Finalizando a nosa viaxe por (Hist)América

Estamos preto de rematar o traballo que fomos xestando ao longo do cuadrimestre. Durante estes tres meses estivemos traballando co grupo de investigación HistAmérica co obxectivo de coñecer como se produce a comunicación entre os diferentes membros e como se van tecendo relacións persoais co entorno. Para iso, buscamos información sobre o seu funcionamento, afondamos sobre o concepto de ciencia, puxémonos en contacto co gabinete de prensa da USC, entrevistamos a unha xornalista de El Correo Gallego… Levamos a cabo un traballo de campo que contextualizase as conclusións ás que queriamos chegar na fin de curso e, a partires deste momento, comeza a labor de análise.

Aínda nos quedan tarefas por facer. Temos concertadas as últimas entrevistas para a semana que vén. Hai varios aspectos que, por considerar de enorme relevancia, quere

Facultade de Xeografía e Historia da USC

Facultade de Xeografía e Historia da USC

mos recalcar. Un deles é a relación do noso grupo con universidades americanas. Aínda que foi obxecto de post do luns, estamos á espera de máis información por parte delas. Tamén queremos seguir puntualizando algunhas das conclusións que sacamos a partires da entrevista con Lois Celeiro porque a importancia que xoga o gabinete de prensa dentro dos grupos de investigación é innegable. E aínda que temos unha visión global do funcionamento, queremos matizar certos aspectos que nos resultaron salientables. E, por último, entrevistar a un profesional do sector, un xornalista científico que nos axude a trazar as últimas pinceladas do traballo.

Entre o que levamos feito e as últimas tarefas que nos quedan por levar a cabo, as conclusións comezan a irse esbozando. Aínda que non son as definitivas, o mundo da investigación resultounos moi interesante e atopámonos cun campo de traballo que ata o momento era descoñecido para nós. Tamén fomos capaces de entender a incuestionable relevancia da comunicación e da difusión de coñecemento. Pero, sobre todo, comprendemos a grande carencia que existe en torno ao concepto de ciencia.

FILLOY MARTÍNEZ, LAURA   151.B05

 

Advertisements

Posted on 17 Abril, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Noraboa por todos estes meses de traballo! Sen dúbida, o voso foi un dos proxectos máis curiosos que atopamos na materia.
    Cando falas da relación coas universidades de América, venme á cabeza unha anécdota que me contou fai uns meses unha rapaza que estuda Comunicación Audiovisual na nosa facultade. Resulta que esta compañeira estivo o ano pasado de Convenio Bilateral na Habana, e non puido ter feito o seu programa de estudos ata que chegou alá, pois a unibersidade da Habana traballa, de portas pra fora, con fax, e ela non o tiña á súa disposición.
    América e outro mundo,marabilloso e insondable. Grazas ao equipo de Histamérica por investigalo tan a fondo e a vós por achegárnolo un pouquiño máis.
    Aida González 151.H02

  2. seminariocomunicacion1

    Moitas grazas, Aida. A verdade é que para nós foi todo un pracer traballar con este grupo de investigación porque nos facilitou moito a tarefa e, ademais, nunca nos puxeron ningún inconveniente en colaborar con nós. Todos os membros coincidimos en que foi unha experiencia enriquecedora e que atopamos moitos elementos próximos á nosa profesión que non se mencionan en clase nin nos libros de texto. Oxalá poder afondar máis no tema de cara a un futuro.

    FILLOY MARTÍNEZ, LAURA 151.B05

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: