A necesaria evolución xornalística, debe apuntar cara a unha maior actividade por parte dos xornalistas na nova sociedade. Ademáis da virtude para compoñer textos interesantes con enfoques orixinais, os profesionais da información deberían lembrar e reforzar o seu labor coma transmisores de coñecemento, e o seu rol de mediadores sociais.
A especialización e a interactividade son fundamentais para que a nova sociedade recorra ó xornalismo en busca do contraste co xuizo propio, de información experta, e un intercambio de visións de cidadán a cidadán, xornalista e usuario na procura do mesmo: que os cidadáns se manteñan en contacto continuo co máis representativo da súa realidade, permitíndolles que as súas opinións, inquedanzas e vivencias, conten á hora de realizar esa búsqueda, rexistro, difusión e conexión diaria co seu entorno social.
Os mediadores sociais, especialmente os dixitais, deberían por tanto achegarse o máximo posible ós cidadáns, poñerlle un rostro ós problemas, e permanecer inmersos na pel da sociedade en torno á cal xiren os acontecementos a abordar, favorecendo a cohesión e a identidade, e fomentando a diversidade. É preciso que as comunidades teñan en mente que sexa cal sexa a situación particular de cada quen, as diferenzas económicas, ideolóxicas, culturais…etc todos estamos afectados polas decisións dos nosos gobernantes, e teñen que ser eles o obxectivo común da nosa mirada máis crítica independentemente das nosas preferencias políticas. É ahí onde hai que traballar máis, facer que os cidadáns (incluíndo ós xornalistas por suposto) lembren a súa responsabilidade como membros do sistema no que se moven cada día, e que participar no devir da súa comunidade, do xeito que lles sexa posible e que máis lles motive, nin custa cartos, nin é unha ideoloxía, senón unha atitude que beneficiaría ó individuo e ó conxunto, ó particular e ó xeral.
O negocio das empresas informativas non pode contaminar o compromiso social. A ética é primordial; hai que loitar por rematar coa unidireccionalidade das mensaxes, e por riba de todo, vixiar ós intereses das fontes.
O xornalismo local, pola proximidade, ten unha maior facilidade para levar a cabo esta tarefa de construír unha mellor sociedade que preserve a identidade propia nun entorno mundializado.
Os medios de comunicación exercen a miúdo de movilizadores sociais, maioritariamente cando atenden asuntos políticos de gran peso, e iso é algo positivo, máis considero que necesitan mellorar nese aspecto, pois como é posible que a día de hoxe (e falo en xeral), despóis de difundir numerosas noticias sobre a polémica reforma laboral 2012, e as reaccións que ten xerado, despóis de que miles de cidadáns saíran á rúa a manifestarse en contra dela, poucos foron os medios que incluíron nas súas informacións máis puntos e detalle da mesma que o facilitar e abaratar o despido? Non terá que coñecer a xente as dimensións e consecuencias de aquelo contra o que se pronuncia? Está claro con eses dous puntos que non beneficia precisamente ós traballadores, e este non é máis que un pequeno exemplo para ilustrar que o labor dos medios de comunicación é ofrecer unha información precisa e completa como condición indispensable para que esta sexa útil. Senón, estarán a producir opinións pouco fundamentadas e non lle ofrecerán ós cidadáns a información necesaria para que poidan defenderse con seguridade, sabendo contra que se enfrentan exactamente, xa que sempre hai quen trata de botar por terra os movementos cidadáns apoiándose na idea da ignorancia da maioría que é manipulada por unha minoría rebelde comecocos.
Brea Ledo, CL4X