Comentario de temas sobre a película “Page One, un año en The New York Times”

Temas: 

· Debate sobre a fin dos medios impresos → chegada da InternetExpectativas no xornalismo

Hai quen pensa que Internet está apartando os medios tradicionais. Na actualidade, como se di na película, “as mensaxes son os medios, e non ao revés”. Un claro exemplo disto son as redes sociais, especialmente Twitter, a cal permite verter información con premura, pero, non esquezamos que, moitas veces, sen contrastar e sen redactar por xornalistas responsables. Youtube sería tamén un dos xigantes das redes. Outros, como o mesmo David Carr, recordan que a maioría dos portais dixitais recaban información dos xornais en papel con maior tirada do país (neste caso, dos Estados Unidos), polo que a prensa analóxica nunca sobrará, seguirá sendo a fonte principal da información na rede.

· Supervivencia dos medios → The New York Times, ao borde do abismo

Manter un medio de comunicación é moi caro. A publicidade postúlase como a principal fonte de ingresos para a prensa, pero, hoxe en día, non chega; ademais, hai outro problema: as presións dos donos das grandes marcas condiciona a información. A solución é pagar polas noticias, por traballos de calidade e contrastados (non esquezamos que o xornalismo é un servizo público). Precisamente, esta foi a vía escollida pola “Dama gris” para reflotar o enorme barco de papel estadounidense: o pago para ver as noticias na rede convertendo á audiencia de The New York Times en mecenas do escrito polo medio.

· Relación entre o periodista (na figura de David Carr sobre todo) e as fontes; relación entre os xornalistas e os redactores xefe, editores, director… (intersubxectividade)

Vemos como a maioría dos xornalistas de The New York Times teñen un don para facer o que máis lles gusta, xornalismo de verdade. David Carr non é que estableza, precisamente, unha relación de confianza coas súas fontes, senón que é moi directo e tenta que a fonte respete a súa profesión, a cal se trata, como xa dixemos, dun servizo público (respeto a todos). Faille saber ás fontes que a “non resposta” ou a mentira pode ser peor que dicir a verdade. Todo isto é posible, ben é certo, ao ter un medio de comunicación coa historia e bagaxe da “Dama gris”. Deberiamos aprender deste modelo de comunicación.

Outra das relacións moi a ter en conta é a que se establece entre os profesionais do medio. Cada un deles bota fóra o seu “ego” e soamente se considera como un servinte da sociedade que defende, coas razóns máis nobres, as novas que poderían ir no xornal ou non; sen discutir, soamente falando o que hai que falar, sen malas palabras. O fin último é o de informar ao pobo. ¿Interésalle esta noticia á xente?

· Biopoder e biopolítica“Caso Watergate” e “Caso WikiLeaks”

En practicamente ningunha ocasión vemos a un medio de comunicación como o cuarto poder da sociedade, como esa forza capaz de vencer o biopoder. Porén, hai veces nas que si, como é o exemplo do “Caso Watergate” destapado por The Washington Post ou o polémico “Caso WikiLeaks” sacado á luz por The New York Times.

David Carr, xornalista recoñecido no The New York Times. / http://brightestyoungthings.com/

David Carr, ex-xornalista recoñecido no The New York Times, faleceu o pasado mes de febreiro. / http://brightestyoungthings.com/

MELCHOR FERNÁNDEZ, EDGAR BCP.004

Advertisements

Posted on 6 Maio, 2015, in Posts individuais and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: