Arquivo do blog
Falemos das consecuencias
Estamos a falar continuamente da contaminación que se podería dar co proxecto da mina de Corcoesto. E para reflectir o que pode chegar a pasar vou poñer como exemplo outro proxecto mineiro que se levou a cabo entre 1974 e 1988.
Non me vou ir moi lonxe, é máis, non fai falla saír da provincia da Coruña para encontrar esta mina. Trátase da mina de cobre de Touro, municipio coruñés, a uns 20 km de Santiago, aproximadamente. Esta mina, que cesou a súa actividade hai 25 anos, foi explotada pola empresa Rio Tinto.
Unha mina que, despois da explotación, non foi dotada de ningún sistema de recuperación, ata hai ben pouco. Os materiais da mina produciron a acidificación do solo e mesmo dos ríos cercanos, afluentes do Ulla.
No vídeo anterior pódese observar o estado dos ríos cercanos á antiga explotación.
Os únicos intentos por restaurar os solos comezáronse a levar a cabo hai poucos anos mediante técnicas pioneiras, pero como se pode observar no vídeo, foron pouco efectivas.
Despois da explotación mineira, fálase de Touro como unha paisaxe marciana.
Esta mina continúa dando que falar, xa que a finais do ano pasado, a Plataforma Salvemos Cabana presentou unha denuncia na Oficina del Defensor del Pueblo, mediante a cal se abriu unha investigación sobre a restauración do terreo explotado, ademáis da falta de control por parte da Xunta.
Salvemos Cabana sinala á mina de Touro como un exemplo a non seguir.
Esta explotación, moito menor que a de Corcoesto, fai saltar as alarmas, xa que denota que a Xunta exerceu no seu día un nulo control da contaminación e non se preocupou en absoluto pola mina e as súas nefasta consecuencias medioambientais.
Todo isto podémolo extrapolar ao proxecto de Corcoesto e pensar no desastre medioambiental que pode causar se non se controla debidamente. Por outra parte, alégrame pensar que, hoxe en día, a cidadanía está moito máis concienciada que hai 25 anos e que este tipo de decisións non se toman tan á lixeira.
Ulla Villanueva, Oscar 143 B05
Culturas en contrapunto
Estamos acostumbrados a escoitar case a diario historias de xente que non lle queda máis remedio que buscarse a vida lonxe da súa terra, lonxe do seu fogar e inmiscuirse nunha nova cultura, en ocasións, completamente diferente á súa.
Estas persoas sempre tentan adaptarse á cultura do seu novo lugar de residencia, pero non por iso queren alonxarse da cultura da súa comunidade. Esto pode ser un problema cando observamos como os medios de comunicación xeralistas atenden ás esixencias das maiorías, deixando un pouco de lado a estas comunidades de emigrantes.
Sempre se quere dar esa imaxe de lugar idílico onde conviven todas as culturas por iguais, pero parándonos a pensar un pouco, decatámonos de que esas pequenas minorías apenas teñen voz nos medios e, en ocasións, quedan apartados das axendas dos medios. Quedan relegados ante uns medios que se deixan influenciar polas maiorías, olvidándose do resto.
Pero estas minorías atopan solución acudindo, por exemplo, a xornais locais ou independentes, nos que as informacións minoritarias acaparan algún espazo máis ca na prensa xeralista. Aínda que un dos medios máis utilizados por estes grupos minoritarios, para manteren ao día aos membros da súa comunidade, son os medios web.
Ulla Villanueva, Oscar 143 B05
Los quehaceres del día
Insurrección, revolución, levantamento, sublevación, rebelión…
Todos estes termos fan referencia ao xerme do cambio, a eses primeiros pasos que fagan mutar o sistema establecido cara un sistema mellor, que se adecue ás necesidades dos cidadáns.
Esas necesidades son resumidas por Gustavo Esteva en 5: alimentación, educación, sanidade, intercambio e hábitat. 5 pilares básicos para construir unha comunidade que funcione ou dicíndoo doutro modo: para crear o Estado de Benestar.
Un tipo de Estado do que cada vez nos afastamos máis. Asistimos nestes días aos recortes en materia de educación e sanidade , xustamente dous deses pilares nos que se sustenta a idea de benestar. Son moitas as protestas que levantan estes recortes, pero Esteva fala doutra forma de revolución neste aspecto. Trátase, no caso da educación das chamadas “free school” ou das comunidades de aprendizaxe (“learning communities”), comunidades que se afastan dos sistemas educativos establecidos para formar o que Esteva denomina como “nuevos centros de producción de conocimiento fuera de los centros de investigación públicos o privados”.
Pero Esteva tamén adica unhas palabras a eses movementos revolucionarios que marcan á sociedade, tanto do país como do resto do mundo. No seu texto refírese á ocupación de Wall Street, pero isto tamén se pode extrapolar, por exemplo, ao movemento 15-M. Un movemento que traspasou fronteiras servindo de exemplo ao resto do mundo.
En definitiva, Esteva nos mostra diferentes formas de insurrección e como estas deberían servir para cambiar a forma actual de gobernar, iso que el chama “combatir las ilusiones democráticas”, chegar a un modelo de Estado de Benestar que para moitos chega a parecer utópico.
Ulla Villanueva 143 B05
Frost/Nixon
Unha entrevista asémellase a un combate de boxeo. Un combate de desgaste no que, aínda que pareza que se teña todo baixo control, no último momento pódese perder. Uns breves instantes serven para que o rival colla folgos e lance ese gancho que deixe ao rival completamente noqueado, sen saída.
Hai combates máis importantes ca outros, e este era o caso. O entrevistador cara a cara cunha persoa que tivo na súa man o maior poder ao que se pode ter acceso. Dous poderes enfrontados: Xornalismo contra Política. Nada máis e nada menos que o combate polo campionato mundial dos pesados.
Os políticos son sempre vistos como os poderosos. Esas persoas que controlan os fíos dos estados. Eses que deciden o futuro de millóns de persoas. Vistos case como intocables.
Frost conseguiu o inaudito. Conseguiu noquear a todo un expresidente dos Estados Unidos de América. Foi capaz de tumbar ao campión a pesares de levar todo o combate en desvantaxe.
Isto faime pensar no verdadeiro poder que pode ter un entrevistador e, en definitiva, un xornalista. Frost demostrou este poder. Como, a pesares da desvantaxe, da presión das masas, do posible fracaso que acechaba o seu traballo e da propia presión que exercía Nixon coas súas respostas; foi capaz de desmontar todo o traballo do gabinete do expresidente no último asalto.
David Frost foi capaz de controlar a última parte da entrevista de forma que obtivera exactamente iso que ninguén máis foi capaz de conseguir: Noquear ó expresidente. Foi capaz de mostrar ante as cámaras a un Nixon completamente abatido que pedía perdón polos seus erros. Un Nixon sucumbido ante un entrevistador que soubo facer fronte a un dos maiores retos que se lle poder propor a un profesional do xornalismo.
Esa entrevista con Nixon supuxo unha revolución neste xénero xornalístico. Frost conseguía xusto o que quería con preguntas simples. Inmiscuía ao entrevistado nunha charla trivial para despois asestarlle o golpe que o deixaría KO e co que conseguía toda a información que quería.
“Aunque sus preguntas siempre son corteses, consigue montañas de información” Tony Blair.
Ulla Villanueva 143 B05
La Voz de la Mina
Tomo prestado o nome deste blog (La Voz de la Mina) para continuar analizando o tratamento do xornal La Voz de Galicia con respecto da Mina de Corcoesto.
Este xornal postulouse do lado dos partidarios da mina e móstrano nas súas páxinas redactando noticias, relacionadas cos grupos contrarios á mina, como se foran notas de prensa, mentres que podemos observar como as novas que aportan datos favorables sobre a explotación mineira, son desarrolladas con normalidade. Podemos ver, por exemplo, como o Colegio Oficial de Geólogos e os seus eloxios á mina chegan a ocupar o plano principal dalgunhas noticias, mentres que asociacións ecoloxistas, como Verdegaia, ven disminuido o seu protagonismo a un mero nomeamento no final dunha noticia.
E se eses exemplos non serviran, sempre podemos recrearnos cas palabras do Presidente da Confederación de Autónomos e Profesionales de España, Eliseo Calviño, neste xornal (Sempre en Galicia). Neste artigo, Eliseo, fala dos detractores do proxecto mineiro de Corcoesto como “los cuatro de siempre” que “viven del cuento y de embaucar a los de mente débil”. Fala de queixas absurdas sobre danos procedentes da explotación, alegando que son os mesmos que o do resto de explotacións mineiras do mundo e, incluso, fala de que estes danos medioambientais vénse recompensados polos postos de traballo que derivan da mina.
Neste xornal podemos observar como os termos “gran riqueza”, “beneficios” ou “numerosos puestos de trabajo” antepóñense a outros tales como “danos medioambientais” ou “desastre ecolóxico”. Para as asociacións ecolóxicas ou para as plataformas detractoras da mina, este proxecto significaría un dano irreparable para o ecosistema de Cabana de Bergantiños, mentres os partidarios do proxecto, como Eliseo, escriben que o dano irreparable sería “entorpecer centenares de puestos de trabajo”.
La Voz de Galicia postúlase como partidaria do proxecto megamineiro de Corcoesto, e a nós tócanos seguir a indagar se esta é unha postura acertada ou non.
Ulla Villanueva, Oscar 143 B05