Sairemos desta, como sexa

Page One xorde no ano en que a miña concepción de xornalista quizais virou cara a Rede. Despois de dous anos tendo máis que claro que os medios convencionais non tiñan moito futuro, e cada vez menos integridade, de súpeto aparece Twitter na nosa vida. Manuel Gago (aka Magago) fíxonos abrir a nosa primeira conta nesa lista interminable aforismos nunha era na que as Blackberry apostaban por teclados monstruosos (requiescat in pace). Polas mesmas datas WikiLeaks comezaba a dar guerra: Julian Assange vendeu tan ben a súa revolución que moitos incluso compramos a primeira edición de El País coas primeiras filtracións. Chegou o 15M á praza do Obradoiro: onde os políticos só vían hippies, drogatas e piollentos pasados de rosca, os que estabamos metidos na movida sabiamos que estabamos a iniciar a nova revolución dixital. O futuro era distópico e cyberpunk, pero tiñamos armas para loitar polo novo xornalismo do século XXI: A linguaxe informática, a codificación e o modelo de negocio freelance. Logo resulta que a tecnoloxía só trae novas dores de cabeza e aparatos máis caros.

A noticia gañaba rapidez fronte á redacción, cos rumores e fakes inundando as pantallas. A opinión colmaba cada cadro de texto, dando prioridade ás emocións fronte á razón. E algúns non se enteraban de que Twitter só era unha fonte, para ledicia dos eternos trolls. Logo resulta que o xefe de Vice é máis un mercador das desgrazas humanas do Terceiro Mundo ademais dun axente de marketing do estilo de vida Gonzo. Os xornais dixitais, pola súa parte, seleccionan noticias co potencial de aumentar o tráfico nas súas webs. É máis, o algoritmo de busca de Google só nos condicionan a ver o último vídeo viral e a coñecer a enésima excentricidade dos Estados Unidos. Assange, de mesías a mártir, quedaba recluído nunha embaixada. Os proxectos máis loables só poden existir mediante as subscricións do público desencantado. Pola outra banda, os que reclamabamos a revolución reducímonos a traballar de bolseiros nos medios de sempre, complementamos os nosos estudos nunha carreira con saída ou buscamos sustento fóra dun país sen vergoña.

Os medios tradicionais seguen aí. Non sabemos por canto tempo aguantarán, pero están dispostos a sobrevivir a calquera prezo. E están a pagar, agora máis ca nunca, cunha crise de credibilidade. ¿Por que? Por someterse aos desexos dos seus investidores, os bancos que realizan desafiuzamentos, e por ceder tempo e espazo a campañas publicitarias e propagandísticas dos que máis pagan.

O único que queda é a arrogancia: Os medios como o New York Times, pese a cometer moitas faltas, teñen un caché que os fai intocables, pois son os pais da deontoloxía moderna. Mentres, os medios dixitais son dirixidos por déspotas avariciosos incapaces de concibir a información como promotora da democracia. En resposta a esta tropa, os xornalistas tamén debemos ser arrogantes a nivel individual; cada un de nós debe abandeirar os valores humanos que fortalecen as democracias reais, onde tódalas voces son importantes no progreso no só dun país, senón da humanidade. Temos que asumir riscos aínda que pareza que todo está na nosa contra, temos que fracasar canto antes e aprender dos nosos fallos para evolucionar e adaptarnos ás novas necesidades.

 PEREIRA VILA, JORGE 152.H02

Advertisements

Posted on 7 Maio, 2015, in Lecturas e filmes, Posts individuais. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: