en la Guerra de Cuba, además de tener un papel importante en la fundación de Chicago. Juliette moriría en 1927, debido a un cáncer de mama.

El grupo scouts se ha expandido por todo el mundo. Cuenta con presencia en 92 países, lo que le hace gozar de una salud admirable. Un total de 59 millones de mujeres han participado en esta asociación (solo en EE.UU) a lo largo de su historia, lo que la hace una de las bases de la historia de la mujer en América durante el siglo XX. Según la propia asociación, aquí se descubre la diversión, la amistad y el poder de las mujeres. Además, recuerdan que siempre han tenido en cuenta la diversidad: no han discriminado en toda su historia a nadie por el color de su piel. También han sido abanderadas de los derechos de las lesbianas, a las cuales aceptan, a diferencia de lo que pasaba hasta hace poco en los grupos scouts exclusivamente masculinos.

Si queréis saber más, podéis ver este vídeo: ¿por qué convertirse en una ‘girl scout’?

 

GÓMEZ CASTRO, DAVID 151.H01

Mi reflexión final (y la de Lidia)

Para dar por finalizada mi colaboración en esta actividad decidí subir una última vez a la sede de COGAMI en Monteporreiro. Aprovechando lo discriminatoria que me ha parecido la última campaña de la ONCE (de la cual os dejo el enlace al final del post) decido escucharla y debatirla un poco con Lidia, una usuaria invidente de COGAMI, a continuación podréis leer un resumen de los puntos más importantes que tocamos.

Valeria: El anuncio comienza con la frase “para que una persona ciega pueda ser uno más…”¿A caso tu no te sientes ya una más?

Lidia: Si y no, creo que hago todo lo puedo por intentar ser una más en la sociedad pero siempre existirán algunas diferencias imposibles de solucionar, pero tampoco me gusta que en un anuncio en la televisión que verá todo el mundo se hable de ciegos como de inadaptados.

Valeria: Personalmente creo que en los medios de comunicación no se trata el tema de las discapacidades con toda la claridad que se debería ¿tu qué opinas?

Lidia: Bueno, hay que entender que hay gente muy susceptible y es un tema delicado para muchos pero tienes razón en que a lo mejor se trata con “tanto cuidado” que muchas veces quedan dudas sin responder o parece que se trata con miedo. También yo prefiero que se trate con miedo a que se trate sin ningún tacto.

Valeria: En ese caso ¿te parece adecuado este anuncio?

Lidia: No, de ninguna manera. Es distinto parece que no podemos ser uno más de la sociedad, yo se que tu y yo somos distintas pero somos tan españolas y tan humanas como otras dos personas cualquiera. Me duele que la gente que escuche este anuncio sin ponerse en el lugar de cualquier invidente piense que hay una barrera tan grande entre nosotros.

Valeria: Además, me parece que este anuncio busca tocar la sensibilidad para hacer marketing ya que su fin no deja ser vender cupones. ¿No crees que ya que tanto se insiste en vuestra adaptación y si eso es lo importante, deberían hacer anuncios sin ningún interés detrás (tan solo el de que “seais uno más”)?

Lidia: Yo la verdad de marketing poco sé y aunque no me había planteado antes esto creo que tienes razón, a lo mejor a este anuncio le interesa más subir las ventas tocando un tema delicado que ayudar a la gente ciega y eso si que me sienta mal, no se a ti pero a mi me parece que no es la mejor idea para hacer publicidad y además publicidad camuflada en buenas intenciones.

La entrevista estaba formada por 14 preguntas de las cuales he elegido estas para no hacer demasiado pesado el post y resumir lo más importante. A lo largo de este proyecto quizás he sido el miembro de mi grupo que ha sido más crítica con el tratamiento que recibe la discapacidad en los medios y este anuncio hace que me reafirme en mi posición, como ya he dicho anteriormente no se puede pedir aceptación y no practicarla porque quien de verdad la busca y merece jamás conseguirá sentirse completamente integrado. Quienes trabajan y queremos trabajar en los medios debemos tratar cada tema con la claridad, respeto e interés que merece y abogar por la igualdad en los medios de comunicación, tras estos meses informándome sobre los medios y la discapacidad, la verdad, me he sentido a veces impotente, orgullosa o decepcionada ya que he visto de todo pero si he sacado una conclusión es que queda mucho por trabajar, muchísimo, nunca somos conscientes de la repercusión que tienen los medios en la opinión e ideas de la sociedad por lo que esto requiere un esfuerzo extra por todos nosotros para influir de la manera más positiva que nos sea posible, ya sea tratando el tema de la discapacidad como otro cualquiera, sigamos trabajando y sigamos avanzando.

Gracias a todos por la atención y aquí os dejo el enlace del desafortunado anuncio:

GIRÁLDEZ RODRÍGUEZ, VALERIA 151.C02

“Los tiempos son totalmente diferentes a los de la radio comercial”

Hoy sí, os traigo la entrevista con Paula Tomé, de Radio Prometea, un programa llevado íntegramente por personas con diagnóstico psiquiátrico, pionero en Galicia y que ya os introduje en un post anterior.

Emiten en Cuac Fm una vez al mes y Paula nos cuenta que encuentran en la emisora el espacio idóneo en el que desarrollarse, que los acogieron con los brazos abiertos desde un principio.

El programa lleva el nombre de la diosa de la imaginación, diosa que en el cómic de Alan Moore Promethea, lleva a los personajes de viaje por sus mundos interiores.

A grandes rasgos nos explicó en esta entrevista la filosofía de Prometea y en especial su relación con Cuac, describiéndonos un perfil muy concreto desde dentro de la emisora comunitaria.

“Los tiempos son totalmente diferentes a los de la radio comercial, todo más pausado, hay tiempo para desarrollar con más tranquilidad todos los contenidos […] los actores sociales no están mediatizados, es la propia voz de quien está haciendo las cosas, dirigiendo el programa y los contenidos. Después también hay mucha interconexión entre las asociaciones, muchas asociaciones entrevistan a otras entonces es un punto de vista más de igual a igual.”

Y a la hora de destacar un valor de la emisora Paula se queda con el compromiso social de la gente que mantiene el proyecto. “La organización, la calidad humana de la gente y los contenidos y un punto de vista más social, más horizontal.”

También nos habla de un compromiso con lo local e insiste en la ausencia de manipulación en el contenido: “Por ejemplo en nuestro caso podemos decir lo que queramos de nuestros procesos de diagnósticos de salud mental sin ningún tipo de filtro. La libertad de expresión al fin y al cabo.”

Os dejo un vídeo con algún otro fragmento de la entrevista para que os animéis a leerla, que aunque algo larga, vale la pena el esfuerzo.

SANTIAGO ARJONES, PAULA 152.C03

Carlos Neira (analista político): “A solución ao xornalismo actual pasa por regular os medios de comunicación”

Nesta semana, última de publicación neste blog, mais non última no proxecto que estamos a levar a cabo desde o GT 152.B00 (seguiremos en observatoriodecomunicacion.wordpress.com), decidín manter unha conversa con Carlos Neira Cortizas, pioneiro en Galicia na análise de información política a través do manexo de datos estatísticos.

En primeiro lugar, tratamos os métodos á hora de analizar noticias, é dicir, os indicadores que el emprega para saber se unha nova é de tendencia “esquerdista”, “dereitista” ou de ningunha destas. Carlos faloume, curiosamente, do Twitter, da virtualidade. Os chíos que os medios de comunicación emiten nas súas contas son analizados de xeito masivo en relación aos termos que aparecen e a unha escala de valores aplicadada a ditos termos, a cal indica se un chío é de tendencia A ou B ou mesmo C (por exemplo: nacionalista, conservadora, centrista). Outro método é a análise de miles de titulares, indicador que está sendo empregado polo noso GT á hora de analizar novas.

En segundo lugar, tratamos a conveniencia da pluralismo político nos medios e o lado oposto: a obxectividade.  ̶ “Existe a obxectividade, Carlos?  ̶ Non, é imposible entender a obxectividade como se entende na actualidade. O xornalista debe ser subxectivo, pero honesto”. Honestidade (na honestidade descansa a veracidade do xornalista, o cal debe alonxarse do cinismo: deste tema fai unha disertación o xa mencionado Kapuściński na súa obra de Los cínicos) + subxectividade = obxectividade de método, da que falaba Gaye Tuchman e coa que o analista do que hoxe falamos comparte idea: o xornalista debe relatar os feitos de xeito valorativo despois de analizalos meticulosamente, non se trata de opinar, senón de interpretar en función de datos. Daquela,  ̶ “é defendible a pluralidade de información política?  ̶ Si, pero é que realmente non existe”. Carlos Neira afirmaba que NON existe pluralidade nos medios, xa que, segundo datos seus, en España tan só hay un 10 % de medios de comunicación que se afastan da dereita, de ningún do panorama nacional poderíase dicir qué é de esquerdas.

En terceiro lugar, tiven a oportunidade de tratar a importancia do feedback (retroalimentación) e a participación cidadá, temas afondados por Lermer e Schramn. Lermer postulaba que a xente debía participar nos medios de comunicación de masas, idea necesaria se queremos que os medios de comunicación comuniquen e non só informen. Carlos Neira desbotaba esta postura de xeito parcial, denunciando o mal uso dos foros que se habilitan nas noticias para opinar sobre a información, xa que restan credibilidade á información, mais defendía este método se os comentarios dos foros eran identificados con precisión.

O culmen da conversa chegou coa idea que Carlos Neira me propuxo como arma para combater a existencia de empresas de comunicación (dependentes de empresas e presións políticas) non medios de comunicación como tales: a REGULACIÓN dos medios de comunicación, os cales serían controlados por unha axencia externa ao propio Goberno de turno, pero sen relación directa con este. Esta idea é unha das propostas de Podemos da man de Pablo Iglesias (http://www.europapress.es/internacional/noticia-pablo-iglesias-propone-regular-medios-comunicacion-20140703193022.html). Sinceramente, comentando con el a proposta, isto é algo que semella utópico, xa que, dándolle voltas ao asunto, sempre aparecía o interese do Goberno de por medio. Porén, se esa idea madurase e a axencia estivese á marxe totalmente do Goberno, podería ser a solución a este teatro da biopolítica da que avisaba Foucault.

Deixo un enlace acerca do que non se debe facer en prensa en relación á análise política: http://www.malaprensa.com/

Para afondar neste post, pincha aquí. POST AMPLIADO EN BLOG ADSCRITO

Deixo aquí un interesantísimo debate audiovisual e un documento escrito acerca das vantaxes e desvantaxes da regulación dos medios de comunicación en distintos países de Sudamérica, países nos que esta práctica está máis espallada:

Medios de comunicación y poder político: Bolivia, Ecuador, Perú y Venezuela

https://drive.google.com/open?id=0BwNqvWsQWds8Q25jaFBGTFNtNWs&authuser=0

Carlos Neira

Carlos Neira no estudo da Cadena SER de Santiago de Compostela. Fonte: avivirgalicia.blogspot.com

MELCHOR FERNÁNDEZ, BORJA 152.B02