Descolonizar o coñecemento

RAMON

Que é o que nos ensinan na universidade occidental? Segundo Ramón Grosfoguel, o coñecemento de 5 homes de 5 países: Francia, Italia, Alemaña, Reino Unido e Norteamericana.Por que os estudamos a eles e non a outros? Está foi a pregunta que Grosfoguel intentou respostar a través dunha investigación socio-histórica dende comezos do ano 1450 até a actualidade.

O que describiu foron tres grandes xenocidios borrados da memoria. O primeiro é a conquista de Al-Ándalus. Este é o primeiro movemento da expansión colonial europea. Na súa chegada, comezaron expropiando á xente e someténdoa a un tipo de traballo chamado a encomenda. Con esta idea comeza o principio do estado-nación, levando a cabo dous tipos de conversión, por unha banda ao cristianismo e por outra banda ao traballo forzado. Amais, queimaban as bibliotecas para acabar coa memoria dese territorio e escribir a súa propia historia. Polo que, borran multitude de avances científicos que describiron os indíxenas, e escriben unha nova historia na cal o creador é o home europeo.

O segundo grande xenocidio ten lugar coa conquista de América. Aquí igual que no caso anterior queimaron tódalas bibliotecas e implantaron o seu dominio. Colón apuntou no seu día que eses pobos eran pobos sen secta, é dicir, sen relixión. Polo que, se non teñen Deus non teñen alma, e se non teñen alma é como se fosen animais. Cristianizaban aos indíxenas e até secuestraban aos africanos para retelos a traballar como cautivos nas américas. Este era o pensamento dos colonizadores para levar acabo a terrible masacre. Ao longo da historia houbo moitos xenocidios, os que ían da man da epistemoloxía. O que fixen foi secularizar o mesmo discurso racista ao longo do tempo.

A terceira grande masacre foi a das muller europeas que eran acusadas de bruxas e queimadas vivas. O motivo de tal crime non era outro que posuír coñecemento. Estas mulleres tiñan saberes indíxenas que aos colonizadores non lle interesaba que ninguén soubera. Aínda que sexa incrible, non había patriarcado en moitos países do mundo antes de chegar os europeros. Don Ramón descubriu que a universidade está cargada de estruturas dos xenocidios epistemolóxicos, racistas e sexistas.

Polo que, podemos concluír que nun primeiro momento , o dilema era relixioso :“ o teu Deus é inferior ao meu”. Logo pasou a ser máis persoal: “ ti como persoa es inferior a min”. E ese un dos motivos polos que estudemos a vida deses 5 homes dos 5 países, afectando á produción en xeral e ao coñecemento humano. O que se fai é inferiorizar o coñecemento do outro fronte a esas 5 figuras. Isto fíxose ao longo da historia, xa Descartes dicía “ Penso logo existo”, ese “existo” todo o mundo sabía que se refería ao home occidental. Por outra banda, Kant tamén afirmou que a racionalidade estaba en occidente, xustamente “ao norte dos Pirenos”.

No século XVI os conquistadores impoñían o cristianismo. No XIX a civilización, no XX o desenvolvemento e agora no XXI , impoñen a democratización. En canto aos medios, Don Ramón afirma que si que existe un modelo posible para que sexan democratizados: crear medios comunitarios, que estean na man dos cidadáns. Xa que sempre que estea baixo o dominio do estado moveranse segundo intereses. Grosfoguel conclúe con que a mellor sociedade é aquela na que existe un control desde abaixo e non unha na que nos intentan dicir que é o mellor para nós.

GÓMEZ CALVO, NOELIA   151.D02

Posted on 13 Maio, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: