Política, medios e información política

FIRMA INVITADA: PAULO CARLOS LÓPEZ (COFUNDADOR DE COMPROMISO POR GALICIA)

Dende o principio da era da comunicación de masas, moi diversas teorías, con criterios que van dende os máis específicos ata outros máis xerais, intentaron sintetizar e comprender as influencias que os medios exercen no propio individuo. O resultado do mesmo foron numerosas formulacións que intentan describir, explicar e predecir o que acontece se determinadas persoas se expoñen a específicas formas de mensaxes a través dos diferentes medios de comunicación. A pesares de que as explicacións sobre a influencia da comunicación de masas tratan de paradigmas xerais das ciencias sociais, as liñas de influencia entre ambos dista moito de estar perfectamente claras.

Neste sentido, a aparición da Teoría da Sociedade de Masas con fundamento sociolóxico, serviría como base para o posterior desenvolvemento das teorías de influencia dos medios nas audiencias, mais concretamente das de impacto directo (a partir dos 20) como primeira creación dunha nova ciencia, a Teoría da Comunicación (Communication Research). Esta corrente que irrompe a mediados de século XX co obxectivo fundamental de analizar os efectos sociais, culturais e psicolóxicos das mensaxes que se transmiten polos medios de comunicación de masas, e as reaccións do público fronte as propostas co obxectivo de entender o comportamento da cidadanía. E as que virían despois, dende os efectos limitados ata a teoría do establecemento da axenda.

Para achegarnos cientificamente a analizar a información política publicada en medios (como La Voz de Galicia e El Correo Gallego), cómpre incardinar a este medios como superestrutura dunha estrutura económica concreta, cos seus intereses e mesmo coas súas demandas. O que temos que ter claro é que o obxectividade non existe, e que a produción da información (e máis en época electoral) é tendenciosa e ten efectos, máis ou menos limitados, máis ou menos perceptibles. Dende o titular, ata as fontes (monofonía/polifonía), pasando pola disposición na páxina, a linguaxe, o corpo ou fotografía, o que influirá na percepción da noticia por parte da audiencia. Cuestión que os investigadores sociais, e os xornalistas, os políticas e as políticas, e tamén os partidos, teñen o deber de saber interpretar.

1973901_776816972331152_581768660_o

compromiso.gal

GT 152.B00

Advertisements

Posted on 12 Maio, 2015, in Firma invitada and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: