Arquivo do blog

Comunicación sen ánimo de lucro

Cansados dos grandes medios que reducen o espectro informativo, diversos movementos e organizacións latinoamericanas decidiron contruir os seus propios medios. Crear unha plataforma que traballase a prol coas distintas comunidades e colectivos.

Xa contaban coa prensa escrita, para eles o periódico era un símbolo que “representa la trayectoria histórica, las luchas, la identidad y las distintas etapas que ha atravesado una organización”. Pero con iso non era suficiente, é por iso que moitas organizacións se fixeron con pequenos espazos nas principais radios de ámbito nacional. Outras prosperaron de tal maneira que crearon as súas propias radios. É así como nacen as radios comunitarias, o seu principal obxetivo é a democratización da información. Facer chegar ao pobo a mensaxe pola que levan loitando tantos anos. A radio é o medio idóneo posto que como ben se comentaba na lectura, a escoita pódese acompañar doutras tarefas e os ouvintes non precisan saber ler nin escribir. En definitiva, a radio é un medio para todos.

la-radio-libre-es-gratisFoto: http://losretosdigitales.blogspot.com.es/2012/01/ante-de-la-coda-largo-acorde-en.html

En España tamén existen as radios libres e comunitarias. Precisamente o dezaoito deste mes se publicaba unha noticia sobre a adaptación de Euskadi e Navarra á nova lei 7/2010, do 31 de marzo, Xeneral de Comunicación Audiovisual. Esta lexislación permite regular o funcionamento das radios e televisións comunitarias en ambas comunidades. Unha das melloras que trae consigo é a reserva de prazas aos medios comunitarios no concurso público polas CCAA. Posto que para prestar este tipo de servizos é preciso obter unha licencia previa. A Rede de Medios Comunitarios, con sede en Madrid, tamén puxo en marcha unha campaña que defende o dereito a comunicar, un dereito recoñecido no artigo 20 da Constitución Española.

Pódese dicir que en España a gran pioneira foi Radio Maduixa de Granollers, á que lle seguiron outras como Radio Pica, Eguzki Irratia ou Radio Klara. Todas elas naceron baixo o desexo de propiciar unha alternativa ás radios comerciais. É por iso que moitos ouvintes están en contra de que as emisoras difundan contidos que propios das radios comerciais. Defenden unha cultura alternativa, a defensa das manifestacións artísticas que se dan nas pequenas localidades.

Seijo Vigo, Laura  143.D02

 

Tempus fugit

Para que algo se convirta en noticia debe reunir unha serie de valores. Héctor Borrat acuñou algúns deles como a periodicidade, actualidade, novidade ou interés humano. É certo que todo xornalista busca captar a esencia do momento, pero o trunfo de saber que estás propiciando unha información única e actual é demasiado efémero. Co auxe da prensa dixital, surxe unha urxencia á hora de publicar as noticias que impide que contrastemos as fontes. Antepóndose a inmediatez á rigurosidade.

O paso do tempo, iso é o que busca plasmar Isaac Joseph en Actualidade. Só interesa aquilo que está en boca de todos. Ás veces nin sequera importa se é real ou ficticio. “Hay solamente una cosa en el mundo peor que hablen de ti, y es que no hablen de ti.” dicía George Orwell. Esta frase serviu para crear unha estratexia publicitaria coñecida como Que hablen de mí, aunque sea mal. A continuación un exemplo gráfico onde a coñecida empresa de aeroliñas Ryanair utiliza esta estratexia publicitaria facendo gala dun gran machismo.

Campaña ryanairLo más caliente. Regreso a las tarifas del colegio. Foto: http://www.elmundo.es/elmundo/2008/01/30/comunicacion/1201712521.html

Son numerosos os programas televisivos que empregan unha táctica semellante. En busca de audiencia deixan aparecer a aqueles famosos que están dispostos a sacar a relucir os trapos sucios a cambio de aparecer en pantalla. Como podemos ver, todo vale con tal de ser noticia. Estamos ante a contaminación do xénero informativo. Pouco a pouco vemos como a credibilidade vai minguando e os coñecidos gatekeepers semellan formar parte doutro século.
A información que move masas está moi ben, pero o xornalista tamén debe descubrir aquelas informacións que quedan ocultas por non interesar a un gran colectivo. Unha comunidade defínese como un conxunto de individuos que comparten algo. No noso traballo tomamos como referencia á familia, comunidade básica da que nacen as relacións interpersoais. Por iso, fundamentándonos na microsocioloxía mencionada por I.Joseph nos ocuparemos da interacción social que se dá en pequenas situacións da vida cotiá. Máis concretamente entre as xeracións dunha mesma familia.
Déixovos un ensaio onde se tratan as relacións entre socioloxía e comunicación e a continuación un artículo no que Giovanna Mazzotti fala sobre as distintas vertentes da Microsocioloxía.

http://www.ucasal.edu.ar/eucasa/documentos/comunicaciones_parcial.pdf
http://cuadrivio.net/2011/12/la-microsociologia-un-largo-tema/

Seijo Vigo, Laura 143. D02

Sobre o abuso do poder

Gracias a la libertad de expresión hoy ya es posible decir que un gobernante es un inútil sin que nos pase nada. Al gobernante tampoco”                                                                                                                                                                          Jaume Perich

Son moitos os que cren que o poder á larga corrómpese. Pero tamén existen aqueles que cren no xornalismo cívico, no xornalismo como instrumento para denunciar as inxustizas. Sempre existiron figuras carismáticas que “non xogaron limpo”. Agora ben, a cousa complicouse cando eran xornalistas os que firmaban as regras do xogo. Como resultado diso, vemos continuamente nos medios, noticias sesgadas, entrevistas nas que o entrevistador parece un adulador ou temas que directamente non vemos.
Pois ben, Ron Howard amósanos no seu filme, El desafío,  a un carismático David Frost que senta fronte ao presidente dos Estados Unidos, Richard Nixon para arrincarlle dos seus beizos unha desculpa, algún sentimento de culpabilidade ao que poidan amarrarse os cidadáns americanos. A pesares dos contratempos que sofre o presentador británico ao longo das catros sesións nas que se desenvolve a entrevista, proclámase vencedor e consegue que Nixon se abra sobre temas coma o Watergate ou a Guerra de Vietnam.

David-Frost-y-Richar-Nixon-1O xornalista David Frost e o presidente Richard Nixon nunha das sesións da entrevista. Foto: http://www.elperiodicoextremadura.com

Facendo un percorrido polo mundo cinematográfico dos últimos sesenta anos atopamos exemplos claros da relación que existe entre o xornalismo e o poder: Todos los hombres del presidente, dirixida por Alan J. Pakula sobre o affair Watergate; Grita libertad, baixo o mando de Richard Attenborough sobre os dereitos humáns; Buenas noches y buena suerte, dirixida por George Clooney; ou El quinto poder, onde Bill Condon plasma o custo de gardar segredos nunha sociedade libre.

O ensaio escrito polo periodista arxentino Hernán Vaca Narvaja, Periodismo y Poder. La encrucijada de una relación ética tortuosa, reflexiona sobre a ética xornalística como base da nosa credibilidade. O noso traballo versa sobre as relacións interxeracionais dentro das nosas familias, quizáis non sexa o mellor exemplo de corrupción do poder.  Pero si podemos aplicar esa obxetividade que caracteriza ao xornalismo. Debemos esquecernos dos vínculos que nos unen aos entrevistados á hora de desenvolver o noso rol de xornalistas, extraendo só a información pertinente e sendo neutrais.

Seijo Vigo, Laura 143. D02

Xeración 1: A madurez

Nas publicacións das semanas pasadas, facía unha breve introdución ao tema: as relacións familiares. Comezo esta semana coa segunda fase, a documentación. Despois de contactar co profesor titular de Socioloxía na Universidade de Vigo, Xesús A. Lage, boteille un ollo á Revista de Estudios de Juventud. Concretamente ao número 90 que se adica á Xuventude e familia dende unha pespectiva comparada europea. O tema sempre é a familia, mais aparecen subtemas como o paso á idade adulta, a emancipación dos fillos ou o descenso do número de matrimonios católicos.
A contribución feita por Carmen Leccardi no seu traballo La juventud, el cambio social y la familia: de una cultura “de protección” a una cultura “de negociación” é digna de mención. Por iso eu invítovos á reflexión. Existe realmente unha idade na que te convirtes nun adulto? Como ben intuía Leccardi, esta idade foi mudando ao longo das distintas xeracións. Remontémonos 50 anos atrás…

Familia unida

                                         Foto: http://www.pueblos-espana.org

Fai medio século, un home adulto era aquel que conseguía atopar traballo para logo manter á súa muller e formar así unha familia. Todo isto dáballe a potestade de autoproclamarse xefe do fogar e ter autoridade sobre a muller e os fillos/as. Por outra banda, a muller alcanzaba a madurez unha vez que vivía a maternidade. O seu rol consistía en cubrir as tarefas do fogar, manter o benestar do seu marido e propiciar educación aos fillos.
Hoxe en día considérase adulta, unha persoa que conte con 18 anos de idade. Á súa vez, existen moitas parellas que viven xuntas, forman unha familia e deciden non contraer matrimonio. A finais desta semana comezaremos coas entrevistas. Para adiantarvos algo, infórmovos de que algúns dos entrevistados tiveron que emigrar a países coma Holanda ou Suíza. Suporá unha diferencia con respecto aos entrevistados que viviron sempre en España? E para os seus fillos?

Seijo Vigo, Laura 143 D02

Conexión, evolución y despegue

Cuando comenzamos este camino, partimos de nosotros mismos. De nuestra propia concepción de la realidad. Cada ser humano observa el mundo a través de su idea del universo, se comunica con sus similares en función a una serie de conceptos previos que definen la personalidad y perspectiva de cada cual. ¿Qué ocurre, sin embargo, si decides dejar las cartas sobre la mesa, abandonar el juego por un momento, y simplemente observar?

imagen-promocional-modern-family (1)

Extrapolar el juego, abrir el campo de visión. Ése es nuestro objetivo. En una sociedad en la que la comunicación predomina y la familia se constituye como la más importante unidad comunicativa y formadora del individuo, alcanzar la comprensión de sus mecanismos internos parece una cuestión de tal obviedad que en muchas ocasiones es deshechada con indiferencia. En la cultura occidental, la familia posee un valor fundamental, y su presencia es constante y abrumadora en los medios de comunicación, véase el cine (hace dos semanas la nueva cinta de Sánchez Arévalo, ‘La Gran Familia’, peleaba en la edición 2013 de los Goya) o la televisión (con ‘Modern Family’ asentada como la sitcom más vigorosa de la actualidad). Ante ello y con todos los precedentes posibles a nuestra disposición, cabe hacerse la siguiente pregunta: “¿Cómo nos comunicamos con nosotros mismos?” La respuesta a la misma sólo puede ser extraída de la experiencia. De la observación. La comparación de vivencias y puntos de vista y la obtención de patrones de comportamiento a partir de ellos es la base de nuestro estudio.

Conocer a las personas con las que compartes tu vida diaria es, finalmente, conocerte a ti mismo, pues son ellas las que realmente confieren a tu personalidad los matices que le proporcionan un símbolo diferenciador. Estudiar las características propias de cada generación, comprobar el choque entre ellas y explorar sus conexiones fortalecerá los lazos  y facilitará las vías de expresión en busca de una comunicación familiar global. Las debilidades, puntos flacos o espacios en blanco deben ser recubiertas para contribuir a formar un bloque sólido e insondable.

Con la mirada puesta en lograr este objetivo, nuestra propuesta se dispone en forma de conversaciones informales con miembros de cada generación que puedan aportar su punto de vista, estudiarse a sí mismos y a sus semejantes, y de esta manera introducirse, sin más dilación, en el universo comunicativo que alimenta nuestras ansias sociales. Porque, como decía Aristóteles, el hombre es un zoon politikon (animal político), y, sin duda, la familia es nuestra selva predilecta.

titorizado.6A  3D00

A familia é a familia

Relacións familiares

                                                                                          Recuperado de: http://freexmen.es/familia.htm

      No mundo actual existen numerosas referencias e achegas en torno ás relacións familiares. Dende o punto de vista humán, segue a ser un tema moi recorrido por psicólogos, sociólogos e algúns profesores. Numerosos estudos afirman que os vínculos familiares que poida ter unha persoa, determinarán boa parte da súa vida. Alén diso, a estructura das familias está a sufrir diversos cambios motivados polos acontecementos históricos e os avances tecnolóxicos. Un dos maiores cambios relaciónase coa redistribución da estructura familiar. Actualmente existen diferenzas na división do traballo dentro dos propios fogares, por exemplo, non é igual unha familia na que só traballa o pai ou a nai, ca unha familia na que traballan os dous. No último século multiplicouse tamén o número das familias monoparentais.

Son estas e non outras as razóns que nos levaron á escolla deste tema. Durante as dúas primeiras semanas de clase estivemos axeitando a proposta e perfilando o tema. O noso interese céntrase na análise das relacións interxeracionais, incluíndo as variables temporais e culturais. Deste xeito, buscamos ver como mudaron diversas situacións da vida cotiá, tales como buscar traballo, estudar ou mesmo ligar. Partimos da base das nosas propias familias, entendéndoas como asociacións coas que imos traballar ao longo das vindeiras semanas.

     Imos comezar coa primeira fase que consiste na realización dunha serie de entrevistas persoais dentro das nosas propias familias. Para iso establecemos tres xeracións: a dos nosos avós que comprende idades entre os 70 e os 80 anos; a dos nosos pais, entre os 40 e 50 anos; e a nosa, entre os 14 e os 20 anos. Previamente elaboraremos un cuestionario tipo para que as entrevistas toquen áreas semellantes, porén o ideal é que a conversa flúa e que xordan historias diferentes.

Seijo Vigo, Laura; 143D02