One Page

O documental abre unha paréntese: para que queremos xornais se temos twitter? Se Internet está substituíndo aos férreos magnates do cuarto poder, cal é o futuro que lles depara ás empresas que comercializan coa información como producto? E máis, cal é o futuro que lles queda (nos queda) aos herdeiros do oficio?

É o debate eterno e de ahí a paréntese aberta. En realidade, a situación que nos presenta (un ano no Times) non se distingue de moitas outras. Nytimes vese na obriga de recortar persoal que leva no medio case toda a súa vida. Sofre perdas económicas (non basta a financiación publicitaria) e cada día que publica en impreso arríscase á bancarrota. Pero The New York Times é unha empresa demasiado consolidada para obviar a súa perda.

O filme préstase a confesárnolo, que pasaría se o Times desaparecese? A pregunta cae en ambigüedade segundo a quen se lle pregunte. Calquera que leve traballe no medio, convertirase nun lóxico defensor do xornal, relucindo todo o calibre do que durante tanto tempo deron mostra. De non adaptarse, contemplará o novo escenario con desdén e aínda con pavor. Pero se lle formulamos a mesma pregunta a un cidadán común, é posible que a ambigüedade da resposta recaia na idade que teña e nos intereses que comparta (segundo a ecuación: os novos consumen Internet e redes sociais e os máis vellos inténtano).

Analizada a realidade que persigue aos medios, NyTimes veu unha posibildade inmediata en Brian Steller, un home que traballa con dous ordenadores, que escribe doble (twitters e artigos) e cuxa fórmula pasa por “escoitar unha voz colectiva conectada” que é a pretensión constructiva da súa maior inspiración: twitter.

En contraste, a voz máis emblemática baixo a figura de David Carr, demostra como a profesión está en apuros– cando non o estivo?- ao igual que o contorno dalgunhas experiencias vitais e non por iso se resinte. Aposta polo endémico do xornalismo, o xornalismo de Gay Talese, cun contacto directo (e moi directo) coas fontes, cunha visión interesada por todo, e cun poder de absorción innato. Á David Carr séguenlle os grandes sentimentais do periódico (algún ex redactor, o director…). Todo isto non deixa de ser unha metáfora máis do xornal, un medio cuxo prestixio lle veu cos grandes acontecementos, con Irak, co Watergate e Richard Nixon (mostra do medio fronte aos poderes políticos).Un prestixio que non lle ven só por estar fóra e na vangarda, senón tamén por admitir erros como o fraude de Jayson Blair ou o de Judith Miller. Porén, as reliquias do historial do medio desmorónanse no momento en que alguén se cuestiona se é necesario ou se se pode prescindir do NYT, se son demasiados os fraudes que restan a súa credibilidade e se Internet pode suplir con bastante efectividade a súa labor.

Aínda que se nos exteriorice unha imaxe envexable de todo un equipo de redacción, discutindo a primeira plana, xerarquizando as informacións, poñendo en práctica todo o teorizado, precisa NyTimes un cambio de imaxe como os outros medios? Mirando aos seus coetáneos, como a CNN que colabora con Vice News (un medio no que todo vale e a verdade é discutible) ese cambio e baixo esas formas non lle favorecería en absoluto. No caso contrario a rigurosidade que se lle supón ao medio (algúns contidos da rede son rescatados dos medios impresos) caería estrepitosamente.

Na mesma liña, como sería posible manter productos con calidade se temos a presión da publicación inmediata? Ou facemos máquinas que nos suplanten (aos humanos) nun período de tempo o suficientemente próximo como para terlle medo ou o cambio é máis unha cuestión de adapactión e reinvención.

As figuras clásicas como “a rebelión das máquinas” ou a extinción do papel forman parte dun marco apocalíptico cuxa probabilidade se resinte. É certo que a morfoloxía, a estética e as finalidades das novas tecnoloxías son similitudes e perfeccións de cousas tan simples como o libro, como o xornal. No filme, cando David Carr recibe unha tablet di algo como: “recórdame a un libro”. É un exemplo esclarecedor de que non hai nada baixo o sol e todo o que se reinventa segue un patrón previo.

Catro anos despois de que o documental saíse á luz (2011), seguímonos plantexando os mesmos dilemas. Unha visión optimista desta inestabilidade é que nela deveñen os grandes procesos constructivos que forman a historia. Todo o malo é vivir na transición cara un futuro incerto ata que este decida establecerse.

Gayl Talese, redactor do NYT

Gay Talese, escribe na década dos 60 para o NYT

 

GÓMEZ VALES, LAURA 151.D04

 

Posted on 7 Maio, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: