O pesimismo é o verdadeiro inimigo do xornalismo

A realidade actual da nosa profesión é indubidablemente dramática. O xornalismo está en crise. E non é unha crise pasaxeira nin unha focha económica común a outras industrias, senón un mal que axexante que parece comezar a tornarse irreversible.

Está claro que a esencia do xornalismo reside xustamente na crítica, en ser capaces de comprender o entorno e de chegar a esa verdade que tantas veces se esconde de ser escoitada e lida pola cidadanía. Pero unha actitude crítica e de constante inconformismo non debería sementar a inestabilidade laboral que sofren hoxe en día tantos xornalistas non só neste país, senón en todo o mundo.

Page One: The New York Times é xustamente isto, un reflexo da realidade de 2010 que, a pesar de remontarse cinco anos atrás e xirar arredor da rutina laboral dun xornal estranxeiro, tampouco se diferenza tanto do que se vive aquí hoxe en día. E unha crise común que afecta a todos eses traballadores e que non só ten un, senón moitos detonantes que fan estoupar esa bomba de reloxería que ten ao xornalismo nun limbo profesional.

O descenso de publicidade nos periódicos é unha das causas desta crise. Para que necesitan as empresas proxectarse en páxinas impresas se o poden facer elas mesmas cunha vía única a gratuíta como é Internet? E esta é unha realidade da que non escapa ningún xornal. Porque a publicidade é, superficial e fondamente, o sustento económico dunha profesión que viviu dende os seus inicios para contar a verdade.

Porén, sexa como sexa o sector publicitario, é fundamental como recurso económico do xornalismo. E se desaparece é, en parte, por un xigante magnánimo e sen fronteiras: Internet. As novas tecnoloxías son a verdadeira causa desta crise que se agudiza por momentos. A profesión deixa de intentar buscar unha solución e prefire instrumentar o rol converténdoo no inimigo cando o que debería é aliarse con el. De todas formas, a tecnoloxía nace para desbancar un xornalismo tradicional crible, veraz e contrastado por un xornalismo cidadá máis aberto e dubidoso. Tal vez a única saída a esta situación sería buscar un equilibrio.images

Está claro que os medios de comunicación que non se adapten a unha realidade tan cambiante morren. E que os medios morran só pode significar o despido de centos de traballadores, e naqueles que se manteñen a duras penas, a baixada de salarios e a inestabilidade laboral. O xornalismo parece converterse, a cada paso que dá, nunha profesión completamente vocacional.

Tamén hai outro mal do que non podemos esquecernos e que foi o verdadeiro motivo desa caída estrepitosa que tivo a Tribune Company: a importancia dos intereses económicos e empresariais fronte á preservación dun bo xornalismo. E non cabe a menor dúbida de que esta profesión é un negocio e, como tal, ten que xerar beneficios. O problema é que, na meirande parte dos casos, queda demostrado que se as primeiras motivacións se sitúan na primeira liña de batalla, as outras quedan soterradas.

Búscase o equilibrio e a rendibilidade económica a través das novas tecnoloxías que viñeron para revolucionar a profesión e poñela patas arriba. Porén, se hai algunha nova liña de traballo e de negocio é xustamente esta, a enorme potencialidade que ten a rede para ser explotada no sentido xornalístico do termo. Só temos que deixar de vela como unha inimiga.

FILLOY MARTÍNEZ, LAURA   151.B05

Advertisements

Posted on 7 Maio, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: