Author Archives: Gala Martínez-Romero Martín

Ti coñecías esta historia?

Ata aquí chegou a nosa andaina cos avós. Deseguido deixámosvos as conclusións que sacamos de toda esta aventura:

• Si que se dá transmisión de valores entre avós e netos, non plena pero si parcialmente.

• En relación co apartado anterior, o compoñente social determina que esa transmisión sexa de carácter parcial. A sociedade non é estática: o contexto no que viviron os nosos avós é diferente ao noso.

• O modelo de transmisión de valores é de tipo configurativo, onde netos e avós se imitan entre pares. Con todo, os valores pasan de maiores a novos e séguense tendo en conta a opinión e os pensamentos dos avós.

• Despois de reflexionar e a pesar de centrármonos máis nuns aspectos ca noutros, chegamos á conclusión de que os factores de maior repercusión para a transmisión dos valores son: o tipo de relación avó-neto, a familia e o contexto social.

Read the rest of this entry

As cadeas do pensamento

Algunha vez reparaches no que pensas das migracións? E de por que pensas o que pensas? En Galicia, moitas das nosas familias coñecen a emigración de primeira man, o que fai que nós tamén sexamos partícipes ou polo menos herdeiros da vivencia da emigración.

Dous titulares de prensa “seria”:
Bandas de georgianos, rumanos, búlgaros y kosovares roban en pisos y empresas alavesas

Más de 11.000 jóvenes gallegos emigran al año en busca de empleo

Xa vedes que a cousa é ben distinta. Como sabedes, a emigración en Galicia é un piar básico da nosa historia. Os avós lémbrannos día si, día tamén como a xente marchaba na procura dun futuro mellor. Os galegos deixaban a terra para traballaren, por necesidade, por pobreza… Agora, a inmigración é outro conto. Nestes titulares vemos a percepción social que temos do rol do inmigrante, percepción que muda radicalmente cando toca falar de nós mesmos. Frases como “antes marchabamos con todo regulado, Read the rest of this entry

Redes Urbanas

Como adelanto al tema “Comunicación y territorio” hay un vídeo en la web de la UNED que nos puede dar algunas claves para empezar a familiarizarnos con los conceptos… Se dice en él que “Las ciudades organizan el territorio a través de sus funciones“, y se habla también de ellas como áreas de influencia que pueden llegar a hacer surgir el efecto de la “conurbanización” y la creación de “megalópolis“. Dos palabros para apuntar, desde luego…

Aquí lo puedes ver.

Alegría, alegría, que vén a romaría

Misión cumprida. Se no post da semana pasada diciamos que as conversas aínda estaban a xermolar, hoxe podemos anunciar que foron todo un éxito. Máis aínda, quen nos ía dicir que alá polos anos 50 os rapazolos chegaban á casa ás tantas da mañá tras unha noite de festa rachada? Se é que antes xa eran rebuldeiros, que non vos é invento do botellón. Preguntade, preguntade os vosos avós e se cadra descubrides algún segrediño que nunca se vos pasaría pola chola. Xa sabedes, se queredes un pouco de terapia familiar facede coma nós e mudade o TGA.
Se non vos fiades da nosa palabra, deseguido poderedes escoitar o testemuño dos avós de Cristina. Ai que perigo tiñan… Premede, que non ten desperdicio.

Pincha aquí para escoitalo.

Outras entradas do noso poxecto:

Da lareira ao radiador

– Abuelito dime tu

(3a1)

ALEX e Marañón: dous modelos distintos de acción social

A semana anterior analicei diferentes medios de comunicación locais e decidín escoller a canle de radio-televisión de Berlín ALEX, por considerala interesante a nivel de estrutura e organización. Como medio americano optei pola canle televisiva Parinacota TV, xa que nalgúns vídeos da súa web, a súa actividade parecía interesante . Despois de pensalo e analizalo co profesor en clase, este comentoume que ALEX era unha boa idea pero que era mellor que o analizara como radio. Por este motivo, (unido á falta de contactos en Chile) desbotei a opción de Parinacota TV e reemplaceina, despois da búsqueda en clase, por Radio Marañón, unha canle de acción social pertencente á rede AMARC e moi importante da zona Norte Oriente de Perú. Deste xeito, a miña primeira semana de análise a dediquei a atopar recursos na rede, Internet. No realtivo a ALEX, o profesor facilitoume un vídeo-cámara dunha visita polas instalacións deste medio, e un extracto sobre unha entrevista realizada a Volker Bach, o seu director. Ademáis, a propia páxina web de ALEX ofrece bastantes posibilidades de actuación, xa que puiden obter dende aquí a súa emisión en directo (á que puiden acceder con algunha dificultade idiomática), así como a programación e a descrición dos programas que se emiten, o que me serviu, en grande medida, para acceder á realidade do medio, cun sistema de participación, tal e como puiden comprobar en páxinas webs e xornais.

Por outra banda, no tocante á Radio Marañón, atopei bastante información, tanto como na acción social da radio como no tocante a teoría acerca das radios e medios comunitarios en Perú, que me servirán de moita axuda no meu traballo. Así, despois de entender cómo funcionan as radios, a semana que vén comenzarei a escoitalas e a recoller e ler libros para axudarme nos marcos elixidos.

Daniel Luaces Eiras

En Portada: Para siempre

Hoxe abrimos sección. En PORTADA colgaremos productos audiovisuais (texto, video, son…) que recibamos propios dos nosos lectores.

Comezamos cun corto de Alberto Sánchez Lozano en colaboración coa Asociación Cultural Catarsis. Pincha aquí para acceder o seu blog, onde podes atopar outras creaciones…

El lunes al sol

¡Me gusta este lunes! ¡No hay clase y encima hace buen tiempo! ¡Me he levantado a las nueve de la mañana y me he preparado un pedazo de desayuno! Por sentirme como una marquesa he ido a desayunar al salón y he puesto a Mozart de fondo ¿Cursi? Sí, quizás…¿Peliculera? ¡Seguro! Pero la sensación de tiempo no me la quita nadie… Sin prisas, sin horarios y sin reloj he desayunado leyendo el periódico El País, del domingo. Sólo compro este periódico los domingos…La economía no da para más…me he leído todos los reportajes, desde el tráfico de niños en la época franquista al conflicto de Libia. Y luego algunos artículos, por ejemplo, los dedicados a Alberto Granado, compañero y amigo del Che Guevara y recientemente fallecido o uno sobre la suerte desdichada de las misses, dedicado a la reciente muerte de la única Miss universo española. Así he pasado cerca de dos horas. Después de mi espléndido desayuno sin restricciones horarias le he dado un breve vistazo a los titulares del día, en El País y La Voz de Galicia digital.

El tiempo ya me empezaba a pillar así que fui corriendo para la ducha, hacer la maleta y para el coche. ¡Dos horas de viaje a mi pueblo!

Llegué justo para la hora de comer. Y mientras degustaba las deliciosas albóndigas caseras de mi madre no le quitaba ojo a la televisión, donde Darek (ex novio de la Obregón) anunciaba su próxima boda en el programa de la Igartiburu. Entre albóndiga y albóndiga, famoso por aquí y por allá. En pocas horas, pasé del conflicto en Libia al conflicto de los Presley.

La comedia humana nunca se queda sin material, nunca te defrauda” Tom Wolfe.

(3 r) Silvia Muiña

Da lareira ao radiador

Tras a elaboración do modelo de conversa que fixemos a semana pasada, estamos comezando a falar cos nosos avós para dar resposta a todas esas preguntas que vos plantexamos o pasado luns. A tarefa está a ser bastante divertida porque eses velliños entrañables que noutra época estiveron sentados ao carón da lareira agora están ao lado do radiador encantados de ser os protagonistas de algo que aínda non acaban de entender. Nos días que quedan de Entroido aproveitaremos para seguir afondando nos miolos dos nosos avós e ter listo o material sobre o que despois faremos a nosa análise.

Veremos que contan.

Na procura de referentes para a nosa reflexión, atopamos este vídeo no que unha neta pregunta ao seu avó sobre a vellez. Pareceunos, canto menos, entrañable.

Outras entradas do noso poxecto:
“Abuelito dime tu”

(3a1)

“Abuelito dime tu…”

Cando foi a última vez que tiveches unha conversa con teus avós? Reparaches algunha vez que, se cadra, non aproveitas todo o tempo que tes con eles? Realmente pensamos tan diferente? Con todas estas preguntas na cabeza comezamos a facer o noso traballo, tentando reflexionar sobre a forma na que nos comunicamos cos nosos avós e como inflúe iso na transmisión dos valores. A relación comunicativa que temos con eles será analizada a través do grao de motivación, reciprocidade, empatía, a posición de cada un na relación… Mentres que os valores que se transmiten estudaranse a través de preguntas relacionadas coa familia, o traballo, a educación, a posición da muller na sociedade … todas as cuestións que, ao noso parecer, poden marcar a personalidade dun individuo e poden ser obxecto de transmisión interxeracional. A través dunha conversa con eles tentaremos dar resposta e solución a todas estas preguntas que nos moveron a facer o traballo.

(Grupo TGA 3a1)