Paco Reyes: “Por desgracia, os medios de comunicación teñen ideoloxía”

Neste último post correspondente co contacto con fontes políticas no noso observatorio de medios, sobre ás eleccións municipais en Santiago, chegamos, por fin, ata Paco Reyes, candidato do PSOE á alcaldía. Ante a negativa do candidato socialista a atender as chamadas ao seu número de teléfono persoal, accedeu a contestar ás nosas preguntas a través do correo electrónico.

Contacto vía correo electrónico con el PSOE de Santiago de Compostela.

Contacto vía correo electrónico con el PSOE de Santiago.

Isto é o que pensa Paco Reyes sobre os medios de comunicación locais e máis o papel que xoga a muller no seu partido de cara ás eleccións:

– ¿Pensa que os medios de comunicación posicionanse á hora de informar sobre as eleccións municipais?

Por desgracia, os medios de comunicación teñen “ideoloxía” porque, ademais da liña editorial coa que nacen, dependen en boa parte de subvencións, publicidade e axudas das administracións. Mentres non estea regulado este tema, seguirá sendo así. Iso non significa que esteamos a falar de manipulación continua, en cada noticia. Tampouco todos os medios son iguais. Afortunadamente quedan algúns medios, ou mellor dito, xornalistas, que se esforzan en manter a obxectividade.

– ¿Está satisfeito co trato dos medios de comunicación locais hacia o Partido Socialista de Santiago?

Estou satisfeito co trato diario cos profesionais que traballan nos medios, se ben a presencia do Partido Socialista de Santiago nos medios é máis exigua do que nos gustaría, xa que emitimos máis información da que a menudo se recolle nestes medios.

– ¿Qué papel xoga a muller no PSOE na súa campaña de cara ás municipais?

Un papel fundamental desde o momento en que a nosa lista constitúe o 50% da candidatura (é unha lista cremalleira). Pero máis aló da presencia feminina, no noso programa apostamos pola promoción transversal da igualdade nas políticas da administración local: urbanismo, vivenda, educación, servizos sociais, seguridade, transportes públicos, emprego, sanidade e cultura. De chegar ao goberno, aseguramos a paridade no reparto de cargos, ademais da creación dunha área propia de Igualdade e un Consello Municipal de Igualdade coa participación do tecido asociativo de mulleres e sindicatos.

Un Plan Local de Igualdade, que sexa aprobado polo pleno da corporación, que conte coa colaboración e achegas da cidadanía e especialmente das ONG de mulleres, que marque un calendario e recursos políticos, humanos e materiais axeitados e con difusión e avaliación regular e pública de súa aplicación, é outro dos meus compromisos xunto á elaboración cada ano dos orzamentos participativos cunha perspectiva de xénero.

Paco Reyes, candidato del PSOE a la alcaldía de Santiago.

Paco Reyes, candidato del PSOE a la alcaldía de Santiago.

RIVEIRO COUSILLAS, JOSE. 152.B04

Advertisements

Posted on 16 Abril, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Noraboa polo teu último post, Jose. Teño seguido o voso traballo nestes meses e a verdade creo que foi unha gran elección, xa que o soubéchedes enfocar dunha maneira moi axeitada.
    En canto ao que se fala nesta entrada dos medios e da súa ideoloxía, penso que se os medios públicos non estiveran controlados polo poder e, pola contra, estiveran ao servizo da cidadanía, informar sobre estas cuestións sería máis doado. Así, os medios privados poderían dar a visión que máis se axustase á súa liña editorial ou ideoloxía do xornalista, pero habería sempre unha parte da información que velase polos cidadáns. Isto non só no ámbito da política, ao que agora me refiro polo tema do teu post, senón na información en xeral.

    Grazas polo teu traballo!

    Platero Pérez Claudia, 152.D02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: