O podcast, na casa do veciño

Para rematar cos nosos posts preséntovos a evolución que sufriron meus avós cos medios de comunicación. Na miña anterior publicación xa falei do cambio que supuxo, por exemplo, a chegada da televisión alá pola década dos 70. Agora , céntrome un pouco na evolución dos medios de comunicación na vida dos meus antecesores.

A influencia da televisión foi mudando pouco a pouco. Inicialmente con so dúas canles, en branco e negro…A chave foi aparición das canles autonómicas; no noso caso a TVG que foi e é para meus avós a más vista. A televisión de Galicia está case omnipresente na súa casa, menos cando os netos imos fochicar no mando do aparello. Eles din que os informa das cousas que pasan máis de preto, que o resto do mundo non lles interesa.

Non obstante, un dos cambios máis interesantes que se produciu na casa dos meus proxenitores foi o distinto uso da radio. Pasou de quedar case que apartada a un lado coa chegada da televisión, a ter unha dependencia absoluta dela a unha hora en concreto durante o día: á hora das notas necrolóxicas. Coa ramificación das grandes radios nacionais como a SER ou a Cope, apareceron delegacións por toda a xeografía española.

Con elas unha cita ineludible para meus avós e para outras moitas familias. Pola zona da Terra Chá tanto Radio Principal Vilalba como COPE Lugo dedican un espazo á redor das 13:30 h á narración das notas necrolóxicas. A esa hora é o único momento do día no que miña avoa colle o aparello radiofónico e está atenta a el (meu avó tamén a sintoniza cando vai no coche). De feito, a irrupción das necrolóxicas na radio mesmo chegou a modificar a hora de comida da xente. “Comemos a hora das notas para saber quen morreu”, afirma miña avoa. Á cita non adoitan faltar nunca, pero cando non poden escoitalas, acoden o podcast do veciño que lles relata os falecidos máis próximos.

Á veces, tamén len as necrolóxicas no xornal, pero iso só cando meu avó se despraza no coche e o merca. El Progreso no seu caso que tamén dedica unha gran aposta pola información local. Polo tanto, isto demóstrame a importancia das noticias e programas locais na vida de meus avós.

Aparato de radio

GARCÍA CALAZA, IVÁN 151.G04

Advertisements

Posted on 16 Abril, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Agrádame sempre moito ler os teus posts Iván, xa que cando falas dos teus avós recórdanme aos meus. A pesares da distancia xeográfica as vidas de un e doutros son moi semellantes e as súas historias recórdanme as que tantas veces teño escoitado na casa dos meus avós.
    Meus avós na súa casa tamén ven sempre a TVG á hora do xantar, igual que o fan os teus. En canto a radio si que a historia dos meus avós non coincide xa que eu non teño recordo de que eles escoiten nunca a radio. Parece que coa televisión desprazaron completamente o seu uso.

    RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

    • seminariocomunicacion1

      A TVG entrou de maneira moi forte nos fogares galegos, sobre todo nos das persoas maiores que nunca tiveran unha televisión que lles contara os acontecementos que sucedían máis de preto.

      No tema da radio, non sei en que zonas son habituais por exemplo a transmisión das necrolóxicas. Como digo, pola miña terra están moi estendidas e teñen bastante audiencia, principalmente entre as persoas de máis idade.

      GARCÍA CALAZA, IVÁN 151.G04

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: