Presente e futuro

E se cae o New York Times? Era unha pregunta que, se ben fai uns anos veríase como algo completamente imposible, rondou a cabeza de máis de un ou de dúas persoas e de forma moi seria. A era dixital, a nova forma de consumir a información, moito máis inmediata e concisa, podendo elixir entre centenares de medios, moitos deles especializados e actualizados ao último minuto, fagocitou moitos medios, pero, evidentemente, a crise económica, non tan dura en países como os Estados Unidos, mermou aínda máis se cabe os ingresos dos medios de comunicación, evidentemente, non só nos Estados Unidos: aquí en España acabou coa edición en papel de Público, ou concretamente en Galicia, xornais como Xornal de Galicia ou Galicia Hoxe.

Como ben apareceu no documental, cambia todo, non só a inmediatez: o contacto coas fontes, que teñen unha rede completa como é a Internet para facerse ouvir, sen necesidade de xornais. Finalmente, o propio New York Times tivo que facer recortes. Pero, insisto, non é algo exclusivo de EUA: o mesmo ocorreu en diarios españois como El País.

A clave está en saber adaptarse ao mundo dixital: coñeceuse fai pouco tempo que o New York Times activou un geolocalizador para ofrecer a información de maneira distinta segundo o país dende o que se consulte esa información. Diarios como El País apostaron tamén polo dixital, creando edicións exclusivamente online para Cataluña ou Brasil. Aínda así, alguns medios entenderon que adaptarse non é suficiente e consideraron correcto pagar por acceder a tódolos contidos: tampouco é algo exclusivo de EUA: foi un modelo posteriormente copiado en España por medios como El Mundo ou o medio online Eldiario.es.

En definitiva, non só o futuro, senón o presente é dixital. Existe unha pregunta que tamén ronda non só na cabeza nin de unha persoa, nin de dúas: en 10 anos, en 15 anos, seguirán existindo os xornais en papel? A resposta non está clara, pero atreveríame a dicir, que algunhas das principais cabeceiras mundiais será só dixital. Tal vez España vaia rezagada (como adoita a ir sempre), pero, tal vez noutros países sexa realidade. O modelo que se instaurará unha vez sendo os medios exclusivamente dixital tamén podería xerar debate: un xornal íntegramente dixital de pago?

GÓMEZ CASTRO, DAVID 151.H01

Advertisements

Posted on 7 Maio, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: