Sandra Rodríguez, comunicadora especializada en ciencia e innovación en Growcom: “O traslado da investigación á sociedade é fundamental para mellorar a cultura científica, pero tamén para que os contribuíntes comprendan a importancia de destinar parte dos seus impostos a ela”

Para ponerle fin a nuestra etapa en este blog y como actividad de visibilización contactamos con investigadores de la USC, como ya publicamos anteriormente, pero también lo hicimos con una persona totalmente ajena a esta universidad y totalmente ligada a la comunicación de ciencia.

Por ello, le solicitamos a Sandra Rodríguez que nos elabora un comentario con total libertad en el que tratase los siguientes puntos:

  1. ¿Considera relevante el traslado de sus investigaciones a la sociedad?
  2. ¿Cree que la comunicación dentro del grupo es un factor que influye en la calidad de su trabajo?
  3. ¿Cómo se relaciona con la comunidad científica?
  4. ¿Cree que en su campo se hace suficiente comunicación científica?

Y esta ha sido su opinión al respeto:

 image

A responsabilidade de comunicar tamén os fracasos

Polo que respecta á comunicación, os resultados que os científicos logran co seu traballo de investigación saen dos laboratorios principalmente a través de dúas vías: a difusión e a divulgación. En ningún dos dous casos é noticia un ensaio con resultados negativos, algo que para un xornalista a primeira vista pode resultar obvio, pero que en casos determinados, como o da ciencia biomédica, pode chegar a custar vidas.

Todos os campos da comunicación xornalística teñen os seus códigos e as súas rutinas, incluíndo tópicos e hábitos de longa tradición que nalgúns casos perpetúan prácticas moi lonxanas da honestidade cos seus diversos públicos. A comunicación científica non escapa destas debilidades. E aínda que os xornalistas son os que acaparan as críticas por falta de rigor, sensacionalismo e simplismo no tratamento das noticias sobre ciencia, os científicos son os primeiros que deberían facer autocrítica e asumir que teñen a responsabilidade de comunicar non só os triunfos, senón tamén os fracasos.

Estamos fartos de escoitar que os europeos deberiamos aprender da cultura do fracaso que teñen os estadounidenses, aos que non só non lles importa recoñecer que fracasaron, senón que non entenden chegar ao éxito sen ter caído e terse erguido unhas cantas veces. Sen embargo, os científicos estadounidenses son tan conservadores coa súa imaxe dentro da súa comunidade e tan celosos da tradición da difusión científica, que non espallan os fracasos, como tampouco o fan os seus colegas europeos.

Nos anos 80, un grupo de científicos fixo un ensaio clínico sobre a lorcainida , unha substancia que amosaba potencial para atallar as arritmias propias de persoas supervivintes a un ataque ao corazón. Os resultados foron negativos: de 50 persoas tratadas con lorcainida, morreron 10. Das outras 50, ás que se lle administrou un placebo, só faleceu unha. Os investigadores decidiron non publicar os resultados, como era habitual cos ensaios de resultados negativos. Poucos anos despois varios fármacos baseados na lorcainida saíron ao mercado e en 1993 os científicos que realizaran o ensaio clínico entoaron o mea culpa. Se tivesen publicado os resultados teríase evitado a morte de alomenos 100.000 persoas nos Estados Unidos.

Para poder valorar a magnitude deste problema, a Food and Drug Administration (FDA), na que é obrigatorio rexistrar calquera estudo clínico que se faga nos EE.UU, fixo un estudo sobre os realizados nun período de 15 anos. Atoparonse con que aproximadamente o 50% tivo resultados positivos e o outro 50% negativos. Sen embargo, mentres que dos ensaios positivos foron publicados en revistas científicas todos excepto só un, de entre todos os miles de ensaios con resultados negativos só se publicaron tres.

Á vista está que a publicación de ensaios clínicos con resultados negativos é dunha enorme importancia para a saúde pública. E facelos chegar á sociedade, tamén. Por exemplo, ultimamente estanse dando a coñecer efectos potencialmente perigosos para o sistema cardiovascular derivados do consumo de doses de ibuprofeno que eran habituais para persoas con migrañas, dismenorreas e outros procesos inflamatorios.

Cada vez un pouco mellor

En toda a miña traxectoria como comunicadora ligada ao ámbito científico, podo dicir que nunca ningún investigador tratou de corrixirme unha explicación para que o gran público a puidese entender mellor. Sen embargo, continuamente me atopei con científicos dispostos a sacrificar a comprensión do lector dun medio xeralista, mesmo recoñecendo que sería así, “para evitar que algún colega do meu campo que lea isto pense que eu dei unha explicación tan simple”.

Por suposto, na comunidade científica hai persoas comprometidas coa divulgación para facerlle chegar os resultados do seu traballo aos cidadáns, conscientes de que en gran medida o seu traballo é posible grazas aos fondos públicos. O traslado da investigación á sociedade é fundamental para mellorar a cultura científica, pero tamén para que os contribuíntes comprendan a importancia de destinar parte dos seus impostos a ela e mesmo para que sexan reivindicativos coa administración en relación a este tema.

Nos últimos anos medrou considerablemente a conciencia sobre a importancia da divulgación científica dentro dos grupos de investigación. As relacións cos medios e a organización de actividades divulgativas, grazas a iniciativas como o programa de axudas para o fomento da cultura científica da FECYT (http://www.fecyt.es/es/noticia/fecyt-publica-la-convocatoria-de-ayudas-para-el-fomento-de-la-cultura-cientifica-tecnologica), convertéronse en moitos casos en parte relevante da actividade dos grupos. Algúns deles mesmo son conscientes da necesidade de adaptar a súa linguaxe para facela máis accesible aos públicos non especializados e contan con xornalistas que colaboran con eles como enlace.

A apertura de canles como SINC (http://www.agenciasinc.es), na que os propios científicos poden publicar as súas noticias, ou de servizos temáticos nas axencias de medios xeralistas, como EFE Ciencia (http://www.efefuturo.com/), están a facilitar o proceso de normalización da comunicación científica, aínda que queda moito camiño por percorrer.

Os científicos teñen que perder o medo a usar a linguaxe común e aproveitar o potencial explicativo que teñen figuras como as metáfora e as comparacións, utilizando referencias da vida cotiá para achegar os seus conceptos ao público non especializado.

 

Grupo 152.A00

Martínez, Martínez 152.A01

Rey Muras 152.A02

Rodeiro Meijide 152.A03

Sánchez Dios 152.A04

Sobral Diz 152.05

Advertisements

Posted on 10 Maio, 2015, in Firma invitada, Posts individuais and tagged , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: