A caída dos xigantes ou como se derruba un medio tradicional

A chegada das novas tecnoloxías supuxo un cambio, unha reestruturación do que coñecíamos como xornalismo. Hoxe, calquera cunha cámara fotográfica, un blog e un par de etiquetas ben aplicadas pode xogar a ser xornalista, pero non é xornalista. Internet cambia o modelo, fai que o proceso de información sexa máis doado, pero tamén o converte en algo efémero. O principal sustento dos profesionais da comunicación en prensa é a publicidade e, esencialmente, o papel. A maioría de recursos dixitais, revistas, xornais, son totalmente gratuítos, polo que a xente que se dedica á información non recibe unha contraprestación polos servizos ofertados.

Fálase do declive do xornalismo dos grandes medios. Este detrimento, en parte, é culpa dos propios xigantes mediáticos, que se ateñen e serven ós poderes gobernamentais e empresariais en lugar de realizar a súa labor para coa cidadanía; unha especie de prostitución. Por outro lado, os erros, a información imprecisa e a invención son factores que minan a fiabilidade que poidan transmitir cara as audiencias. Hai que ter en conta que, canto máis grande é un medio, máis credibilidade debe transmitir, e cada erro multiplica por dez a desconfianza do público.

Xorde polo tanto un novo tempo, a era da dixitalización, a era da rede, que abre fronteiras e posibilidades para o xornalismo pero que o reduce a un campo máis banal podendo calquera realizar a súa tarefa. Unha ventá que se abre, pero unha porta que se pecha. Podemos entender as redes sociais e os blogs como unha sorte de xornalismo comunitario, mais, onde están os profesionais? Os medios deben cambiar a súa estratexia, somerxerse na rede é darlle unha volta á vella maneira de facer, rexeitando dogmas que se converteron en utopía e podreceron pola súa propia inviabilidade; falo de obxectividade, por exemplo.

Por outra banda, moitas veces os grandes medios caen por ter que soportar o enorme peso de seus dirixentes. Cando non hai ideas e metas en común, cando non se coincide na maneira de facer, ou cando quen dirixe un xornal é un bussines man ó que só lle interesan os cartos e pensar no próximo chalet que vai a mercar en primeira liña de praia, o medio, irremediablemente, cae; non polos seus profesionais, senón pola mala xestión daquel que decidiu penetrar nunha empresa xornalística e converter a información nun produto brutal de mercado.

Produce nostalxia ver como o vello xornalismo da rotativa, de manchar os dedos coa tinta do papel, de saír, ver e contar, está a piques de atoparse asolagado no abismo. Os medios teñen que renovarse, aprender a convivir coa tecnoloxía de seu tempo porque, de o contrario, quedarán obsoletos e virán outros que o fagan mellor. Non falo de desbotar o papel como medio para transmitir información, pero si da complementación que supón o xornal dixital, por iso paréceme correcta a vía que seguiron so de The New York Times, ofrecendo parte da información colgada na rede de forma gratuíta, así como certos contidos que requirían subscrición. Aínda así, parece que dita estratexia non deu os seus froitos, xa que decidiron poñer de pago a totalidade da páxina. Velaquí a pregunta: unha vez que desapareza o papel, e con el a meirande parte dos ingresos, desaparecerá o xornalismo tal e como o coñecemos?

FUMEGA GONZÁLEZ ROBERTO 151.A05

Posted on 6 Maio, 2015, in Lecturas e filmes, Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: