“Non son libres os camiños do éxodo humano”

Desde siempre, las mariposas y las golondrinas y los flamencos vuelan huyendo del frío, año tras año, y nadan las ballenas en busca de otra mar y los salmones y las truchas en busca de su río. Ellos viajan miles de leguas, por los libres caminos del aire y del agua. No son libres, en cambio, los caminos del éxodo humano. En inmensas caravanas, marchan los fugitivos de la vida imposible. Viajan desde el sur hacia el norte y desde el sol naciente hacia el poniente.Les han robado su lugar en el mundo. Han sido despojados de sus trabajos y sus tierras. Muchos huyen de las guerras, pero muchos más huyen de los salarios exterminados y de los suelos arrasados (…)”

                                                                Galeano, Eduardo (2004). Bocas del tiempo Los emigrantes, ahora

En todo o que levamos recorrido, algo aprendimos: a emigración actual bota raíces e non é posible evitar certos trazos de similitude ao comparala coa emigración precedente.

Unha vez máis, no contorno das plataformas e no contexto de Internet, unha parte dos galegos e galegas espallados polo mundo artellaron a iniciativa, Volver á terra, para que os mozos que emigran poidan regresar e traballar en Galicia.

A modo de manifesto, os mozos esixen “ser quen de vivir e traballar con dignidade no noso país, como fan tantos pobos no mundo, e que deixen de ser os de sempre os que elixan se temos dereito ou non a vivir na nosa terra”.

https://www.youtube.com/watch?v=b-Dl4qsrsr4

A proposta presentouse o pasado venres na Galería Sargadelos e nace co apoio da Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Galegos Retornados e a Asociación de Emigrantes Retornados Marusía. O primeiro peldaño é a recollida de apoios individuais e de diferentes entidades por medio do blogue.

O detonante foi o grao de acollida e impulso que tivo e está tendo a plataforma, quizais provocado por un desdén xeralizado para cos organismos públicos e titubeantes do país. Foi motivo de presentación na prensa escrita, na televisión e na radio aínda que lle queda camiño para ser presentado na televisión pública (e noutros medios).

Ninguén mellor que os predecesores para entender o que lle agarda a estes mozos, o que nos agarda. En tres de cada catro fogares galegos hai un emigrante- comentaba Manolo Do Val, pai dunha moza emigrada e coordinador da iniciativa. E, entre os portavoces dos emigrantes retornados- Xosé Lois Leirós e Manuel Domínguez afirman que a situación é comparable coa da súa época e non é un feito illado “verse forzados a emigrar”.

Mentras, o número dous da Xunta (Alfonso Rueda) mantén estes días encontros cos presidentes das sociedades galegas na Habana para incidir a importante labor que tiveron os galegos no exterior.

Foi Cuba unha constante no desenvolvemento da identidade de Galicia como pobo (e non só Cuba tamén Arxentina). Se ben é posible que as relacións entabladas naquela emigración que tantos galegos gardan no maxín, ten unha importancia que os “contemporáneos” non entendemos, tamén é certo que se debera de reducir a “condición de galego emigrante” agora, na nosa época -sempre entendendo por emigración unha partida forzada-.

É importante citar que a maior paradoxa que viviu Galicia foi atopar trazos identitarios fóra, saberse relacionar e crear sociedades ou colectivos entre os expatriados (algo que agora se encargan de conmemorar as entidades públicas) Mentras no interior, aínda non fomos quen de apremiar a variedade de posibilidades que Galicia ofrece.

Segue existindo un sentimento de complexo do que falaba Neira Vilas (e outros intelectuais da emigración) que intentaron vencelo? É posible, mais retomando o contexto das plataformas e de Internet, nalgunha parte do manifesto de Voltar á terrareza:

Visítanos máis xente que habitantes somos e, xunto a potencialidades dabondo, temos unha lingua e cultura propias e ben diferenciadas, que nos permite comunicarnos con máis de 250 millóns de falantes de portugués”.

                                                   OLYMPUS DIGITAL CAMERA

GÓMEZ VALES, LAURA 151.D04

Advertisements

Posted on 14 Abril, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: