Entre lusco e fusco dende 2010

Entre o atardecer e o anoitecer celébrase todos os martes o Mercado entre lusco e fusco preto do parque Belvís en Santiago de Compostela. Este espazo recolle os produtos ecolóxicos e naturais das terras compostelás, así como dos comercios.

images

A idea de facelo entre as seis e as nove da tarde naceu da necesidade de ofrecer unha alternativa real para as persoas que teñen horario de oficina,  que estudan polas mañás ou que simplemente non poden acudir aos mercados locais.

Non hai nada mellor que o contacto directo entre produtor e consumidor, un estabelecemento de relacións onde a confianza mútua é importante. A ausencia de intermediarios que encarezan os produtos ou a recuperación da tradición dos mercados populares fan este proxecto único dende xuño de 2010.

Para poder instalar os postos os comerciantes téñenlle que pedir licencias ao Concello de Santiago con atenlación. Entre os comerciantes atópanse agricultores da contorna e máis nesta época de plantación de hortalizas. Os seus principais vendedores son mulleres, que comercializan produtos de horta como as cebolas, tomates, pementos, porros etc para a súa posterior plantación ou produtos fresco. Elas mesmas se levantan cedo polas mañás, fan mollos e védenos nos diferentes mercados e feiras. Así é como se gañan a vida moitas das mulleres labregas que teñen explotacións agrícolas como os invernadoiros.

8131550

Os produtos da horta de Entre o lusco e o fusco proveñen do Ulla, viveiros Daplanta ou A Fieta Produtos Naturais.

Déixovos o seu facebook https://www.facebook.com/mercadoentreluscoefusco/timeline  para que poidades ver máis información e espero que vos animedes a pasar por os vosos mercados locais a comprar alimentos naturais.

SALGADO BARBOSA, NOELIA  152.E04

Advertisements

Posted on 15 Abril, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Ciertamente, el consumo y la venta de estos productos ecológicos, suponen un pasito más a la hora de concienciar a nuestra sociedad sobre los problemas medioambientales. Dicho esto, no coincido contigo en lo que a precios se refiere. Por desgracia, estos productos son más caros, por lo que se hace muy difícil para muchas familias mantenerlos como productos de consumo diario. Creo que sería bueno que tanto productores como asociaciones u organismos públicos, intentasen concienciar a la sociedad del beneficio de estos productos fomentando su consumo y por ende la reducción de sus precios. Aún así me asalta una pregunta: ¿Sería suficiente la producción ecológica para alimentar a una humanidad en constante crecimiento?.

    Un saludo.

    BARTOLOMÉ FIGUEIRAS, JUAN 151.C01

  2. seminariocomunicacion1

    Evidentemente unha produción sa e ecolóxica require máis tempo e traballo, de aí que custen máis. Non considero que o seu prezo sexa excesivo xa que estamos falando da nosa alimentación. Eu prefiro comprar unhas cereixas na súa época e que sexan naturais, que unhas de invernadoiro fóra de tempada, que non che van custar menos.
    Respecto a túa pregunta, non sei se sería posible alimentar a toda a poboación a base de produtos ecolóxicos, pero nos países máis pobres a súa alimentación dáse a base do seu propio autocultivo. Ademais os nosos antepasados non contaban con todos os conservantes e fertilizantes que temos agora e comían produtos naturais, polo que se estes exemplos son e foron capaces de autoabastecerse por que non o podería facer toda a sociedade?
    SALGADO BARBOSA, NOELIA 152.E04

  3. seminariocomunicacion1

    Creo que no es cuestión de precios sino de salud. Para mi es natural que un alimento bueno, sin tratamientos dañinos sea algo más caro. Son productos frescos, de casa y no plantados en grandes cantidades con multitud de abonos poco naturales con la única intención de ganar dinero.
    Me parece una buena iniciativa este Mercado. Es una buena forma de acercar a la ciudad los beneficios del rural. No hay nada como los buenos alimentos de nuestras tierras. Sin embargo, creo que para poder encontrar su hueco en la sociedad deberían tener un horario mayor. Un día a la semana me parece muy escaso, de esta forma la gente no puede comer todos los días de forma sana y al final comprará todos los días los productos en un supermercado.

    Davila Ferández, Pedro 151.G02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: