Miguel Anxo Bastos Boubeta, investigador: “o normal é ter máis relación académica con profesores de outras universidades que cos nosos compañeiros de despacho.”

Para nuestra actividad de visibilización, hemos decidido contar de primera mano con la opinión de investigadores de la USC. Para ello, localizando los grupos de investigación les hemos pedido que redactaran un breve comentario con total libertad guiándose a través de los siguientes puntos:

  1. ¿Considera relevante el traslado de sus investigaciones a la sociedad?
  2. ¿Cree que la comunicación dentro del grupo es un factor que influye en la calidad de su trabajo?
  3. ¿Cómo se relaciona con la comunidad científica?
  4. ¿Cree que en su campo se hace suficiente comunicación científica?

Desde el grupo de investigaciones políticas, Miguel Anxo Bastos Boubeta, nos aporta su opinión:

bastos

Pídenme unha reflexión sobre como vexo a comunicación no meu ámbito de investigación. Pois ben, vou tratar de expresar como entendo eu a miña relación académica cos meus colegas académicos. En primeiro lugar, teño que decir que eu son completamente libre de investigar, tanto na temática que escollo, como nos métodos que uso. Este é certamente un dos mellores aspectos da universidade española, o feito de que o investigador non teña que estar submetido se el non o quere as directrices nen dos seus superiores académicos nen a dos seus pares. Pero isto ten un correlato, que é  que se o que nos investigamos non interesa a ninguén dentro ou fora dos muros da academia tampouco temos porque queixarnos. Somos libres para o bo e para o malo. Tampouco podemos con precisión o alcance das nosas investigacións. Este non ten porque ser inmediato, pois o que hoxe investigamos pode ser de interese dentro de muitos anos, e máis no ámbito das ciencias sociais, na que tal coñecemento non caduca con rapidez. E frecuente para min topar información de interese en textos escritos fai cuarenta ou cincuenta anos e no seu momento ao mellor non tiveron relevancia. Nunca se pode saber a influencia que poida ter un escrito de hoxe.

Por outra parte é convinte resaltar que en universidades pequenas como a nosa e por paradóxico que pareza o normal é ter máis relación académica con profesores de outras universidades que cos nosos compañeiros de despacho. Isto é porque por necesidades docentes temos que estar especializados e aos ser facultades pequenas cada profesor ten unah área de investigación case exclusiva. Eu, por exemplo, eu son profesor de politicas públicas, xestión da información e movementos políticos e institucións políticas. En cada  unha delas son o único profesor de ditas asignaturas na USC. O normal é que non teña muito que falar con ninguén destas materias salvo comentarios superficiais., e viceversa. Ao final teño que recurrir a colegas doutras universidades para expoñer miñas teorías ou para falar en profundidade destes temas. Solemos recurrir a congresos ou seminarios especializados para esta tarefa. Eu non o vexo como unha disfunción senon como u resultado de traballar nunha institución de reducidas dimensións. O bo que ten isto en cambio é o que se lle pode chamar fertilización cruzada. Falo muito con colegas de outras disciplinas e facultades e isto dame ideas novas que contrasto coas miñas e saen as veces boas ideas. Se estivera todo o día entre colegas acabaríamos repetindo sempre o mesmo  e duvido que con resultados positivos.

Grupo 152.A00

Martínez, Martínez 152.A01

Rey Muras 152.A02

Rodeiro Meijide 152.A03

Sánchez Dios 152.A04

Sobral Diz 152.05

Advertisements

Posted on 6 Maio, 2015, in Firma invitada, Posts individuais and tagged , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: