A imaxe da agricultura

Continuando coa análise de revistas agrícolas, hoxe tócalle á revista Campo y mecánica. Pero hoxe non nos centraremos no tratamento que se lle da á muller nesta revista, senón nunha reportaxe sobre a imaxe da agricultura: é realmente tan negativa como se adoita mostrar nos medios de comunicación?; que factores inflúen nesta imaxe?

IMG_20150331_124326
A reportaxe comeza dicindo: “A imaxe dos agricultores é boa. Non obstante, regularmente son o banco de críticas do gran público”. Agora veremos o por qué.
Máis que unha profesión, a agricultura é a miúdo unha vocación. A opinión pública é consciente disto, como o demostran diversos estudos realizados en varios países. As persoas interrogadas asociaron os agricultores con valores positivos: “proporcionan alimento e coidan da paisaxe e da fertilidade das terras”.
Nun estudo realizado polo GfK Verein (Instituto de Estudos do Consumo, do Mercado e da Distribución), un 86% dos 28.000 consumidores enquisados considerou a profesión de agricultor como unha categoría profesional “digna de confianza”.
En Alemaña, nun estudo realizado no ano 2012, o 78% dos 1.000 consumidores interrogados opinaban que a agricultura constitúe a columna vertebral do país e contribúe significativamente á calidade de vida dos seus habitantes.
A pesar disto, a impresión que os agricultores teñen da súa imaxe social é globalmente negativa debido a que os medios de comunicación se apoderan regularmente de escándalos relacionados coa agricultura. É conveniente resaltar que en materia de alimentación, o medo vende.
Archim Spiller, alemán especialista en marketing expón que “o sector conseguiu desfacerse da imaxe anticuada que o perseguía grazas á aparición de novos segmentos de actividade como as enerxías renovables e o biogás”. Tamén engade que “non é a agricultura en si a que se cuestiona, senón certos aspectos da produción, especialmente a gandaría, os transxénicos, a protección das plantas e a fertilización”.
Dende aquí deixamos o debate aberto para que compartades as vosas opinións. Como pode unha categoría profesional ser apreciada polo gran público e ao mesmo tempo ser o banco de críticas recorrentes? Débese esta ambivalencia exclusivamente aos medios de comunicación?

RODRÍGUEZ SUÁREZ, MELISSA 152.E03

Advertisements

Posted on 13 Abril, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 12 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Eu creo que non se debe só aos medios de comunicación: moitas veces pode que eses agricultores sexan criticados por culpa da situación á que chegan os seus produtos aos supermercados. Incluso criticados cando tiran a froita que sobra en vez de darlla a bancos de alimentos, ou o caso de cando se tiraba a froita española na fronteira francesa. Eu, sinceramente, non vexo moita presenza da agricultura nos medios de comunicación e moitas veces aparece para que os leiteiros ou gandeiros en xeral denuncien a súa situación. Por outra parte, gustaríame comentar algo que decides no post: credes que moitos agricultores son por vocación ou simplemente por obriga ou necesidade familiar?

    GÓMEZ CASTRO, DAVID 151.H01

    • Ola! Dende o meu punto de vista, considero que cando tiran a froita o fan como unha maneira de rebelarse. Claro que estaría ben que lla deran aos bancos de comida pero.. eles protestan pola situación do mercado desa maneira.
      No referente á pregunta que realizas, creo que a inmensa maioría de agricultores o son por vocación; porque se criaron nese ambiente e lles gusta. Conozo moita xente que se criu nese entorno e agora non se adica a iso.

  2. seminariocomunicacion1

    Bajo mi punto de vista y tal y como comenta David, los medios de comunicación no prestan demasiada atención a los agricultores, salvo en casos especiais: como cuando aparecen plagas o tienen lugar inundaciones que arrasan con todas las cosechas, las protestas de los pequeños productores lecheros, los medios de producción de determinados productos agrícolas..
    De todos modos, considero que la información que trasmiten sobre la agricultura y los agrícolas no es perjudicial ni beneficiosa para ellos si no que es bastante objetiva y neutral.
    JORGE MICHELENA 152.F01

    • Creo que te contradís no teu comentario… Se supostamente os medios de comunicación só falan dos agricultores cando aparecen pragas ou cando hai inundacións, si que deixan claro que este sector só é importante cando ocorren cousas malas!

  3. seminariocomunicacion1

    En mi opinión, la agricultura es una profesión infravalorada tanto por la sociedad como por los medios de comunicación. Si es cierto que la figura del agricultor es valorada y reconocida por la sociedad. Como dice el reportaje los agricultores son una pieza fundamental de nuestro país “proporcionan alimento e coidan da paisaxe e da fertilidade das terras”. Por su parte, la infravaloración se aprecia en los precios que tienen los productos agricolas. Los agricultores acaban realizando un trabajo muy duro y sus beneficios son mínimos, pues los intermediarios compran los productos a bajo coste y llegan a triplicar su precio de venta.

    Adjunto un enlace de una noticia de La voz de Galicia que nos cuenta la historia de tres agricultores ecológicos gallegos. Los motivos que los llevaron a dedicarse a esa profesión y las dificultades que tuvieron y tienen que afrontar.
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/agro/2015/04/12/nicho-agricultura-ecologica/0003_201504G12P40995.htm

    AMORÍN RIVERA, DANIELA.151.A01

  4. seminariocomunicacion1

    Pienso que la agricultura es una profesión en la que hace falta tener vocación como apuntas, pero no se puede olvidar la importancia de esta. La agricultura es vital para la sociedad y aunque sea necesaria esa vocación no deja de ser un empleo más, una manera de ganarse la vida. Si bien muchas personas tienen la agricultura como algo secundario a lo que se dedican además de sus oficios principales, por ejemplo en el caso de mi familia, para muchas otras es el motor de la economía. La figura del agricultor está infravalorada considerando la agricultura como una actividad económica inferior pero realmente es la base de muchas actividades económicas, pero los medios de comunicación no se hacen eco de esto y se centran en otras actividades o profesiones que parece que tienen más nivel.

    ALONSO FERNÁNDEZ, ROMINA 151.G01

  5. Coincido bastante cos meus compañeiros salvo en que o sector merezca ser criticado cando tiran comida antes de donala aos bancos de alimentos. Penso que cando iso sucede, é a cadea de supermercados a que se desfai asi dos alimentos. No caso dos productores haberá de todo. Mais pprecisamente polo feito de que require moita vocación dubido que unha persoa tire o que cultiva ela mesma. Coñezo persoas na miña localidade que incluso regalan a leite que producen na casa. Caso aparte é cando hai unha folga.

    En canto ao debate que abrides paréceme moi interesante. Eu creo que os medios ás veces alimentan esta imaxe e recurren moito a sucesos no sector porque é un tema fácil. Na Galega é debe ser o tema máis traballado, todo son sucesos deste tipo. mais eu creo que tamén vai na mentalidade, gardamos algo o prexuízo de relacionar o rural co pobre e o labrego co patán. Hai que evolucionar nese sentido e máis tendo en conta que é un campo para o que se require constante innovación e adianto, novas enerxías e técnicas… O que é máis, é do que nos alimentamos todos.

    Cristina Amosa Tato #151.D01

    • “O que é máis, é do que nos alimentamos todos” Bonita forma de acabar o teu comentario, e bonita forma de dicir aos catros ventos unha gran verdade. Como levamos falando neste post, a agricultura é considerada pola sociedade unha actividade económica inferior ás demais, sendo que a comida é o máis primordial que a sociedade necesita.

  6. seminariocomunicacion1

    En mi opinión, la agricultura es algo muy vocacional, algo que quieres ser porque siempre te ha gustado o porque te lo han inculcado de pequeño. No creo que la sociedad tenga una mala concepción de los agricultores, porque todos sabemos la gran labor que hacen por nosotros. Si estoy de acuerdo que los medios de comunicación poco se acuerdan de ellos, salvo en casos excepcionales como dicen mis compañeros como en plagas y demás.
    Sin embargo, se percibe el trabajo de agricultor como algo del pasado y ahora poca gente quiere trabajar de ello. Los jóvenes del rural quieren salir de allí y comenzar una nueva vida en la ciudad, cosa que no está mal pero que les hará perder todas las ventajas que el campo nos da. Creo que es importante cuidar lo que tenemos y no dejar escapar nuestra cultura rural, ya que es algo que nos diferencia.

    Davila Fernández, Pedro 151.G02

    • Melissa Rodriguez

      Estou moi de acordo co que ti dis, é certo que o campo é unha parte fundamental para o desenvolvemento da sociedade en xeral. Polo que, como apuntas é necesario coidalo e darlle o mantemento que precisa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: