Page One: Inside The New York Times

Despois da visualización do filme e a súa posterior análise, deduzo que os temas que se abordan no mesmo en relación á materia son os seguintes:

  • EXPECTATIVAS DO XORNALISMO: o xornalismo tradicional pasa por un momento de crise a nivel internacional. Na película debátese a morte dun xornal do calado do New York Times. Porén, ao longo do documental danse ideas clave que reafirman o que David Carr afirmou no seu momento: “O New York Times sobrevivirá”. É verdade que o vello modelo xornalístico está a morrer, aparecen as novas tecnoloxías, as redes sociais viralizadoras de información de xeito instantáneo, etc., mais, a pesar de todo isto, o NYT segue sendo quen impón a axenda mediática nos Estados Unidos no ano no que estamos: 2015 cando o filme foi sacado á luz en 2010. Xorden medios de comunicación sen intereses a través da web (Youtube, Twitter, etc.), mais o importante e salientable é o contido e non a forma, como dicía Carr: “O medio non é a mesaxe. As mensaxes son o medio”. Así é que a maioría dos contidos que aparecen nestas novas formas de xornalismo asociadas aos medios dixitais sexan recabados dun xornal en papel como é o NYT.

  • VALORES DO XORNALISTA: na película aparece, en varias ocasións, o papel do xornalista como xusticeiro social, é máis, defínese a pescuda da xustiza como un dos principais obxectivos na nosa profesión. Debemos ser xuizozos, mais non xudiciais, debemos busca-la verdade. O xornalista cidadán é outro dos temas que se abordan, o cal debe asegurar un servicio público como é o da información. O xornalista ten a obriga de ser o cuarto poder da sociedade, non unha bifurcación dos tres restantes ligados á biopolítica e ao biopoder, dos que falaba Foucault. É deste modo como se defende en Page One que as historias que deben cubrir as páxinas dos xornais deben ser do interese da cidadanía Tamén se amosa ao longo da proxección a importancia que ten o contraste da información antes de ser publicada para asegurar unha emisión de información sen erros e cargada dunha veracidade construtora da realidade que recibe a cidadanía.

  • INTERESES PUBLICITARIOS NOS MEDIOS: é a denominada democracia mediática de Swanson (diñeiro – publicidade). Os obxectivos das empresas da información móvense principalmente por publicidade e intereses políticos, polo que volvemos ao tema da biopolítica e o biopoder. A dependencia xornalística de empresas publicitarias e subvencións gobernamentais resta credibilidade á información. Os obxectivos ocultos dos medios perxudican gravemente a imaxe dos mesmos, facendo que unha institución como o New York Times poida perder lectores e peche de xeito definitivo.

  • PAGAR POR RECIBIR INFORMACIÓN: debemos pagar por ser informados? Pero non era que se trataba dun dereito da cidadanía? Como imos pagar por algo que nos corresponde de xeito intrínseco? Aquí se atopa a gran dúbida do xornalismo cando os tempos de crise azoutan o gremio. Na actualidade habería moitas persoas que pagarían por recibir información, pero farían iso se fose a única opción que se lles presenta. Na actualidade, a sobreinformación ou infoxicación é a principal barreira hacia o pagamento de información. Se podo ler a noticia en catro sitios diferentes, por que vou pagar?

  • RELACIÓN XORNALISTA-FONTE: a relación entre xornalista e fonte está personalizada na figura de David Carr, quen pelexa contra vento e marea na busca da información que sabe que existe, mais que debe reafirmar con fontes. Considero que cobra moita importancia o peso da institución que respalda ao xornalsita: “Cando lles digo que é do NYT, asústanse”. Isto facilita moito o traballo do xornalsita e non é tanto a confianza so xornalista coa fonte como o que acabo de dicir o que determina a relación entre ambos. Tamén vislúmbrase que a valentía é outra das calidades que debe ter o xornalsita para chegar á verdade, e só á verdade. David Carr exemplificaba isto perfectamente coa seguinte frase: “Tan só lle teño medo ás pistolas e aos bates”.

MELCHOR FERNÁNDEZ, BORJA 152.B02

Advertisements

Posted on 7 Maio, 2015, in Documentos and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: