Tratamento da actualidade nos medios
FIRMA INVITADA: Mario Tarrío Soto (membro das Xuventudes Socialistas de Galicia)
Ninguén dubida que estemos ante un contexto político e social moi convulso. Tanto as novas tecnoloxías como as redes sociais romperon co oligopolio dos grupos editoriais encargados de informarnos diariamente. Non obstante, a pesares de que este acontecemento teña un balance positivo, pasamos de estar informados por unhas poucas vías a unha clara saturación de noticias nas que, nalgúns casos en particular, non está probada a súa autenticidade ou procedencia.
Porén, resulta máis necesario que nunca ter uns medios públicos independentes, con profesionais ben formados, que garantan a veracidade da información a tratar. Así e todo, a realidade volve a distar deste ideal. Un claro exemplo de manipulación informativa é o ente público RTVE (e analogamente en Galicia, a CRTVG), onde tras a chegada ao poder do Partido Popular, as inferencias do poder executivo no traballo do seu personal son unha constante.
Non deixaremos de esixir unha información independente que sexa tratada exclusivamente por profesionais preparados. Non queremos interferencias nin de partidos políticos nin de grandes grupos de presión mediática, xa que ambos atenden aos seus propios intereses. Apostamos por unha información como servizo e dereito colectivo, para que a cidadanía poda xulgar con liberdade calquera acontecemento. Pois unha sociedade realmente madura é aquela capaz de interpretar a información por si mesma, lonxe doutras valoracións interesadas.
GT 152.B00
Posted on 15 Maio, 2015, in Firma invitada and tagged 152.B00. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0