Mil primaveras máis para a prensa escrita

O xornalismo en papel desaparecerá”. Levo anos escoitando esa crítica afirmación que dá dor de cabeza. Mais como se debe actuar ante o pánico do desaparecer? Quizais esta cuestión sirva para resumir o documental Page One: The New York Times.

digitalizacion

A sociedade avanza e con iso tamén o fan os medios de comunicación. No filme obsérvase medo, temor á novidade e a súa capacidade de substituír ao tradicional. Nesta colectividade tecnolóxica, falamos de soportes máis dinámicos, rápidos e instantáneos (no documental faise referencia a Wikileaks e a Twitter). Unha loita ambientada no 2010 que describe á perfección a situación actual. Os xornais batallan por sobrevivir neste maremágnum dixital. Batállase contra a venda da información de maneira gratuíta. David Carr, xornalista en  The New York Times dicía que nada é gratuíto, o que nun comezo para que o é, finalmente non o é. Din que a información é un dereito, mais tamén debe ser remunerada. As novidades dixitais e tecnolóxicas fan que non teñamos que mercar o xornal xa que está na web á nosa disposición. Moitas das noticias non son iguais no xornal en papel que no dixital, xa que o espazo e precisión non é o mesmo. Gustaríame destacar tamén un tema fundamental para o xornalismo do que dependen a maioría dos sectores: a publicidade

A publicidade é a marca de identidade da empresa, sector, industria, etc… Na propia facultade nos ensinan que a información vai en función do espazo que ocupe a publicidade, polo que intuímos a súa importancia. Quizais necesitemos máis publicidade non nos xornais, se non dos propios xornais en papel. Unha publicidade que apele á emotividade e realismo de ter a información nas propias mans e non tras unha pantalla. Necesitamos reinventar o papel, un obxectivo difícil. 

Por outra banda, no filme obsérvase como é o traballo dunha redacción de xornalistas para cumprir o seu obxectivo: sacar á luz temas potentes e de interese público. Amais, chamou a miña o caso de Judith Miller e a perda de prestixio do propio xornal. É dicir, se algún dos traballadores falla, pagao o propio xornal, de aí que sexa tan importante a veracidade e o contraste de fontes para crear un xornalismo de calidade e real.

Quizais un dos aspectos máis importantes para a supervivencia dun xornal impreso sexa o optimismo dos traballadores da información ante a ameaza de derriba. Seguindo nesta liña, no documental tamén existe outro tipo de coacción, o propio interese económico. Quizais este sexa un dos motivos fundamentais que expliquen a posible caída do xornal. O xornalismo no fondo é un negocio, polo que o traballo debe ser remunerado. Mais no momento no que se privilexia o afán económico e non o xornalístico algo falla, peligrando a propia vida do xornal.

GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02

Advertisements

Posted on 7 Maio, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: