Page One: Un ano en The New York Times

Cada etapa histórica está protagonizada por unha tecnoloxía determinada que provoca a paralela adaptación da sociedade a mesma e, polo tanto, a evolución da realidade na que vivimos. Na actualidade, a chamada Sociedade do Coñecemento, que se caracteriza polo auxe dos medios de masas, está vivindo o que podería ser o seu clímax. A causa principal deste drástico cambio na “estabilidade” imperante ata o momento foi a aparición nos anos 90 de internet.

   A prensa sempre foi coñecida como o cuarto poder pola súa función de enriquecer e formar a opinión pública mediante a transmisión de información contrastada e veraz, sen a que non pode existir a democracia. Mais, que ocorre no momento no que a transmisión de información está en mans de calquera individuo? O fluxo de coñecementos que se transmiten é moito maior. Non obstante, o importante non é tanto a cantidade como a calidade. A universalidade de internet é o caldo de cultivo para a aparición do xornalismo cidadán. Todo o mundo ten a capacidade de crear unha plataforma na rede mediante a que transmitir información. Os medios tradicionais souberon, en certa medida, adaptarse a esta nova realidade creando as súas propias webs de noticias e enfrontáronse a insurxente competencia do novo xornalismo cidadán apoiándose na credibilidade que foron ganando co paso do tempo. Destaco o momento no que o filme mostra distintas páxinas da internet que suplen noticias e vese como esa información é completamente copiada de xornais tradicionais, neste caso  The New York Times.

Page_One_quad72_380_256_85_s_c1

   Na miña opinión, o problema principal ao que se enfrontan os medios tradicionais como The New York Times é o método de financiación. Concordo totalmente coa opinión dun dos traballadores deste xornal que afirmaba no documental que hoxe en día cremos que a información debe ser gratis cando sempre houbo que pagar por ela. Na mentalidade das novas xeracións está totalmente implantada a idea de que o acceso ao coñecemento da realidade non debe ter ningún custe de tipo económico. Este é o factor do incesante descenso da venda de exemplares de xornais cuxo nova estratexia de supervivencia é a publicidade ou intentar loitar contra as novas costumes e cobrar pola lectura das súas publicacións online.

A inmediatez, como se viu, está en mans de calquera grazas as novas tecnoloxías. É obvio que a sociedade non pagaría pola superficial información que un usuario corrente poida contar nos 140 caracteres dun tuit cun só click. Pode que a clave de todo isto vaia máis alá da información superflua, o xornalismo do futuro non pode deixarse sucumbir ao momento: debe diferenciarse. Contextualización, explicación de causas e consecuencias poden ser os eixos do éxito dunha información de calidade pola que mereza a pena dar algo a cambio. Profundización no acontecemento, en definitiva. Hai que buscar un incentivo para que a audiencia acuda  a un determinado medio e non se deixe levar por unha frase resumo. Unha vez conseguido isto, a publicidade, que sempre está sedenta de espazos recorrentes por individuos que se poidan converter en futuros consumidores, ven soa. As novas tecnoloxías tamén permiten unha maior interactividade co público, feito que os medios poderían aproveitar no seu favor. A través do feedback poden coñecer as opinións dos lectores e mellorar os seus servizos.

Pode que isto non sexa máis que unha utópica percepción futurista, mais o que si esta claro é que o xornalismo debe aprender e adaptarse nun contexto cheo de dificultades. Ao mellor a clave está en saber aproveitar as posibilidades que este novo mundo ofrece.

Caamaño Deus, Sofía 151.B02

Advertisements

Posted on 6 Maio, 2015, in Posts individuais. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: