Os cambios, o xornalismo e o tempo

Tédesme que desculpar, pero tralo visionado do filme “Page One: Inside The New York Times”, non puiden evitar reflexionar sobre o paso do tempo. Resulta que o documental lanzouse en 2010 e eu ata o final da metraxe nin me decatei. Había indicios, claro está, pero pensei que serían meras alusións ó pasado e que, en realidade, intentábase facer unha radiografía do que ven a ser o mundo do xornalismo a día de hoxe. A día de hoxe? Pero se vai cinco anos que se emitiu a reportaxe!

A clave está en que sempre crin – porque así nolo dicían – que o xornalismo está en constante evolución, que vai mudando co tempo, que se vai adaptando… Ben, e se é así, como é que nada cambiou dende vai cinco anos? As novas tecnoloxías avanzan a ritmos vertixinosos e o xornalismo, que? Como pode ser vixente algo que foi rodado cando eu estaba aínda no colexio e non tiña nin teléfono móbil?

Sorprendeume e asustoume esta idea a partes iguais. Sorprendeume porque parece que, pese ás ansias enormes que teñen os medios de comunicación por renovarse e poñerse ó día no tema das novas tecnoloxías, todos os esforzos afogan. No documental respirábase un ambiente de tensión e incerteza á vez que de ilusión e innovación. E todo iso semella que non tivo resultado algún. Asustoume por outra banda porque, se xa daquela – na época da gravación do documental – pensaban que era demasiado tarde para cambiar as cousas e que as novas tecnoloxías avanzaban a un ritmo que o xornalismo non podía seguir, imaxinémonos agora! Cinco anos despois e cunha crise nos ombreiros seguimos no limbo do non saber que facer e esperando a que caia o milagre do ceo.

Pero non todo vai ser negativo, claro está. O feito de que nada cambiase ata o de agora non significa que nada poida cambiar. O New York Times buscaba “innovar” dende unha posición de estabilidade: en vez de obter beneficios nun lado sacámolos do mesmo xeito pero noutro e punto. Quizais o futuro non estea aí. Quizais resida en arriscar máis, en ir un paso máis alá e non conformarse con poñer o mesmo contido noutro soporte e esperar que a xente continúe confiando en nós como facía cando non tiña ninguén máis en quen confiar. Quizais hai que gañar esa confianza. Un novo concepto de audiencia crítica, selectiva e participativa está surxindo e na nosa man está darlle a oportunidade de manifestarse e conectar ou seguir subestimándoa e pensando que, aínda que o tempo pase, no xornalismo tampouco hai tanto que cambiar.

ARAUJO HERRERO, BELÉN. 151.F01

Advertisements

Posted on 6 Maio, 2015, in Lecturas e filmes, Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: