Author Archives: pedraio

Jeff e o Correo Gallego

Non acostumo a escribir post, pois iso é prerrogativa pra min dos alumnos, de vostedes. Pero hoxe, tomando o meu habitual cortado descafeinado nun bar do meu barrio fóiseme o grolo para o outro lado cando vin iste editorial digno de funambulistas. Velaí

http://www.elcorreogallego.es/opinion/la-quinta/ecg/pianistasa-no-gracias-periodistas-mucha-honra/idEdicion-2012-05-03/idNoticia-744508/

Compartoo coa cara de pampo que fiquei ao mirar tanta miseria. Estame ben por ler cousas tan falaces, retortas e mentirosas que asentan a democracia mediática, a ocultación e iso que os empresarios chaman a Liberdade Prensa e non Liberdade de Expresión. Por algho a diferenciarán, só hai que mirar na sitiación (non situación) en que están os compañeiros do Grupo Correo. No día dista señora patroa nosa, reclamo a liberdade de falar ás claras,…como é posibe, e ísa é outra,l que na festa da Liberdade de Expresión, no mesmo “living” da nosa casa, poidan aparescer ao carón da pancarta aquiles que estimulan o mercadeo e a conculcan de continuo?

Esto xa non é triste, é escorrer de tolerancia polas pernas.

Un saúdo e boa festa.

Martínez Hermida CIC

Do profesor a todos os usuarios do blog

ESTE POST É DE LECTURA OBRIGATORIA PARA OS USUARIOS DESTE BLOG.

Nistas primeiras semanas de blog tivemos oportunidade de manifestar as nosas querencias, intencións e intereses no Blog Común e persoal, acadando algunhas relacións, reflexións, certos inxeños e comentarios señeiros que, nembargantes, pérdíanse entre a urdime de respostas, ás veces mecánicas, e de temáticas, ás veces moi colaterais e de escaso percorrido argumental. Para nada todo é negativo, non o é,  só que podemos melloralo entre todos co propósito de ampliar os nosos coñecementos e aportar de xeito que sexa beneficioso tamén para todos. O Blog debe emerxer desde nós, desde o compromiso no marco da asignatura.

Por tanto, precisamos orientar de inmediato o compromiso e participación no Blog cara uns liñamentos básicos que permitan que nos aproveitemos dos materiais, recursos, experiencias e temas que abranguen a asignatura Comunicación Interpersoal e Comunitaria.  

O enfoque novo ou reaxuste implica que, de cara a unha mellor avaliación posterior dos post recibidos pero tamén da aprendizaxe individual, sigamos as premisas que os compañeiros dos grupos GBCP e GOBE desenvolvan. con especial atención á cura do Libro de estilo e ás etiquetas permitidas  Etiquetas  que están incompletas, xa que faltan aínda moitos grupos TS e ProT que  a día de hoxe non remitiron os formularios como se indicou, o cal produce moitos atrancos no arranque das súas tarefas aos grupos GOBE e GBCP.

É imprescindible seguir as orientacións formais e de contidos que aconsellan estes compañeiros e, na súa man está en protexer e eliminar os documentos que se remitan e non cumpran as normas de estilo e do etiquetado admitido, coas conseguintes consecuencias na avaliación. Aportemos, xa, desde as mesmas normas para todos. Facilitemos o seu labor para que o Blog poida facer a súa función, que non é a de mero depósito.

Insistir, asemade, en varias cuestións de importancia fundamental: a) a escrita de post de TS e ProT; b) as actividades dos TS  c) os post persoais; d) as respostas e comentarios; e) a entrega dos textos f) colaborar co blog en apartados como Erasmus e ligames a páxinas e outros blog de interese. O uso dos recursos, g) os compañeiros de Comunicación local; h) as metodoloxías e i) os comentarios do grupo GOBE.

a) a escrita de post de TS e de ProT: cabe esmerarse na presentación dos post semanais dos TS e ProT, o seu perfil, en xeral, continua a ser baixo na descrición dos traballos a realizar. Precisan ser ilustrados coa experiencia e a documentación. A partires de agora teñen que levar ligames, cando menos 1, que expliquen o proceso, ou ben conceptos e exemplos que axuden a comprender o traballo. Non serán admitidos aqueles que non leven ligames ou referencias de tipo bibliográfico, cando menos. Deben utilizar o sistema APA para as súas referencias.

b) as actividades, a súa evolución, dos TS teñen que ser visibilizadas nistes Post semanais, ou tamén (avaliarase  á mellora) nos post individuais da xente do grupo que fagan referencia aos TS. Convén ir promocionando e adiantando as actividades de cada grupo cara a súa exposición posterior no Blog.

c) os post persoais deberan orientarse a exemplificar conceptos e temas da materia (ver Materiales en pestana superior do Blog), combinando cos intereses temáticos propios do usuario. Como se apunta en b) os post persoais poden axudar a completar desde a visión persoal as tarefas nos traballos, aportar, documentación ou relatar encontros con persoas involucradas nos temas, ou ir adiantando materiais e referencias sobre as actividades.

d) as respostas e comentarios aos post non poden ser meramente de confirmación ou adhesión. Eliminaranse e non contarán na avaliación aquelas colas que non aporten á polémica, debate ou argumentación. As respostas e comentarios deben levar á crítica construtiva, apoiada en preguntas, argumentos claros e documentados, con ligames ou referencia a autores, bibliografías e apuntamentos (en Materiales, na pestana superior do Blog) Paga a pena entre compañeiros dos traballos, e da aula, fornecer estratexias de apoio para incentivar e mellorar as colas no Blog.

e) a entrega dos textos (ao fin ao cabo, expresión dos traballos en curso) deben ser entregados no prazo xa explicitado, dependendo do seminario ao que se pertenza. Non será admitido ningún post fóra do prazo e o GBCP está autorizado a bloquear e protexer aqueles post que sexan entregados fóra de prazo. O profesor estimará, no seu caso, a comeniencia de ser publicado ou non, por tanto ser avaliado ou non. Con respecto á non entrega en prazo, ver Guía do Alumno.

f) colaborar en tarefas de documentación ou recuperación de post de alumnos de Erasmus, Séneca ou outros programas de desprazamento, ou aportar ligames a páxinas e blogs de interese para a materia avaliarase á mellora. Estas aportacións serán dirixidas aos compañeiros do seminario adscritos ao grupo GBCP, que citarán ao alumno que provisionou a fonte. Os post sobre externalización son vitais para documentar e coñecer as condicións, lugares e idoneidade da proxeción de estudos no ano que ven; do mesmo xeito ás referencias e ligames a páxinas de interese e blogs que teñan que ver coa materia como material complementar e de consulta de coñecementos ao debate. Aléntase, asemade, ao uso dos recursos no propio Blog (ver, por exemplo, pestanas de Materiales, Anuario,…) para tirar de información que sirva para fortalecer as argumentacións e realizacións. Tamén, e non en menos consideración. se deben utilizar textos e técnicas proporcionadas polo profesor nas aulas e na reprografía (Test-guía, tecnicas de Redes Sociais,…) implementándoas se é posible, ou aportando artigos, lecturas, libros dixitais,… para o apartado de Materiales do Blog. O profesor cuidará, mediante o GBCP, a idoneidade e aceptación distes recursos, coa conseguinte mellora da avaliación.

g) os compañeiros de Comunicación Local deixan semanalmente post que precisan seren respostados e comentados. Aproveiten a oportunidade, mellorando a súa avaliación, para atopar impresións, respostas, confirmación ou non dos seus intereses nos traballos que están a facer cos compañeiros de 4º de Xornalismo. Cando menos teñen a experiencia de dous anos máis de carreira e poden axudar a desvelar arelas, materiais, informacións,…respecto dos asuntos que lle preocupan e, sobor de todo, dunha parte da materia moi importante na que poden intercambiar materiais e concebir estratexias de apoio.

h) as metodoloxías. No apartado de Materiales, Tema VIII, hai algúns instrumentos que lle poden ser útiles tanto na escrita como nos procedementos a levar a cabo nos TS e nos ProT. Evidentemente non están todos e o profesor dispón de metodoloxías que poden axudar a aproveitar mellor o rendemento dos seus traballos. Como di na Guia de alumnos  hai procedementos tanto formais, como de contido, que deben seguir para que as memorias,cando menos, sexan pertinentes e non sexan rexeitadas por cuestións de forma ou procedemento para a súa avaliación. Do mesmo xieto as aulas de seminarios, agora ceibas, poden ser aproveitadas para perfilar as metodoloxías, instrumentos e economias da análise e proceso dos seus traballos. Nisas horas o profesor, máis compañeiros do grupo GBCP, están ao dispor para solventar e reconducir aspectos de procedemento e formais. Os seminarios actuarán como titorías grupais ou individuais para solventar traballos de TS e ProT. En todo caso, e para mellor atender as demandas, é comeniente que remitan correo previo ao mail da asignatura coas preguntas ou problemas a resolver nisas horas.

i) os comentarios do Grupo GOBE. Mañán, 12 de marzo comeza a súa actividade o grupo GOBE que vai a estar pendente de comentar os post dos ProT, os post persoais e serán os encargados de visibilizar as tarefas que vostedes realizan coas organizacións nas que foron admiidos. É inexcusable facilitar o labor distes compañeiros tanto na resposta argumentada aos seus comentarios e preguntas no Blog, como a procurar información e disposición do grupo na colaboración de observación da marcha dos ProT, sempre co fin de mellorar os procesos de traballo, mediar entre grupos e organizacións e fornecer visións externas dos procedementos. O seu labor tamén é completar documentación que poida servir ao deenvolvemento axeitado do ProT. Por favor, faciliten formularios e cadros de actividades no ProT para que desenvolvan o labor nas mellores condicións.

Esperemos, así, mellorar este Blog e a rendibilización dos aportes que poida facer a materia. Grazas a todos.

Martínez Hermida CIC