COMENTARIO PAGE ONE, UN AÑO EN THE NEW YORK TIMES

crisis-de-los-medios-tradicionales-3-638

Este filme introduce ao espectador no cotidián do New York Times. Vemos o día a día da redacción, incluso observando como lle afectaron os cambios tecnolóxicos (e como mudan as reunións dos redactores con estes) e tamén coñecendo as principais persoas que o fan andar. Doutra banda, contemplamos como lle afecta a un periódico así o principal problema do xornalismo dende fai anos, sacar adiante o medio, en termos económicos. Isto débese, tal como explican na película, a que a sociedade se acostumou a non pagar pola información gracias á chegada de Internet. Mais non podemos loitar contra isto nin debemos, porque as novas tecnoloxías non son o inimigo. Na miña opinión, hai que saber sacar proveito. É máis, eu considero apropiado nesta profesión o dito de “reinvéntate o muere”. O que non morreu é o xornalismo nin está en crise, e es o está é por outros motivos ou persoas que fan prácticas xornalísticas vergoñentas, algún exemplo se ve no documental tamén. O que está en crise é o xornalismo antigo e isto pode causar melancolía mais non é un fin, é unha sinal de que é un ente vivo e se transforma co tempo. Non é nada novo. A aparición da radio e a TV tamén supuxeron un shock no seu tempo.

Outro tema que me chamou a atención na película é o ambiente que describen os protagonistas que hai de expectación ante a posibilidade da banca rota no New York Times. Está tan consolidado. Aínda así, cando falan do efecto “New York Times” nos demais xornais, é dicir, cando os demais medios se fan eco dunha noticia que sae primeiro nese periódico de referencia, ninguén se da conta. É un pouco triste que a pesar de ser un periódico de tal magnitude, de renome e con historia, e que ata chega a producir ese efecto, o seu prestixio pódese danar nun par de segundos e perder toda a credibilidade para o público. Este feito vémolo no filme debido á actuación de dous xornalistas que lle custaron ao xornal, como veño dicindo, a confianza dos lectores. Por un lado, cando unha periodista Judith publica información sen contrastar e, por outro, cando outro redactor escribe noticias copiando a información e sen presentarse no lugar dos feitos. Son dúas prácticas corruptas no xornalismo que, sinceramente, non me cabe na cabeza sucederan nun medio así, especialmente a última. Con todo, cométense erros en todos os oficios e sempre hai un prezo a pagar. Nós, como xornalistas temos que construír unha marca en torno ao noso nome ou medio se o temos ou traballamos para el. Esa é a nosa baza e no momento en que faltamos aos lectores con prácticas irregulares como as que acabamos de comentar, a nosa marca arruínase. Un xornalista non é nada se ninguén cre nas súas palabras. Leva tempo construír unha marca e gañarse a confianza dos lectores pero pódese perder en cuestión de segundos.

Amosa Tato, Cristina 151.D01

Advertisements

Posted on 7 Maio, 2015, in Posts individuais. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: