A caída (?) do xornalismo tradicional en primeira plana

Cando a crise dun sector afecta a moitos membros dese medio, a cousa vai mal. Cando afecta a unha das cabezas máis visibles, arrastrando con ela a outros incontables membros, a cousa vai peor. The New York Times, considerado un dos xornais de referencia a nivel mundial, o que marca a axenda do día, ve como un xigante disfrazado de internet e redes sociais o vai acabar destruindo se non é quen de aliarse con el. E non é só o medo do xornal neoyorquino, senón que é motivo de preocupación para todos o que teñen no papel a maneira de gañarse o pan de cada día. Sen dúbida, é un obstáculo difícil de flanquear, pero xa din: ou renovarse ou morrer. Sabendo aproveitar a inmediatez da rede e aportando a veracidade e o rigor que está non sempre dá, podería converterse nun verdadeiro aliado, a pesar de que parece que o que ten data de caducidade é o tradicional.

Un dos motivos que agrava a situación é o que comentaba Brian Stelter, na actualidade ex-reporteiro do The New York Times, cando dicía que “a sociedade está acostumada a que todo sexa gratis ou pareza gratis”. É dicir, Internet apórtanos unha infinidade de sitios web nos que informarnos ó instante da última hora, de xeito gratuíto. Coa fuga de anunciantes que crearon as súas páxinas especializadas, as seccións de publicidade quedan baleiras, así como as arcas de medios como o Times, o que implica unha busca rápida dunha nova fonte de ingresos. Pagar por informarse? Reforzar a idea de “cliente” máis que de “audiencia” non parece ser moi ben acollida pola cidadanía.

A maioría das persoas que buscan informarse xa saben como facelo e a que deben recurrir. Teñen en conta que ante todo, son empresas que velan polos seus beneficios xa que detrás delas hai moitas bocas que alimentar. A isto se refería o magnate Sam Zell ao afirmar que el só pretendía contentar aos seus lectores, non coa verdade, senón co que lles gusta. E isto non ten por que ser así. Os medios actúan como formadores dentro da sociedade, pode concibirse como unha retroalimentación: medios que se nutren do que aportan as persoas e persoas que se nutren co que lles aportan os medios cada mañá. Contar algo novo que sirva para aumentar o coñecemento da cidadanía sobre a realidade é, ao meu pensar, elemental. Doutro xeito, que pasaría se ninguén informase dos secuestros de Boko Haram en Nixeria? Como iso está sucedendo a miles de kilómetros da nosa realidade non tería por que interesarnos. Pero interesa. E é necesario que se coñezan, a pesar de que moitos sucesos deste tipo quedan ensombrecidos por noticias de dubidosa relevancia.

Un medio calquera se non quere caer no esquecemento, e con elo na quebra, ten que saber renovarse tanto nas súas técnicas como nos seus materiais. Se por algo o The New York Times foi sempre un xornal de cabeceira é porque soubo darlle voz a temas especialmente delicados (o falecido David Carr tivo bastante que ver nisto). Aquí entramos no dilema sobre que se pode publicar; cando algo é tan escabroso que pode compremeter a seguridade de todo un país, é lícito e moral que se publique? Na miña opinión, unha sociedade informada de todo o que acontece ao seu arredor é capaz de facerlle fronte aos problemas que se poidan presentar. Se pola contra, o problema chega cos cidadáns desprevidos a capacidade de reacción será limitada.

Mais todo isto é cuestión de liña editorial. O que está claro é a renovación inmediata á que se deben someter tódolos medios, tanto audiovisuais como escritos, en tódalas partes do mundo, se non queren ser pisados pola actualidade tecnolóxica. De tódalas crises se sae xa que son ciclos, e o xornalismo non debería ser menos.

IGLESIA CASTIÑEIRA, SILVIA 151.H03

Advertisements

Posted on 6 Maio, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: