O xornalismo, a primeira plana

Neste documental podemos ver o que pasa dentro dunha redacción aparentemente perfecta, ademais de ver a confrontación que existe entre o xornalismo vello contra o actual, os que loitan por melloralo ou os que se negan a facer ben as cousas e actúan por rutina.

The New York Times é un dos xornais que viviu as dúas etapas do xornalismo e, agora, enfróntase ao seu maior reto: a rede. A súa loita incesante por non perder a tirada en papel e aos seus seguidores nun contexto no que internet gaña día a día máis adeptos, é un pouco complicada, pero eu creo que non tanto como parece.

O bo xornalismo sempre permanecerá e, aínda que se presente como un xornal xeralista, sen ningún tipo de especialización, vemos na figura de David Carr que non é de todo así. O bo xornalista de hai cincuenta anos segue a ter as mesmas capacidades que o bo xornalista de agora, preocupándose por ter a súa rede de fontes e de contextualizar o feito, sen deixar a noticia aislada, sen referentes aos que acudir. O que pasa é que a actualidade manda e deixa nun segundo plano este tipo de xornalismo.

Lévase o xornalismo barato e tense a idea de que por estar un xornal na rede non ten que seguir os códigos deontolóxicos da profesión e isto non é así. A rede e o amplo abano que ofrecen as novas tecnoloxías debería aproveitarse como unha nova plataforma que abre portas, pero sen deixar de lado o que moitos xornalistas conseguiron hai tempo. O xornalismo especializado debería primar por riba do xornalismo do directo, ese que banaliza os contidos e cíñese a contar sen ter unha documentación previa.

Por outra banda, non creo que haxa que ter aos xornalistas do New York Times nun pedestal. No documental podemos ver coma dous dos integrantes da plantilla erraron nas súas noticias, debido á falta de rigor e de actitude xornalística, xa que non constrastaron as fontes e deixáronse levar polo seu sexto sentido, o cal non era para nada acertado. Ademais, vemos esa relación interpersoal entre a plantilla da redacción da que falaba Gaye Tuchman, onde os xefes mandan por riba dos redactores, sendo os primeiros quen teñen a última palabra.

E todo isto lévanos a plantexarnos se o xornalismo é meramente un negocio ou unha profesión. Dende o meu punto de vista, penso que sempre foi e será unha profesión, aínda que na actualidade xa non haxa dous corpos ben diferenciados na plantilla: o corpo redaccional (xornalista) por un lado e, o corpo empresarial (editor-director), por outro. O que máis dano fai é que agora nunha soa persoa se agrupen estes dous, o editor e o xornalista, cando antes eran dúas persoas que se centraban nas súas tarefas correspondentes sen chegar a traspasar, nunca, unha a barreira da outra. Agora prima o interese económico por riba dun traballo profesional de indagación. A cultura do efímero é unha realidade que, soamente nós, podemos atallar.

GESTAL GONZÁLEZ, ANDREA BCP.002

Advertisements

Posted on 7 Maio, 2015, in Posts individuais. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: