Author Archives: Pemulis

O blog reactívase!

Pois iso, despois da Semana Santa tan cutre que tivemos en comentarios, aínda precisamos outra semana máis de resaca para que por fin se retome seriamente a actividade do blog, sobre todo grazas ó debate (aínda que un pouco confuso si está a ter bastante seguimento) e ós grupos de comunicación exterior.

Polo que fomos lendo, estes son os comentarios máis interesantes:

Como a orde non é sinónimo da calidade dos comentarios, aquí vos van “a piñón”:

O de Rubén en El periodista ejerce su labor en el centro de una telaraña, ou o de Raquel Rodríguez en O xogo da guerra son unhas visións bastante persoais do comentado no post, pero tamén temos outros como o de María González en A bombra de Facebook, ou a versión máis “protestong” de Pablo Mayo en O xornalista funcionario. Blanca, amósanos en Experiencias Facebook que o seu traballo de TGA (e a exposición que nos deu na clase) non foi en van, e Javier González danos a súa visión da película This is England no comentario homónimo. Por último, para non esquecernos do debate, de aí rescatamos o comentario de Álex sobre como deberían actuar os medios locais se queren garantirse un futuro.

Seguide participando así!!

Unha semana parca en comentarios.

Como era de supoñer, esta Semana Santa non foi especialmente prolífera no que a comentarios se refire. Como xa teredes visto, a maior parte deles estiveron nos posts de colaboración externa, pois por primeira vez afrontamos un período sen os “fatídicos TGA” e máis ben poucos TGP…

Con todo, aquí non hai tregua, e puidemos extraer algunha que outra cousiña que vos pode interesar, como por exemplo o comentario que nos deixa Moncho no fío de Por que Finlandia? sobre a súa experiencia como Erasmus no propio país. Por outra banda, tamén contamos con outro comentario bastante interesante no fío de Como conxugar comunidades en Belfast?  ou o de Calvo Salgado no fío de A (outra) rede social

De momento, isto é todo esta semana… Ata a próxima!

Os comentarios da semana!

Hoxe, co traballo conxunto dos grupos EIC e Crítica e Corrección, podemos abrir un novo fío sobre os comentarios máis destacados da semana, para que vos poidades ir facendo unha  idea de por onde andan os debates máis encarnizados, os temas máis intrigantes ou sinxelamente os comentarios máis elaborados.

En primeiro lugar, atopamos o gran debate que se montou a raiz das polémicas conclusións do grupo 4A3 sobre o uso que facemos das redes sociais, no seu artigo  Facebook, ha sido un placer.

Tamén o interactivo 4 nos deixou un exemplo de que a simplicidade pode ser o clave do bo gusto e a corrección: “Moi interesante todo, si” no medio doutro debate bastante intenso sobre a  evolución da educación.

Por último, o elemento subversivo de hai un par de semanas, Carlos Callón, volveu regalarnos unha visita, (desta volta dixital) solicitando que non se malinterpreten as súas verbas. Tédelo en  Porque un debate non é unha pelexa.

Un saúdo e deica a semana que vén.

EIC

Imaxe e lembranza. O principio da fin.

As ideas están xa todas postas en común; soamente nos queda facer o corpo do traballo, pero non resulta doado.

Esta semana, ás conclusións que fomos extraendo durante os dous últimos meses, fomos engadíndolle fundamentos teóricos, fundamentalmente do tema tres, debido á súa vinculación coa entrevista (ferramenta da que nos servimos en maior medida), pero tamén das unidades cinco, tres e unha. Foi curioso observar como feitos cotiás totalmente habituais na realidade, feitos que damos “por feitos” (e o escribimos aposta, críticos e correctores) se corresponden con fundamentos teóricos  nos que nunca nós paráramos a pensar, se ben tamén hai certos aspectos da teoría que non somos quen de relacionar co observado nas nosas entrevistas.

Deste xeito, tras ter feito unha descrición dos nosos obxectivos e ferramentas, estamos a escribir como se relacionan as entrevistas e as súas respotas con conceptos que viamos tan afastados como as estratexias e tácticas de comunicación, o localismo,  os espazos que inflúen na comunicación ou os “xeitos de facer”…

E… falando de entrevistas, deixámosvos con todos uns expertos (un en preguntar, o outro en contestar):

 

Con isto, despedímonos ata a semana que ven. Hasta mañana, pecadores!

GI4, 4B1

 

Galego Lab

Que é GalegoLab. É unha organización sen fin de lucro, fundada en 2010, que ten como obxectivo o impulso de accións concretas de promoción da lingua galega, cun enfoque de abaixo-arriba, con especial incidencia nas culturas emerxentes e na naturalidade da vida cotiá. A súa ferramenta principal é a web GalegoLab, unha rede social de crowdsourcing, para concitar apoios ás accións propias e as que propoñan os usuarios e outros colectivos. Esta web está en marcha dende o 20 de maio do 2010.

Cales son os seus obxectivos. O obxectivo da web de GalegoLab é promover novas ideas de actuación a prol da lingua galega, coordinar recursos para esas actuacións, e executar e diseminar os resultados das mesmas. Read the rest of this entry