O morbo xornalístico
FIRMA INVITADA: Serxio María Rodríguez (estudante de Dereito pola USC e columnista)
Fará unha semana que os compañeiros de xornalismo me convidaban a participar nunha tertulia, tan amable como intensa na que trouxemos a colación “a ideoloxía” no xornalismo.
Un tema sen dúbida moi interesante, e máis nun mundo político mediatizado por enquisas e titulares, que deforman a percepción política de moitos cidadáns. Atopámonos nun momento de intensa vertixe política, un partido tarda apenas unha semanas en pasar de agrupación independente e rexional a ser partido de masas.
Chegar a casa e ver enganchado a xente as neotertulias, que se xeran nos canles privados resultan cando menos anecdóticos, dende logo a ideoloxía e o partido perden importancia na area política, a esto teñen contribuído, se se quere entender nunha liña positiva, os medios de comunicación. No mundo de hoxe pouco vale a transcendentalidade, a imaxe é o que importa, os políticos navegan cara discursos fenomenalistas, e reacios a todo o establecido, a política, “se aínda se lle pode chamar así” pasou a depender duns medios de comunicación tan entretidos coma crueles, que poden inflar os resultados “do neopartido de turno”, como afundilo na miseria.
Dicen que as comparacións son malas e eu non gusto delas, de feito non vou a falar nestas liñas de exemplos nin de partidos ou medios de comunicación. Simplemente me limitarei a lanzar unha reflexións que agardo que vostede que atentamente está a ler este texto se poida autorresponder, sería quen de ler noticias plenamente obxectivas e sen ningún elemento morboso e chamativo?, seguro que a súa resposta foi negativa.
Cada vez que vemos unha tertulia política e desfrutamos cos “alaridos” dos intervintes, ou lemos un titular no xornal que ataca ó partido que non nos gusta, desfrutamos e nese desfrute reside o sentido da ideoloxía dos medios de comunicación.
Mentres exista liberdade, haberá xornais libres de dicir o que lles veña en gana,
E nós que os leamos!
GT 152.B00
Posted on 13 Maio, 2015, in Firma invitada and tagged 152.B00. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0