Page One, o retrato dun xornalismo cheo de cambios

Tras o visionado do documental “Page One” sobre o New York Times, periódico de referencia en todo o mundo, puidemos descubrir que a crise do xornalismo (especialmente o do soporte escrito) tamén lle afecta a el. Non é unha crise económica, é moito máis ca iso. O xornalismo sofre unha transformación que fai que a prensa escrita estea nunha constante loita xa que gran parte da sociedade prefire os xornais online de forma gratuíta.

No vídeo distintos xornalistas do NYTimes reflexionan sobre distintos temas, como o acceso a periódicos dixitais pagando, a veracidade dos feitos, a relación do poder coa prensa, etc., temas que seguen estando á orde do día.

En primeiro lugar falarei do trastorno que crearon as novas tecnoloxías. Esas novas ferramentas que desde hai uns anos pegou un salto brutal e que se reflectiu no xornalismo. Realmente, eu penso que o que importa é o contido e non o formato. Non pode ser que o avance que crean as novas tecnoloxías desemboque nunha crise, porque os procedementos de investigación e contraste seguen existindo.

A aparición dos periódicos online fixo que a moeda tivera dúas caras. Por unha banda, o gran avance que supuxo ler o periódico desde a casa, a dinamización dos contidos, a inmediatez etc., e, pola outra, o problema que xorde cando a información deixa de ter un prezo e todos os esforzos do xornalista non obteñen recompensa. Por iso o New York Times comezou publicando parte da información gratuíta e parte cun custo e rematou sendo unha páxina de pago.

Outro problema das novas máquinas é que todo o mundo pode xogar a ser xornalista: a credibilidade esvaécese no momento en que calquera pode publicar na rede información falsas. O certo é que a sociedade chegou a un punto no que xa non cren nada do que lles contan e comezan a desconfiar de calquera medio.

O poder dos altos cargos tamén é parte fundamental no mundo dos medios de comunicación. Estes moven o mundo do xornalismo como queren, ocultan información e impiden un xornalismo libre. Partimos da base de que un medio de comunicación público está en mans do goberno mentres que calquera outro medio responde a unha liña editorial fixa. O que está claro é que ese problema está aí, e se alguén quere tratar a información ao seu gusto, ten que ir por libre.

Outro dos problemas é que poden existir xornalistas pouco rigorosos que non publiquen unha información veraz e isto non só ten consecuencias para el, senón para todo o medio. É primordial estar 100% seguro da información que se publica para non cometer o erro de caer como xornalista e que o medio para o que traballas caia contigo.

Con todo, a prensa escrita non está morta, só está vivindo unha crise. Os bos xornalistas seguen aí, con papel ou sen el, e o que conta é que exista unha profesionalidade, que saiban transmitir historias reais e que logren atraer ao lector e así poder competir cos novos medios que invaden a nosa sociedade.

RAPADO GARCÍA, CARMEN. 152.D03

Advertisements

Posted on 6 Maio, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: