Luces alén do mar

Firma invitada de Matilde Bermúdez, emigrante galega.

“Eu fun emigrante mais non estiven realmente emigrada en Cuba. Cando eu fun á illa foi para traer de volta ao meu marido, logo da revolución, porque con Fidel no poder as cousas complicáranse e non era tan doado volver. Miña irmá si que estivo emigrada en Cuba co seu home e non voltou. Ela traballaba nunha gran fábrica de confección da compañía de Fidel. Eles estaban no círculo próximo ao goberno e eran afíns a este. Na miña opinión, para os emigrantes galegos non foi nada beneficioso. Aqueles que marcharan tempo atrás na procura dun traballo e de poder ter algo de seu, coma o meu home, que traballaba nunha fábrica de xeos que montara outro emigrante galego alá. Aqueles que comezaban a ter diñeiro e propiedades, perdéronas. Expropiáronlles as vivendas e ata os automóbiles. Moitos pasaban a Estados Unidos como podía, eu coñecín algún caso de feito. Unha familia galega emigrada en Cuba que perderon todo o que gañaran traballando e fuxiron para Estados Unidos a comezar de cero outra vez. No meu caso, volvín polo meu home e retomamos a vida que tiñamos aquí.

Eu estiven pouco máis dun ano alí pero ben coñezo a experiencia do emigrante. No noso caso só podo falar ben do pobo cubano. A min nunca me trataron con inferioridade nin con prexuízos por ser galega, nin moito menos. Eran máis agradables e extrovertidos que aquí. Teño preguntado por onde quedaba algún sitio e vir comigo ata alí. Nese sentido só podo falar ben. Supoño que non todos correron a mesma sorte.”

151.D00

Posted on 17 Maio, 2015, in Firma invitada and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: