A muller e a literatura
Con este post damos por finalizada a nosa andaina polo mundo dende a perspectiva feminina, sen embargo, non é un adeus, senón un ata sempre; xa que creo de extrema necesidade ter en conta todo o que se contou aquí, a figura da muller en diversos campos do saber, ó longo da historia, para visualizar cara onde camiñamos sen chegar a cometer erros do pasado e construír un futuro igualitario e equitativo para os dous xéneros. Dito isto, gustaríame rematar o noso periplo analizando ó xénero feminino no ámbito que a min máis me gusta: a literatura.
En tódalas artes e disciplinas a muller estivo relegada a un plano secundario: filosofía, deporte, literatura… A primeira escritora da que temos testemuña (os estudosos difiren) é Safo de Lesbos (s.VII a.C): poetisa grega desenvolveu a poesía lírica de temática amorosa, o que levou a todo tipo de cotilleos entre os seus contemporáneos. Safo non escribía sobre a política da sociedade grega porque, como sabemos, as mulleres non eran consideradas cidadáns polo que non podía exercer a política.
A seguinte na lista é Sor Juana Inés de la Cruz (México 1651-1695). Rachando cos convencionalismos de seu tempo por demostrar interese académico e capacidades de libre-pensamento, Juana Inés foi unha rapaza superdotada. A súa literatura é de estilo barroco e desenvolveu lírica, auto sacramental e teatro, parindo obras como Primero Sueño ou Los empeños de una casa.
Pegamos un salto no tempo para achegarnos ata o século XIX e o Romanticismo. Aquí temos a unha das escritoras máis relevantes e influíntes de toda a historia literaria: Mary Shelley, a escritora de Frankenstein. Filla dos filósofos Mary Wollstonecraft e William Godwin fuxiu de casa ós dezaseis anos co seu amado, Percy Shelley, na compaña de Lord Byron. O Romanticismo, o desencanto e a bohemia inspiraron a Mary a escribir a primeira obra de ciencia ficción, un clásico que deu a volta ó mundo.
A seguinte é a autora do clásico da literatura Cumbres borrascosas, Emily Brontë. Icona da literatura inglesa, esta escritora empregaba pseudónimos para poder publicar as súas obras sen temor ós prexuízos masculinos da época. Xunto coas súas irmás, Charlotte, cuxa obra cumio é Jane Eyre, e Anne con Agnes Grey, son consideradas autoras irremplazables da literatura inglesa.
Rematamos coa feminista Virginia Woolf. Figura esencial do panorama literario londinense, pertencente ó círculo Bloomsbury e unha das máximas expoñentes do modernismo literario do século XX; defendeu a exclusión que sufrían as mulleres no panorama literario en moitos dos seus escritos feministas, sobre todo no ensaio Una habitación propia. Tamén cultivou a literatura narrativa con obras como La Señora Dalloway ou Al faro.
A dia de hoxe aínda persisten estigmas que perseguen á muller en tódolos ámbitos. Na literatura non ía ser menos. A propia J.K.Rowling foi interpelada polo seu editor cando firmou o primeiro tomo de Harry Potter como Joanne Rowling, suxerindo as iniciais para masculinizar o nome da autora porque así vendería máis.
151.A05 FUMEGA GONZÁLEZ ROBERTO
Posted on 17 Abril, 2015, in Posts individuais and tagged 151.A05. Bookmark the permalink. 4 Comentarios.
Dende logo que é un até logo, estou segura. Xa vos comentei en anteriores post que o voso tema me chamaba dunha maneira especial, e defeito se non lembro mal, adiqueivos un dos meus comentarios tódolos venres. E moi interesante Robert, centrarse na muller e no libro, concretamente no libro da muller, xa que para min a literatura é o reflexo da sociedade que nos toca vivir. Gustaríame que nombraras aquí a Simone de Beauvoir!!
Emily Brontë e Cumbres Borrascosas chegaron a min aos 13, 14 anos. Unha amiga maior ca min dixérame que era o seu libro favorito pero que non o ía entender. Non sei se o comprendín mal ou ben, pero o que si, sentín e gocei.
Por outra banda, na Galiza temos a sorte de acoller unha das cinco librerías de mulleres que sobreviven en toda España. Lila de Lilith, en Santiago. Non sei se a coñecedes, é unha libraría feminista moi interesante. Está especializada en mulleres autoras e na igualdade entre sexos. Ademais hai charlas frecuentemente, é dicir as propias autoras veñen á libraría a ignaugurar os seus libros.
Xenial, Robert.
GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02
Pois non sabía eu da existencia dunha librería feminista en Compostela, eime informar e pasarme por alí. O de que as autoras ofrezan charlas ilustrativas sobre o tema é unha maneira de achegar o seu pensamento, ademais de vender, iso está claro.
Por outra parte, a Simone de Beauvoir engadina no post de filosofía que penso que é onde entra mellor, polo que quixen deixar neste, espazo para outras figuras importantes da historia dende a icona da muller.
Comparto con Noelia un interés especial en este tema, quizás porque me gusta el mundo de las artes o simplemente por ser mujer.
Me han parecido siempre muy interesantes y entretenidos vuestros posts y desde luego si la asignatura continuase considero que tendríais mucho más de lo que hablar, ya que por desgracia existen muchos ámbitos en los que la mujer ha ido con años de atraso con respecto al hombre.
De todos modos y porque no sean todo halagos ,si que echo de menos que mencionases autoras como Rosalía de Castro, siendo el gran referente gallego o a Selma Lagerlöf que fue la primera mujer en ganar un premio Nobel de literatura. Aun así gracias por tratar este tema de una manera tan amena.
GIRÁLDEZ RODRÍGUEZ, VALERIA 151.C02
O non facer mención de Rosalía de Castro si foi un erro pola miña parte e considero oportuno transmitir as miñas desculpas. Por outro lado, mes e medio da para moi pouco á hora de intentar tratar un tema tan grande como é o da muller na historia. Isto foi un achegamento, posto que non se lle pode chamar estudo pola dimensión que te a materia, pero aínda así, espero (esperamos) que o noso traballo botase un pouco de luz no asunto. Moitas Grazas.
FUMEGA GONZÁLEZ 151.A05