Luces alén do mar
Firma invitada de Hector Miguéns Moares, emigrado actual en Sevenoaks
“Dende aquí leo os xornais españois por internet. Atópome sempre o mesmo: cifras numéricas de cantas persoas saen do país, os motivos polos que se van e as poucas oportunidades de traballo que hai agora en España.
En Inglaterra hai bastante debate sobre o tema da emigración. Plantexan se hai demasiada ou se pola conta, a cifra é normal. Cada pouco tempo sae Farage a dicir que teñen que limitar o número de xente que está entrando, non din nada mais que cousas dese tipo. Os motivos e xustificacións redúcense a querer gañar máis cartos. Trátanse como viaxeiros ou emigrantes? Para min nin unha cousa nin outra, no traballo son un mais e tamén hai moita xente de fóra, coma min. Os españois están bastante ben vistos, dos que se fala é dos europeos do leste. Sobre todo de rumanos e polacos que son dos que máis hai. A min non me gusta que veña xente que cobre o mínimo porque fai máis difícil que os de aquí atopen un traballo e gañe decentemente. Ese é o principal motivo polo que aquí hai euroescepticismo. En España din que se debería evitar que marchase tanta xente formada porque a larga vai ser malo, pero que é normal coas poucas posibilidades que hai agora mesmo. Eu teño claro que me vou xubilar aqui ”
Posted on 17 Maio, 2015, in Firma invitada, Posts grupais and tagged 151.D00. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0