Cinco países e tres conquistas
Ramón Grosfoguel estivo presente o pasado martes na aula 3 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta conferencia o puertorriqueño falou da Universidade, entre outros temas. De aí os cinco países: son un total de cinco nacións (Francia, Alemania, Inglaterra, Estados Unidos e Italia). Os homes deses países, que reúnen un porcentaxe moi pequeno de poboación, son os que teñen o poder para decidir sobre o futuro da Universidade de todo o mundo. As mulleres deses cinco países tampouco teñen ningún tipo de voz ou voto.
Por outra parte, para poder entendelo temos que remontarnos a tres conquistas históricas, que na súa maior parte estiveron protagonizadas por España. A reconquista cristiana dos territorios de Al-Andalus (lugares como Granada, por exemplo). A colonialización despois extenderíase ata América. Os territorios de América foron colonizados, de forma que os colonos foron obrigados á escravitude, quitándolles o seu ‘chip’ propio, o seu ‘chip’ ancestral, para instaurar o dos colonizadores. Outros foron directamente asasinados. Quedan pobos sen alma, sen adn.
A partir de aí, chegaría África. A inferiorización das culturas alleas. As colonias que destruíron aínda máis o continente negro. A base da situaciíon actual de países como Congo, Costa de Marfil, O Sáhara… Os propios africanos tiveron relación con América, porque moitos foron levados como escravos ata o continente descuberto por Cristóbal Colón.
Todo ven dado dos pensamentos de inferioridade: ti eres inferior ca min, polo tanto, eu podo escravizarte. A islamofobia. A fobia ás mulleres, neste caso, de volta a Europa. Desafrotunadamente, estas bases seguen ocorrendo. Moitos países, que estiveron ocupados polo ‘marabilloso primeiro mundo’, seguen sufrindo estes problemas. É interesante ver a opinión dunha persoa que provén dunha desas zonas do mundo. Sempre é bo e necesario coñecer tódalas caras da moeda. Moitos medios intentan facer outro xornalismo, entre eles, os medios comunitarios.
GÓMEZ CASTRO, DAVID 151.H01
Posted on 14 Maio, 2015, in Posts individuais and tagged 151.H01. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0