Carlos Neira (analista político): “A solución ao xornalismo actual pasa por regular os medios de comunicación”

Nesta semana, última de publicación neste blog, mais non última no proxecto que estamos a levar a cabo desde o GT 152.B00 (seguiremos en observatoriodecomunicacion.wordpress.com), decidín manter unha conversa con Carlos Neira Cortizas, pioneiro en Galicia na análise de información política a través do manexo de datos estatísticos.

En primeiro lugar, tratamos os métodos á hora de analizar noticias, é dicir, os indicadores que el emprega para saber se unha nova é de tendencia “esquerdista”, “dereitista” ou de ningunha destas. Carlos faloume, curiosamente, do Twitter, da virtualidade. Os chíos que os medios de comunicación emiten nas súas contas son analizados de xeito masivo en relación aos termos que aparecen e a unha escala de valores aplicadada a ditos termos, a cal indica se un chío é de tendencia A ou B ou mesmo C (por exemplo: nacionalista, conservadora, centrista). Outro método é a análise de miles de titulares, indicador que está sendo empregado polo noso GT á hora de analizar novas.

En segundo lugar, tratamos a conveniencia da pluralismo político nos medios e o lado oposto: a obxectividade.  ̶ “Existe a obxectividade, Carlos?  ̶ Non, é imposible entender a obxectividade como se entende na actualidade. O xornalista debe ser subxectivo, pero honesto”. Honestidade (na honestidade descansa a veracidade do xornalista, o cal debe alonxarse do cinismo: deste tema fai unha disertación o xa mencionado Kapuściński na súa obra de Los cínicos) + subxectividade = obxectividade de método, da que falaba Gaye Tuchman e coa que o analista do que hoxe falamos comparte idea: o xornalista debe relatar os feitos de xeito valorativo despois de analizalos meticulosamente, non se trata de opinar, senón de interpretar en función de datos. Daquela,  ̶ “é defendible a pluralidade de información política?  ̶ Si, pero é que realmente non existe”. Carlos Neira afirmaba que NON existe pluralidade nos medios, xa que, segundo datos seus, en España tan só hay un 10 % de medios de comunicación que se afastan da dereita, de ningún do panorama nacional poderíase dicir qué é de esquerdas.

En terceiro lugar, tiven a oportunidade de tratar a importancia do feedback (retroalimentación) e a participación cidadá, temas afondados por Lermer e Schramn. Lermer postulaba que a xente debía participar nos medios de comunicación de masas, idea necesaria se queremos que os medios de comunicación comuniquen e non só informen. Carlos Neira desbotaba esta postura de xeito parcial, denunciando o mal uso dos foros que se habilitan nas noticias para opinar sobre a información, xa que restan credibilidade á información, mais defendía este método se os comentarios dos foros eran identificados con precisión.

O culmen da conversa chegou coa idea que Carlos Neira me propuxo como arma para combater a existencia de empresas de comunicación (dependentes de empresas e presións políticas) non medios de comunicación como tales: a REGULACIÓN dos medios de comunicación, os cales serían controlados por unha axencia externa ao propio Goberno de turno, pero sen relación directa con este. Esta idea é unha das propostas de Podemos da man de Pablo Iglesias (http://www.europapress.es/internacional/noticia-pablo-iglesias-propone-regular-medios-comunicacion-20140703193022.html). Sinceramente, comentando con el a proposta, isto é algo que semella utópico, xa que, dándolle voltas ao asunto, sempre aparecía o interese do Goberno de por medio. Porén, se esa idea madurase e a axencia estivese á marxe totalmente do Goberno, podería ser a solución a este teatro da biopolítica da que avisaba Foucault.

Deixo un enlace acerca do que non se debe facer en prensa en relación á análise política: http://www.malaprensa.com/

Para afondar neste post, pincha aquí. POST AMPLIADO EN BLOG ADSCRITO

Deixo aquí un interesantísimo debate audiovisual e un documento escrito acerca das vantaxes e desvantaxes da regulación dos medios de comunicación en distintos países de Sudamérica, países nos que esta práctica está máis espallada:

Medios de comunicación y poder político: Bolivia, Ecuador, Perú y Venezuela

https://drive.google.com/open?id=0BwNqvWsQWds8Q25jaFBGTFNtNWs&authuser=0

Carlos Neira

Carlos Neira no estudo da Cadena SER de Santiago de Compostela. Fonte: avivirgalicia.blogspot.com

MELCHOR FERNÁNDEZ, BORJA 152.B02

Advertisements

Posted on 10 Abril, 2015, in Posts individuais and tagged , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Paréceme un debate interesantísimo o que se propón aquí. É innegable a necesidade de independizar os medios de comunicación do poder para poder optar a unha información ‘pura’ ou polo menos desinteresada (creo recordar que este debate tamén xurdiu con todo o rollo da LOMCE, como idea para evitar que os partidos utilicen as reformas en educación como ferramenta política en cada lexislatura). Pero tamén é unha proposición peligrosa. Peligrosa porque crear un organismo regulador supón crear unha institución de poder, e aquí é cando entramos na parte do ‘como’. Distanciar ao medio do goberno é lóxico e necesario, pero automáticamente o medio pasaría a depender da súa rendibilidade económica. Como facer para que os medios de comunicación estean nunha situación tan estable como para permitirse sacar da súa lista de prioridades a rendibilidade económica? Poñamos por exemplo que se crea o mencionado organismo regulador, e que nun alarde de solidariedade reparte os espazos informativos equitativamente entre todas as ideoloxías. Agora a pluralidade está cuberta, pero faltan os contidos, quen garantiza o interés social dos contidos? Non serve de nada a pluralidade se os contidos seguen estando condicionados, se ó final son os cartos que se poñen enriba da mesa os que escriben os titulares. Se non pode ser o goberno, serán as empresas, en concubinato co poder, quenes movan as fichas. Se isto fora Liechtenstein igual nos poderíamos permitir facelos a todos funcionarios, pero vai ser que non. Eu o que vexo aquí é un problema de enfoque, e é que as empresas de información xa non son tan autosuficientes. A relación produto-consumidor nos medios mudou, e aínda non hai un modelo de negocio sólido para o futuro (internet). O modelo actual está xa en coidados paliativos e cada vez está menos claro que iso dos contidos premium vaia saír ben. Por iso penso que agora mesmo os esforzos deberían ir adicados á búsqueda dun modelo que permita a independencia económica dos medios do futuro e que ‘garantice’ polo tanto o desinterese dos contidos.

    Déixovos unha reportaxe sobre o uso da información por parte dos gobernos…
    http://www.bbc.com/news/world-europe-32137302

    VAZ ÁLVAREZ, MARTÍN 152.H05

  2. seminariocomunicacion1

    Paréceme unha reflexión de grandísimo interese a que fas, Martín: como sobrevivirían os medios de comunicación se lles quitamos a súa fonte principal de ingresos (factores político-empresariais)? A día de hoxe, ocorre o que xa dicía Swanson no seu concepto da democracia mediática (obtención de diñeiro pola difusión de noticias), é dicir, o trato da información coma se de mercadoría se tratase, concepto este último difundido por Polanyi, quen dicía que “Todo é mercadoría”. A razón é obvia: a autosuficiencia económica dos medios non existe, xa que o pagamento das noticias por parte dos lectores é case que inexistente (Internet), polo que aos medios de comunicación nos lles queda outra que botar man de factores externos. Se os medios pasan a ser regulados, quen vai custear a diferenza de non o seren? Todo apunta ao Goberno, e non parece moi lóxico que o Goberno vaia dar cartos a un medio que, poñamos o caso, critique as súas actuacións día sí, día tamén. Na miña opinión, é case imposible conseguir que as empresas informativas cheguen a vivir tan só da información. Digo “case” porque gardo a esperanza no CROWDFOUNDING (colaboración de persoas nun proxecto en aras de levalo adiante, máis usual en medios dixitais), que si estaría alonxado das presións políticas e publicitarias tan asociadas ao xornalismo tradicional. Estou seguro de que sería a base do cambio de xornalismo na busca da independencia dos medios.

    Deixo dous artigos interesantes no que se defende este método do crowdfunding como bandeira na loita contra a contaminación informativa:

    http://www.galiciaconfidencial.com/nova/8304-crise-medios-galicia-realidades-ficcions
    http://www.periodismociudadano.com/2013/11/29/indie-voice-crowdfunding-para-medios-de-comunicacion-independientes/

    Recomendo persoalmente que lean este documento sobre o CROWDFUNDING NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN en España, é moi moi exemplificativo do que este método trata: http://www.foro2014.com/wp-content/uploads/2014/02/49.-Cabrera.pdf

    MELCHOR FERNÁNDEZ, BORJA 152.B02

  1. Pingback: El Observatorio de Medios centrado en las Elecciones Municipales de SdC continúa | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: