Arquivo do blog

Peñas futbolísticas: Estudo

141 C00

 Crespo Navarro, Eduardo 141 C01

Fernández Díaz, Fabio    141 C02

Fernández Ferro, Adrián 141 C03 

Fernández Ojea, Brais   141 C04

García Chouciño, Alejandro  141 C05

 

Estudo peñas futbolísticas

ESTUDO 141 C00

Centos de persoas unidas por un mesmo destino

IMG-20140225-WA0028

Cúmprense semana e media da viaxe que tiven o pracer de realizar coa peña santiaguesa Merlegos Celestes. Unha viaxe que supoña o noso primeiro gran contacto con este tipo de asociacións, así que atopábame nervioso ante a inquedanza polo que puidera pasar nas próximas horas xuntos a aqueles descoñecidos.

Serían as tres da tarde cando chegamos ao bar dos Merlegos, lugar de encontro desta peña, e onde o seu presidente nos dixera que asistiramos para acompañalos na súa viaxe en bus a Balaídos. Alí, un pouco tímidos, o presidente Miguel presentounos a Xoán, a persoa que se encargaba de realizar este tipo de traxectos, non por satisfacción, que tamén, senón porque se lle encargou esa faceta por sorteo.

N0 bus, subvencionado polo Celta, non viaxan só os Merlegos senón que o fan dúas peñas máis, Norte Celeste e Milladoiro. Aínda así, estes últimos, viaxaban desta vez noutro autocar, pagado entre todos, debido a gran cantidade de xente que viña dende o Norte.

Unha vez subidos ao bus a cousa cambiou. Xoán presentounos aos compañeiros da peña coma os periodistas, tratounos coma uns profesionais, pero sobre todo sabía facer que nos sentísemos cómodos dentro dun grupo de estraños.

Polo tanto e despois do aplauso que nos deron no bus comezou a travesía. Guiados por un pícaro rapaciño que destapaba todos os trapos sucios dos alí presentes e que ademais era o que se mostraba máis interesado polo traballo que andábamos a realizar, emprendemos rumbo Balaídos.

No traxecto, que durou unha hora, deunos tempo a coñecer como organizan as viaxes, que supón para cada un a presenza nesa peña, as pachangas que votan entre elas, e como dato curioso coñecemos o absoluto secretismo no que viven os membros de Norte Celeste, ante os posibles ataques de radicais deportivistas.

Unha vez chegados a Vigo acudimos ao bar Movie, sede doutra peña céltica, os Carcamans Celestes. Alí reúnense diversas destas asociacións para relacionarse e comentar a previa do partido, compartindo unhas cervexas e uns pinchos. Nese lugar Xoán presentounos a moita xente e permitiunos contactos que nos servirán de moita axuda para próximas historias, como por exemplo, a presentación do libro de Jacobo Buceta que se realizará na sede da Peña Milladoiro.

Unha vez desenvoltos entre tanto celtista acudimos ao Estadio cos Merlegos e poidemos vivir un gran partido con estes intrépidos personaxes. Pena o resultado de empate a un gol.

 FERNÁNDEZ OJEA, BRAIS 141 C04

Alimentamos mal ao mundo

OGM, organismos xeneticamente modificados, unha dos descubrimentos máis importantes nos últimos tempos. A solución para conseguir unha maior cantidade de alimentos coa menor inversión posible. O negocio perfecto para uns cuantos afortunados, como Peter Brabeck-Letmathe (antigo director executivo do Grupo Nestlé), que se encheron os bolsillos, e ségueno facendo, de feixes de billetes a costa da explotación non so dos seus traballadores senon tamén da natureza.

descarga

Non serei o maior ecoloxista no mundo pero onde estean unhas patacas da casa ou uns ovos das galiñas de Dolores que se quiten os títeres estes que se andan a forrar. Apostaría a que Letmathe non probou na vida unha tortilla con ovos da casa senón creo que o negocio que tiña non lle faría tanta graza.

Cosecha-soja-mitreyelcampo.com_.ar_E non lle voto a culpa eles, porque o final o único que buscan é o seu beneficio. Son empresarios, e coma todos o que intentan e sacarlle o máximo proveito ao seu negocio. O problema esta nos dirixentes dos países que se deixan convencer para que estas empresas traballen as terras dos seus habitantes sen pensar nas consecuencias que isto carrexa.

É o máis repugnante é que está demostrado que os alimentos modificados xeneticamente producen riscos maiores para a saúde. É non se fai nada para palialo. A calidade da alimentación das persoas descende a pasos axigantados. Deixo aquí dous blogs interesantes onde explica os riscos que xeran estes alimentos:

http://blog.productosecologicossinintermediarios.es/    //  http://www.ehowenespanol.com/

É difícil relacionar un tema como a comida co noso traballo pero penso que a clave está na explotación que provoca a veces que se lle deixen aos empresarios gobernar todo. Vendo como se organiza unha peña de fútbol na que todos son parte activa e se organizan entre eles, ábreme os ollos e mostra que moitas veces non fai falla ningún líder que explote ao resto, so se necesita que cada un faga o que lle toca.

No lado oposto está a Liga de fútbol e a repartición dos dereitos aos equipos de fútbol. Estase dinamitando unha Liga a cambio de que os dous grandes equipos, os que sempre foron a referencia, sexan os mellores de Europa e representen no mundo ao noso país. É normal que teñan privilexios pero a situación a veces chega a un punto que pode provocar que se lle desmonte o tinglado a algún listillo que está sacando forrándose por detrás.

Para terminar solo contar unha cousa. Como xa o dicía Gabinete Caligari, “la culpa fue del cha cha cha”

FERNÁNDEZ OJEA, BRAIS 141 C04

A revolución das minorías

As minorías, que son as minorías? Atendéndonos a definición da RAG, son un grupo que, dentro dunha colectividade, está composto por un pequeno número de individuos. Versa o texto de Raquel Paiva sobre estes pequenos grupos e como se ven influenciados polos medios de comunicación para conseguir un punto de protagonismo.

descarga

Esta escritora explica en todo momento que son os medios de comunicación os que establecen os contactos sociais, isto é, regulan a relación do individuo co mundo e os seus similares. Isto débese ao papel preponderante que ten a información nas nosas vidas.

http://www.tercerainformacion.es/spip.php?article22382

O problema xorde cando esta información está influenciada por unha serie de persoas, que axudándose do súa posición dominante poñen cartos para que se modifique o que se conta ao seu antollo, provocando unha confusión na xente ao mesmo tempo que gaña en publicidade e imaxe.

http://libresdecensura.wordpress.com/2009/02/09/el-poder-de-los-medios-de-comunicacion/

Aquí está o problema, dos grupos minoritarios que ao non ter esta facilidade para chegar a todo mundo teñen que facer algo que rompa coa normalidade para chamar a atención. Raquel Paiva fala do terrorismo. Actuacións, sempre violentas, destes grupos para colocarse no contexto social do momento. O que conseguen con isto e que se fale deles, aínda que a publicidade que lle xera non é nada boa.

Penso que outras solucións, menos violentas e máis normais, serían posibles. Conseguir chamar a atención con algún xesto, comunicado ou incluso burla do poder enganchará máis as persoas e conseguirán o obxectivo de estar en boca de todos. Deixo aquí un exemplo de como chamar a atención.

http://www.youtube.com/watch?v=sTZJMuW6x6Q

Con respecto ao tema do noso traballo, cando falamos de minorías estamos conversando acerca dos equipos pequenos e os seus afeccionados. Non só dos que pertencen a categorías inferiores, senón tamén a aqueles equipos que dentro da primeira división non teñen o poder, nin mediático nin económico, dos dous grandes.

ingresos-televisivos-ligas

Cito isto porque ultimamente a Liga estase convertendo nunha cousa de dous. Débese o desinterese dos que levan o negocio pero tamén dos periodistas que día a día desprestixian os clubs con menos recursos tratándoos como ó lixo. Na actualidade estamos chegando a un punto crítico con este tema e por iso estes equipos pequenos deben revelarse e negarse a recibir tantas vexacións por parte dunha competición cada vez máis adulterada.

Adxunto un artigo periodístico no que Felipe del Campo defende que a Copa do Rei na que chegan a final conxuntos diferentes do Madrid ou Barcelona non vale para nada.

http://rsocial.marca.orbyt.es/epaper/xml_epaper/Marca/21_01_2014/pla_4921_Edici%C3%B3n_Completa/xml_arts/art_17447814.xml?

Para cerrar o texto quero citar a Valeriu Butulesco o cal dicía, “os homes excepcionais son sempre minoría”. Nas minorías reside o poder e por iso estas deben loitar sempre por gañar peso dentro dunha sociedade na que os grandes teñen o control.

FERNÁNDEZ OJEA, BRAIS 141 C04

El poder de la actualidad

Inmersos en el Siglo XXI, época de las TIC, la actualidad ha cobrado un peso muy importante. Solo nos interesa lo que está sucediendo y queremos estar informados cada segundo durante las 24 horas del día. Esto se consigue muchas veces a través de las redes sociales, que nos permiten acercarnos a la información de una manera rápida y gratuita.

pila-de-periodicos

Dice que Isaac Joseph, en el texto, que una noticia que es de un día anterior pierde importancia para nosotros porque nuestro subconsciente nos hace pensar que somos los únicos que estamos leyendo eso.

Esta, a mi modo de entender, es una de las causas del paulatino desinterés por la prensa en papel. Estamos demasiado obsesionados con lo más actual, y aquello que supone el mínimo esfuerzo que no nos damos cuenta de la calidad de los trabajos. Deberíamos, leer una noticia no como un hecho sino como una novela, como nos lo cuentan, que tenga valor lo que escribe ese periodista. Otra forma sería que se apostara, en los diarios, por un periodismo de calidad, sin necesidad de que aparezcan noticias todos los días y centrándonos más en una investigación. Y para no liarme más con el tema, dejo aquí un link en donde se explican los pros y los contras de la prensa digital y escrita.

http://www.creasocialmedia.com/2011/10/10/prensa-escrita-vs-prensa-digital-%C2%BFcual-es-la-preferida/

Acercándome más al tema de nuestro trabajo me gustaría profundizar que tiene que ver la actualidad con convertirse en forofo de un equipo. Aunque no lo parezca, mucha gente que le gusta el fútbol, pero no es de ningún equipo, se hace simpatizante del conjunto que está de moda. Los niñ@s que nacieron en este nuevo milenio, la mayoría serán del Barcelona porque los primeros recuerdos que tendrán de este deporte será el Tiki-Taka tan famoso realizado por este conjunto. Al igual que muchas personas son del Real Madrid porque crecieron con el mejor Madrid de la historia, cuando ganaba en Europa y arrasaba en España. Aun así, también quiero recalcar que no siempre es el caso.

martagbrealibroderbi

Otra manera de hacerse de un equipo es por la gente que te rodea. Si tu familia y tus conocidos hablan siempre de un mismo equipo lo normal es que te hagas seguidor de él, porque es lo normal, lo actual, lo que está en boca de todos. Puede suceder el caso de que empatices por el máximo rival. Esta situación también tendría sentido porque de lo que más hablan los seguidores de un equipo es de su enemigo.

http://www.youtube.com/watch?v=biTGeleWMNI

Para concluir, decir que lo actual es lo que vale porque está en la boca de la gente, por así decirlo, se genera una publicidad sobre un tema y por eso es lo que interesa.

Ya lo decía Maurice Blanchot, “la realidad es una utopía. La historia tal como nos la representamos y tal como creemos vivirla […] sólo expresa nuestro deseo de atenernos a cosas sólidas”

FERNÁNDEZ OJEA, BRAIS 141 c04