Arquivo do blog

Tinta amarela

Mentres estamos na universidade todos imaxinamos o día no que empezaremos as nosas prácticas. Algúns soñan con que lle contrate o xornal nacional afín a súa ideoloxía. Pero, e se nos ocurrise o mesmo que ao protagonista? E se es un radical comunista e che asignan La Razón? Unha vez Nacho Mirás díxome que se iso me pasaba pode que “teñas que tragar tantos sapos que colapses”. Nunca o esquecín, probablemente porque son consciente da realidade desa frase. Dende que entramos na universidade falan do sensacionalismo coma se fose o cancro do xornalismo, cando enrealidade, fóra máis noticias das que pensamos están escritas con tinta amarela. O ruido sempre distorsionou as historias, pero as veces somos os propios lectores os que o alimentamos. Moitos pecan de “morbosos”.

larazon

Un exemplo claro desta lacra de xornalismo sería o tratamento dos medios nos días posteriores ao atentado do 11M. Nese intre os xornais comezaron a tolear. Sen ir máis lonxe El País publicou a velocidade da luz que ETA era o responsábel da masacre –acabou disculpándose polo seu erro-. Unha autoría que utilizaron outros medios. Mentira tras mentira, por culpa dunhas eleccións que se asomaban nun recanto fronte centos de vítimas interesadas en coñecer a verdade e o por que do sucedido. Unha vez máis a política empregou á prensa en nome dos seus intereses. Asemade, as informacións que se difundiron polo país foron completamente macabras. Dende artigos nos que se enumeran o nome e apelidos dos falecidos até imáxenes completamente tétricas. Defendamos a liberdade de expresión, pero tamén defendamos o respeto ao dolor! Os xornais vestíronse de cadáveres, persoas destrozadas entre os vagóns e sangue nas vías. Vilches consideraba:

“A foto de prensa en maior grao que o texto escrito aparece cunha tremenda forza de obxetividad. Se unha información escrita pode omitir ou deformar a verdade dun feito, a foto aparece como o testimonio fidedigno e transparente do acontecimiento ou do xesto dun personaxe público. Demostraremos que isto non é así por múltiples razóns”.

É evidente que cando ten lugar un atentado os documentos audiovisuais van ser os peores, os máis desagradábeis, que temos que aceptar porque é a realidad. Pero antes da publicación de certas imaxes deberiase ter en conta o seu valor informativo, o interese xeral. A liña entre o bo xornalismo e o sensacionalismo é estreita, separados pola ética. A ética precisamente adoitámos estudala na maioría das materias. É curioso coma memorizamos palabras durante catro anos para vamotilas nunha folla pouco a pouco, todo para darnos de conta que “o xornalismo igual que a prostitución apréndese na rúa”.

 

Pizarro Gómez, Selena 145 B02

O xornalismo nun goberno de caudillos

O texto de Jay Rosen, Tornar a vida pública máis pública: sobre a responsabilidade política dos intelectuais dos medios, permítenos reflexionar sobre esta profesión. Estamos acostumados a escoitar de todo sobre o xornalismo. Considerábase a cuarto poder, unha profesión respetada entre os intelectuais, máis agora está a agonizar. Probablemente esgotou a súa humildade. Abusou do seu poder de información. Decidiu posicionarse na cúspide da pirámide, que neste caso non era invertida. Alén disto, tamén deberíase ter en conta que non sempre foi o medio o que asumiu o seu rol ao lado da lacra política. As veces, tamén era vítima. Vítima do silencio.

rajoy-gran-dictador

Pretendo con todo isto entender, que o “jornalismo público” que reclama o autor – esa utopía da que todos falan como unha necesidade – non puido chegar moitas veces, pola censura. Así como os inmigrantes tentan cruzar a fronteira ameazados polas balas da Guardia Civil baixo a orde deste goberno de caudillos, o xornalismo sempre tentou cruzar a fronteira da liberdade de expresión ameazado polas ferramentas de censura, da casta política e económica. Debemos “recuperar a vida pública e apoiar uma democracia viva”. Este oficio non ten cabida noutro sistema que non sexan unha democracia participativa, en tódolos demáis recantos será propaganda e non xornalismo.

“O problema real do jornalismo e que o termo que o fundamenta – o público – foi dissolvido, dissolvido em parte pelo jornalismo. O jornalismo só faz sentido em relação com o público e com a vida pública. Por consequência, o problema fundamental do jornalismo é reconstruir o público, trazê-lo de volta à vida. Como é que vamos fazer?”, Carey.

Lendo este pequeno fragmento do texto, lembreime ao instante do proxecto no que estamos a traballar sobre a minaría de Corcoesto. La Voz de la Mina é un blogue en contra da minaría no que se destapa a manipulación do xornal La Voz de Galicia e outros medios da mesma liña editorial, aquí vos deixo o vínculo: http://lavozdelamina.blogspot.com.es/. Estos medios coaccionados – ou manifestos políticos do señor Feijoo- demostran todo o contrario do que implica ese “jornalismo público” que sabe tan ben.

No próximo post grupal, contaremos con detalles a nosa visita ao pobo dourado. Máis, adiantar en relación coa temática do texto, que falando coa xente a maioría estaban a favor. Por que? Porque da traballo. Eu preguntábame se conhecían o gran impacto ambiental que isto podería provocar – como o do Monte Neme, recentemente-. Pero ninguén o sabía, ou simplesmente non o entendían. Con todo isto quero dicir, que aquí é onde o xornalismo debería facer a súa labor. Informar as persoas involucradas nun conflito, pero sen tecnicismos nin palabrería. O pobo estivo totalmente manipulado por unha maraña de promesas da empresa Edgewater, que pasou por alto un aspecto importante como é a saude do medio ambiente. Porén, as charlas que se fixeron en contra da minaría non eran tan complicadas de entender. Igual confúndome, e resulta que a xente non entende a longo prazo, a xente é egoísta e opta polos cartos.

Pizarro Gómez, Selena 145 B02

Ser ecoloxista non está de moda

Capitalismo-industrial

A semana pasada tiñamos pensado ir a Corcoesto para por fin dunha vez por todas falar cos protagonista deste enredo. Porén, tódalas tentativas fracasaron. Mais mañá, finalmente, dispoñerémonos a ir. En definitiva, tiña pensado falar neste post da nosa visita pero vai ter que ser nos seguintes.

O que si teño que confesar é a miña profunda decepción con esta profesión a raíz dunha serie de chamadas telefónicas coa nosa fonte de información. Desafortunadamente, non podo escribirvos os incríbeis escándalos que me confirmaron –todos coñecemos o chamado off the reccord-. Sinceramente nunca pensei que ese momento, no que tivese unha fonte que me contase cousas que non podo denunciar, chegase tan pronto. Persoalmente é unha sensación gratificamente que alguén que non te conhece de nada confíe en ti, pero por outro lado acaba sendo demoledor. Ser consciente das tolerías que cometeron algúns, por simples intereses políticos ou económicos, e non poder compartilos queima moito –máis do que pensaba-. Non obstante, quería aproveitar esta entrada para facer unha pequena reflexión.

Cantos de vós considerádesvos ecoloxistas? Que significa ser ecoloxista para vós? Non entendo por que se poden facer estas preguntas, non entendo nin porque hai un término para unha persoa que se “preocupe polo medio ambiente”. É dicir, a pregunta correcta sería: Por que non somos todos ecoloxistas? Paréceme completamente rídiculo que existan persoas que non estén dispostas a colaborar para manter o noso. Pero máis rídiculo todavía que xa non sexa por preguiza como moitos de vós, senón pola sucidade dos seus beneficios. Esperemos que algún día se poña de moda – parece funcionar así esta masa-. Rematando, adxúntovos un video onde se fala do poder do ouro durante séculos, un poder que segue a prevalecer. Concretamente céntrase no caso da minaría en Asturias. Asegúrovos que paga a pena velo.

“Chámase ‘medio ambiente’ por que xa destruímo-la metade?”

Pizarro Gómez, Selena 145 B02

¡Vamos a tener que ofender a alguien!

Anonimus

No voy a escribir ni el resumen ni el argumento, ya que he visto a lo largo del mes el éxito que esta película ha tenido entre nuestros posts. Igual que Raquel Martos, en sus artículos de opinión, yo también soy “muy fan de…” la sublevación. Soy fan de excitar la indignación. El protagonista de la película lucha contra la dictadura de Pinochet como nosotros luchamos contra la del capitalismo. El protagonista de la película tiene 15 minutos para convencer al pueblo, sin embargo, nosotros llevamos años intentándolo. Si en un cuarto de hora durante 27 días ellos lo consiguieron, no entiendo como nosotros, después de todo este tiempo saliendo a la calle, aún no lo hemos logrado. Dicen algunos: “es que los medios están comprados, estamos desinformados”. Mienten. Las grandes cabeceras pueden manipular todas las revoluciones que quieran. Pero los hechos no se manipulan. Son lo que son. Son protestas, son manifestaciones y son gritos que tienen testigos, nuestra generación ha tenido la suerte de presenciarlos. Egipto, Ucrania y Venezuela están siendo cómplices de este escenario, están demostrando al mundo entero que cuando el pueblo dice “¡basta!” consigue un cambio. Bien es cierto que ¿a costa de qué? De cientos de muertes. Tal vez esa sea la cara más amarga. Aunque después de un tiempo reflexionando sobre esto, he llegado a la conclusión de que probablemente la violencia llegue a ser necesaria ¡Vamos a tener que ofender a alguien! No sé cómo explicarlo. Obviamente no quiero hacer apología al terrorismo, ni a la agresión en general – todos conocemos a Gandhi, Martin Luther King, Malcolm X y Nelson Mandela, que siempre se defendieron con las manos vacías- pero creo que a veces, por muy fuerte que suene, el mundo hoy en día funciona así, al menos los verdaderos cambios. Ante todo decir que no me siento orgullosa de este pensamiento. Recordad que Stalin afirmó que “no podéis hacer una revolución con guantes de seda”.

También he de decir, que precisamente estoy trabajando en un proyecto que refuta toda mi teoría anterior. Los vecinos de Corcoesto sin tanques ni balas, han conseguido paralizar un atentado ambiental. Tal vez no sea un cambio como el de Egipto, Ucrania y Venezuela. Pero al fin y al cabo era el objetivo de su lucha. Y ellos también han tenido que encararse con la manipulación informativa. Aquí os dejo el enlace de varios ejemplos en los que la TVG nos enseña sus dotes para enredar la realidad. Ejemplos con los que se ríe de todos nosotros –concretamente en el minuto 9 y 21 segundos aparece la minería de Corcoesto-.

“Gracias a la libertad de expresión hoy ya es posible decir que un gobernante es un inútil sin que nos pase nada. Al gobernante tampoco.” J. Perich

Pizarro Gómez, Selena 145 B02

O capitalismo dourado

O porque da selección desta noticia é evidente, trátase dun tema que afecta á poboación, non só galega, senón a todo individuo concienciado e preocupado polo medio ambiente. Contemos a historia. Érase unha vez unha empresa de nacionalidade canadense, chamada Edgewater, que pretendía construír unha minaría a ceo aberto nun dos territorios máis fermosos, como é a Galiza. Todo isto coa autorización e aprobación dos representantes do pobo galego, a Xunta. Un dos motivos nos que se refuxan é o aumento de postos de traballo, un tema que sensibiliza nestes momentos aos cidadáns. Porén, deberíase ter en conta os inconvenientes. Estamos a falar dunha das actividades que máis prexudican o ar que respiramos e o chan que pisamos. Un atentado contra o medio ambiente que non parece importar moito aos nosos dirixentes.

O principal problema que tivemos á hora de escoller está noticia, en decidir facer o seu seguimento, era o posicionamento. Probablemente nos xulgaredes de subxectivos por defender unha parte. Máis debemos explicar que ante todo trataremos este asunto dende o punto de vista do ecoloxismo. Unha problemática que adquire unha relevancia superior á desgastada política e economía –ben é certo que todo está vencellado-.

Imaxe

Salvemos Cabana

Os nosos primeiros pasos neste proxecto foron contactar coas dúas versións do conflito, a plataforma de veciños a favor da mina e en contra dela, obtendo resposta da segunta e aínda esperando expectantes a da primeira. Persoalmente tiven a oportunidade de falar con Ramón Varela, xornalista ambiental, pero máis importante aínda, vítima do problema como veciño do lugar. A conclusión, tras unha pequena charla co afectado foi que esta revolución medioambiental sufriu un brutal silencio informativo –incluso manipulación-, sempre con excepcións. Todo isto iremos argumentándoo ao longo dos días. Sobre todo o peculiar comportamento de La Voz de Galicia. Sen esquecer o noso obxectivo de tratar cos verdadeiros protagonistas, que non son os xornais, senón os habitantes de Corcoesto. Esperamos coñecer pois, a outra cara do ouro. Un ouro que sempre acaba movendo o globo.

 

PIZARRO GÓMEZ, SELENA 145 B02