Nada novo baixo o sol

Achégase o final do noso proxecto e este xa é o derradeiro post individual. Aquí expoño algunhas das conclusións que saquei logo do traballo con xornalistas de diferentes medios ao longo destes meses.

Nas relacións fonte-xornalista debe existir unha total independencia, aínda que a confianza e o respecto deben ser a base desta relación. Os xornalistas dos diferentes medios cos que tivemos a oportunidade de falar foron rotundos nas súas opinións: a confianza e o respecto cara as fontes ten que ser absoluta. Se non existe unha relación saudable a información obtida tampouco o será. Outro punto a cuestionarse é que, se sempre recorremos ás mesmas fontes, ao final caemos no erro de non cuestionarnos as súas palabras e non contrastar a información. Este último caso é o que máis ocorre nun medio público como a TVG: as fontes máis utilizadas son as da Xunta de Galicia e membros do poder autonómico polo que estamos a perder unha das normas básicas do bo xornalismo.

Foto: http://gruporeputacioncorporativa.com/2014/08/28/rueda-de-prensa-preguntas-antes-durante-y-despues/

Está claro que existe dependencia entre o xornalista e a fonte: uns necesitan que unha información se publique e outros obter noticias que publicar. Ao longo de todo o noso proxecto vimos como estas relacións non sempre son sinxelas. Os xornalistas usan as fontes, pero tamén as fontes os usan a eles polo que poden ser manipulados. Dende os medios cos que estivemos a traballar botan en falta moitos recursos, entre eles o económico claro está, pero o máis importante é o tempo. Non hai tempo para contrastar as informacións ou para buscar outras máis interesantes das que xa veñen dadas e ao final acábase botando man das axencias de noticias e pouco máis. Así pois o mito de que o xornalista é o que lle da voz ao pobo non se cumpre de todo, ao final énchense as páxinas dos medios coas caras dos presidentes, ex-presidentes ou empresarios con poder. A clase dominante, os homes, as persoas brancas, etc. falan máis e, polo tanto, son máis escoitadas que o resto da sociedade.

Déixovos este artigo de José Cervera, defensor da comunidade do lector do eldiario.es, que narra as rutinas cotiás do xornalista. Eu non o podería escribir mellor, así que botádelle un ollo, a ver que vos parece!

http://www.eldiario.es/defensor/periodismo-periodistas-redaccion_6_212138794.html

“El profesional debe localizar fuentes de información, obtener de ellas los datos, valorarlos y construir a partir de ellos un relato razonable y comprensible”

Nihil novum sub sole; nada novo baixo o sol.

 

 

RÍO OTERO, HELENA DEL 152.D04

Advertisements

Posted on 15 Abril, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Analizar a relación fonte-xornalista paréceme vital como xornalistas en potencia. A importancia das fontes é tal, que o emprego dunha ou outras fontes de información dará lugar á construción de temarios xornalísticos diferentes. Aínda que pese a todo a escolma de fontes debería basearse na honestidade e responder aos criterios de diversidade e equilibrio.

    O ano pasado Berta ensinounos o modelo de relación entre xornalista e fonte que expoñen Gieber e Johnson en un estudio titulado The City Hall Beat: a study of reporter and sources roles. Non encontro o estudo colgado na web, pero podedes ver a explicación do seu modelo neste enlace na páxina 8 http://www.dialogosfelafacs.net/wp-content/uploads/2012/01/59-60-revista-dialogos-mediacion-de-emisor.pdf
    Remite a un traballo de Francisco Esteve profesor da Facultade de Ciencias de Información da Complutense de Madrid.

    O modelo de todas formas resúmese en 3 tipos de relación:

    1. Independencia. Pode darse unha total independencia entre a fonte e o xornalista. É dicir, hai un distanciamento entre o que produce a noticia e o que informa sobre a mesma.

    2. Cooperación. A fonte e o xornalista cooperan. Fonte e xornalista teñen algúns obxectivos comúns: un necesita que unha determinada información se publique no xornal e o outro necesita obter noticias para satisfacer aos seus superiores.

    3. Usurpación. A fonte é a que practicamente fai a noticia. Sería o caso dos comunicados oficiais.

    Estou de acordo contigo en que a relación fonte-xornalista, debería de ser de independencia, pero a realidade non é en moitos casos así, por tódalas influenzas e problemáticas do xornalismo (como a limitación de tempo da que nos falas). Polo que se establecería dependencia mediante cooperación ou usurpación. O que desemboca en erros como: manipulación informativa, non contraste de tódolos implicados antes de publicar, creación de redes de fontes (que é o que comentas que lle sucede á TVG que sempre recibe información de membros da Xunta e do poder).

    Especialmente esta relación xornalista-fonte política se analiza neste traballo de Andreu Casero Ripollés da Universidade Jaume I de Castellón: Modelos de relación entre periodistas y políticos: La perspectiva de la negociación constante.

    http://pendientedemigracion.ucm.es/info/emp/Numer_14/Sum/3-06.pdf

    Merece a pena botarlle un ollo, xa que aparecen cuestións interesantes: coma por exemplo: “Fruto de esta necesidad mutua, entre periodistas y políticos se establece una simbiosis compleja (ORTEGA, 2003). Ambos gestionan, conjuntamente, la esfera pública central (SAMPEDRO, 2000: 42), que se configura como el espacio en el seno del cuál se moldea tanto el debate público como nuestra visión del mundo (BERGER y LUCKMANN, 1968; SCHÜTZ y LUCKMANN, 2003).”

    REY MURAS, PAULA 152.A02

  2. seminariocomunicacion1

    Tras seguir durante todo el cuatrimestre vuestro trabajo me parecen muy interesantes y acertadas estas últimas conclusiones. Con las nuevas tecnologías y su capacidad de hacer todo más fácil, accesible y rápido, nuestra sociedad se ha adaptado a la cultura de lo instantáneo: lo queremos todo aquí y ahora, la gratificación instantánea ya que requiere menos esfuerzo. Esto se ha trasladado al periodismo y la labor periodística. Al tener la necesidad de sacar la información cuanto antes, debido a la competencia del periodismo ciudadano sumada a la de los otros medios y la velocidad que han dado las redes sociales, se ha dejado un poco de lado la rigurosidad, la exhaustividad documentativa y el contacto con fuentes diversas y con pluralidad de voces distintas. Comentábamos mis compañeras y yo que para recuperar todo esto los medios deberían de tomar el modelo comunitario, sin embargo, en un mundo consumista y movido por los intereses económicos, sabemos que esto es una idea un tanto utópica.

    Os dejo un artículo de opinión muy interesante del escritor español Francesc Miralles criticando precisamente esta sociedad instantánea en la que vivimos: http://elpais.com/diario/2010/05/23/eps/1274596013_850215.html. Es de destacar una cita que el mismo incluye en el artículo y que pienso que resume muy bien todo este tema: “La velocidad no sirve para nada si te dejas el cerebro por el camino” (Karl Kraus)

    RODRIGUEZ SOTO, ESTHER 152.C02

  3. seminariocomunicacion1

    “Dime cuántas y qué tipo de fuentes tienes y te diré qué clase de periodista eres”

    A relación fonte-xornalista condicionada e limitada é unha práctica máis común do que pensamos ou do que nos din teoricamente. Tanto en medios privados como públicos hai intereses económicos e políticos que restrinxen a diversidade de información, convertíndoos en planfletos propagandísticos de uns e de outros.

    Como ben dis unha das queixas máis escoitadas no sector xornalístico é o problema que supón a inmediatez requerida pola audiencia. O mundo cada vez móvese máis rápido, pero non todo vai ao mesmo ritmo e as veces adaptarse a un novo modelo sen ningún tipo de planificación supón a perda de calidade e saír perdendo.

    Paréceme moi acertada a túa comparación do xornalista como o encargado de darlle voz ao pobo cun mito. Para os nosos tempos considero que non hai mellor definición. Confiemos en que para o noso futuro profesional as cousas muden o suficiente e sexamos un voceiro social.

    GÓMEZ DE LA CAMPA, XIANA 151.D03

  4. seminariocomunicacion1

    La relación con las fuentes es complicada, es imposible establecer de antemano como se va a dar la relación entre periodista y fuente. Los periodistas usan a sus fuentes pero a la vez son manipulados por ellas. Lo clave es darse cuenta a tiempo cuándo pasamos a estar al servicio de ellas.

    BARTOLOMÉ FIGUEIRAS, JUAN 151C.01

  5. seminariocomunicacion1

    O estudo da relación entre xornalista e fonte é un tema que sempre suscita controversia, xa que os extremos que se poden acadar son perigosos: se a relación é de amizade, podemos caer na tentativa de deixar de contrastar a info (horizontalidade total, tamén alimentada pola necesidade constante de información, que dá lugar á infobesidade ou infoxicación); se a relación é totalmente contraria, non hai consecución de verdade por parte do xornalista (horizontalidade imperfecta). Na miña opinión, na relación de intersubxectividade que se dá entre o xornalista e a fonte, é ineludible a confianza e, canto maior, mellor. A comunicación interpersoal que se dá entre os dous protagonistas anteriores debe estar baseada na confianza para obter a verdade, á cal se chega a través da amizade (amicitia), da que falaba Cicerón e o cal defendía que, para conseguila, é condición necesaria a empatía, postura compartida por Ryszard Kapuściński en Los cínicos no sirven para este oficio.

    Por outra banda, os medios non actúan, nin moito menos, como a voz da sociedade. O xornalismo comprometido non está á orde do día. Os medios publican aquilo que lles vai reportar beneficio económico e non o que lle interesa á sociedade (o que denomina Swanson a “democracia mediática”). Así, o mundo que nós conformamos non é máis ca o que os medios nos fan ver: “A realidade, xa que logo, non é que primeiro exista un mundo de conceptos fixos, claros, universais, unívocos e que destes tomemos algúns deles para comunicalos. Non. Obtemos os nosos conceptos a partires do uso da linguaxe” (Valverde, 1993). É a linguaxe dos medios de comunicación a que fai que vexamos os conceptos dunha determinada maneira: o mundo institucionalizado fuxe da opinión de grupos sociais que non conformen a elite composta por fontes institucionais. Podríamos estar asistindo ao que o sociólogo estadounidense George Ritzer (1996) denomina “McDonalización da sociedade”, aplicada neste caso aos medios de comunicación de masas.

    Que é a McDonalización do xornalismo? Deixo aquí un enlace a un artigo no que se tratan estes puntos e se relacionan coa axenda-setting, algo do que debemos estar informados como futuros xornalistas: http://www.uv.es/=guilopez/documentos/mcdonalizacion.pdf

    Enlazo un artigo sobre o perigo do abuso das fontes institucionais: http://www.raco.cat/index.php/analisi/article/viewFile/248763/333009

    MELCHOR FERNÁNDEZ, BORJA 152.B02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: