Luces alén do mar
Para rematar a nosa traxectoria contamos con tres firmas invitadas feitas dende a diversidade cultural que conforma a nosa sociedade. Con elas falamos dun mesmo tempo desde as diferentes perspectivas posibles, poñéndolle o broche final ao noso achegamento ás raíces do que somos hoxe.
FIRMA INVITADA: Manuel Barros
“Cando o meu bo amigo, Carlos Loureiro, púxose en contacto comigo para que dera a miña opinión nun blogue dunha das súas ex alumnas o que menos me esperaba era que tratara sobre a emigración galega cara América Latina. A iniciativa pareceume do máis interesante, xa que non é moi común nos nosos días toparnos con traballos que tenten recompoñer unha das partes máis gloriosas e entristecedoras da historia do noso país.
Eu son Manuel Barros, fillo de emigrantes galegos en Cuba. Pola influencia duns pais emigrados, preocupados polo que deixaran, decateime da importancia da miña identidade e da necesidade de conservala. Xa de maior, decidín vir a Galicia a coñecer as miñas raíces, practica que repito sempre que poido. Desa maneira comecei a traballar en Hijos de A Estrada e tamén colaborando co Centro de Gallegos de La Habana.
Despois de estudar o que supuxo a emigración galega e de coñecer, da boca dos meus proxenitores, as historias que hai detrás deste movemento vexo imprescindible darlle visibilidade a unha característica esencial na identidade da nosa Terra e do carácter das nosas xentes. E por estas mesmas razóns, vexo indignante as denominacións que reciben os movementos migratorios actuais. Se veñen ao noso país so buscan quitarnos o pouco que temos e se somos nos quenes marchamos supoñemos mobilidade exterior e ímonos en busca de formación. As condición por suposto que son diferentes, pero se non nos percatamos dos erros a tempo cometeremos os mesmos que fai un século. Quitarémoslle importancia ao que nos fai galegos e agocharemos unha das partes máis salientables da nosa historia.”
151.D00
Posted on 17 Maio, 2015, in Posts individuais and tagged 151.D00, Firma invitada. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0