Arquivo do blog
Descolonizar o coñecemento
Que é o que nos ensinan na universidade occidental? Segundo Ramón Grosfoguel, o coñecemento de 5 homes de 5 países: Francia, Italia, Alemaña, Reino Unido e Norteamericana.Por que os estudamos a eles e non a outros? Está foi a pregunta que Grosfoguel intentou respostar a través dunha investigación socio-histórica dende comezos do ano 1450 até a actualidade.
O que describiu foron tres grandes xenocidios borrados da memoria. O primeiro é a conquista de Al-Ándalus. Este é o primeiro movemento da expansión colonial europea. Na súa chegada, comezaron expropiando á xente e someténdoa a un tipo de traballo chamado a encomenda. Con esta idea comeza o principio do estado-nación, levando a cabo dous tipos de conversión, por unha banda ao cristianismo e por outra banda ao traballo forzado. Amais, queimaban as bibliotecas para acabar coa memoria dese territorio e escribir a súa propia historia. Polo que, borran multitude de avances científicos que describiron os indíxenas, e escriben unha nova historia na cal o creador é o home europeo.
O segundo grande xenocidio ten lugar coa conquista de América. Aquí igual que no caso anterior queimaron tódalas bibliotecas e implantaron o seu dominio. Colón apuntou no seu día que eses pobos eran pobos sen secta, é dicir, sen relixión. Polo que, se non teñen Deus non teñen alma, e se non teñen alma é como se fosen animais. Cristianizaban aos indíxenas e até secuestraban aos africanos para retelos a traballar como cautivos nas américas. Este era o pensamento dos colonizadores para levar acabo a terrible masacre. Ao longo da historia houbo moitos xenocidios, os que ían da man da epistemoloxía. O que fixen foi secularizar o mesmo discurso racista ao longo do tempo.
A terceira grande masacre foi a das muller europeas que eran acusadas de bruxas e queimadas vivas. O motivo de tal crime non era outro que posuír coñecemento. Estas mulleres tiñan saberes indíxenas que aos colonizadores non lle interesaba que ninguén soubera. Aínda que sexa incrible, non había patriarcado en moitos países do mundo antes de chegar os europeros. Don Ramón descubriu que a universidade está cargada de estruturas dos xenocidios epistemolóxicos, racistas e sexistas.
Polo que, podemos concluír que nun primeiro momento , o dilema era relixioso :“ o teu Deus é inferior ao meu”. Logo pasou a ser máis persoal: “ ti como persoa es inferior a min”. E ese un dos motivos polos que estudemos a vida deses 5 homes dos 5 países, afectando á produción en xeral e ao coñecemento humano. O que se fai é inferiorizar o coñecemento do outro fronte a esas 5 figuras. Isto fíxose ao longo da historia, xa Descartes dicía “ Penso logo existo”, ese “existo” todo o mundo sabía que se refería ao home occidental. Por outra banda, Kant tamén afirmou que a racionalidade estaba en occidente, xustamente “ao norte dos Pirenos”.
No século XVI os conquistadores impoñían o cristianismo. No XIX a civilización, no XX o desenvolvemento e agora no XXI , impoñen a democratización. En canto aos medios, Don Ramón afirma que si que existe un modelo posible para que sexan democratizados: crear medios comunitarios, que estean na man dos cidadáns. Xa que sempre que estea baixo o dominio do estado moveranse segundo intereses. Grosfoguel conclúe con que a mellor sociedade é aquela na que existe un control desde abaixo e non unha na que nos intentan dicir que é o mellor para nós.
Mil primaveras máis para a prensa escrita
“O xornalismo en papel desaparecerá”. Levo anos escoitando esa crítica afirmación que dá dor de cabeza. Mais como se debe actuar ante o pánico do desaparecer? Quizais esta cuestión sirva para resumir o documental Page One: The New York Times.
A sociedade avanza e con iso tamén o fan os medios de comunicación. No filme obsérvase medo, temor á novidade e a súa capacidade de substituír ao tradicional. Nesta colectividade tecnolóxica, falamos de soportes máis dinámicos, rápidos e instantáneos (no documental faise referencia a Wikileaks e a Twitter). Unha loita ambientada no 2010 que describe á perfección a situación actual. Os xornais batallan por sobrevivir neste maremágnum dixital. Batállase contra a venda da información de maneira gratuíta. David Carr, xornalista en The New York Times dicía que nada é gratuíto, o que nun comezo para que o é, finalmente non o é. Din que a información é un dereito, mais tamén debe ser remunerada. As novidades dixitais e tecnolóxicas fan que non teñamos que mercar o xornal xa que está na web á nosa disposición. Moitas das noticias non son iguais no xornal en papel que no dixital, xa que o espazo e precisión non é o mesmo. Gustaríame destacar tamén un tema fundamental para o xornalismo do que dependen a maioría dos sectores: a publicidade
A publicidade é a marca de identidade da empresa, sector, industria, etc… Na propia facultade nos ensinan que a información vai en función do espazo que ocupe a publicidade, polo que intuímos a súa importancia. Quizais necesitemos máis publicidade non nos xornais, se non dos propios xornais en papel. Unha publicidade que apele á emotividade e realismo de ter a información nas propias mans e non tras unha pantalla. Necesitamos reinventar o papel, un obxectivo difícil.
Por outra banda, no filme obsérvase como é o traballo dunha redacción de xornalistas para cumprir o seu obxectivo: sacar á luz temas potentes e de interese público. Amais, chamou a miña o caso de Judith Miller e a perda de prestixio do propio xornal. É dicir, se algún dos traballadores falla, pagao o propio xornal, de aí que sexa tan importante a veracidade e o contraste de fontes para crear un xornalismo de calidade e real.
Quizais un dos aspectos máis importantes para a supervivencia dun xornal impreso sexa o optimismo dos traballadores da información ante a ameaza de derriba. Seguindo nesta liña, no documental tamén existe outro tipo de coacción, o propio interese económico. Quizais este sexa un dos motivos fundamentais que expliquen a posible caída do xornal. O xornalismo no fondo é un negocio, polo que o traballo debe ser remunerado. Mais no momento no que se privilexia o afán económico e non o xornalístico algo falla, peligrando a propia vida do xornal.
GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02
A emigración galega: onte e hoxe
Finaliza a miña viaxe por América Latina e polos xornais galegos creados fóra da terra. Unha travesía chea de libros e revistas, morriña, amor á propia lingua, poesía, surrealismo, escolas, importantes personaxes, etc… Este é o meu derradeiro post, e logo desta profunda investigación, quería compartir convosco a miña opinión sobre a emigración estudada e a actual. A principal diferenza radica no tipo de emigrantes: antes falabamos de galegos analfabetos como maioría, e unha minoría significativa de intelectuais. No meu primeiro post, Galegofobia, quixen plasmar o sentimento de auto-odio e prexuízo que existía nos propios galegos. En Lembrando a Seoane, quixen mostrar a outra cara da moeda, aos intelectuais que loitaban pola nosa terra e cultura, como tamén o fixo a miña compañeira Xiana cando falou das Escolas.
Hoxe en día os emigrantes son fundamentalmente universitarios. Xiana tivo a oportunidade de entrevistar a mozas e mozos estudantes pola rúa preguntándolle sobre este tema. Polo que observamos, a xente quere traballar, moverse, gañar diñeiro,etc… ( o motivo da emigración de antes e o de agora é económico) é dicir, os obxectivos a simple vista parecen ser os mesmos mais a figura do propio viaxante non o é. Por outra banda, os protagonistas das antigas emigracións eran homes. A muller quedaba na casa, e eles, ás veces, olvidábanas e facían fóra outra familia. A maioría das mulleres que emigraban eran criadas, e o futuro que lles esperaba non era sinxelo (de todo isto falounos Cristina na entrevista con Neira Vilas). As antigas emigracións eran dos homes, mais que ocorre na actual? Para min isto é un dos aspectos máis importantes: emigran tanto eles como elas. O papel da muller na sociedade actual xa non é o mesmo, é isto é un bo exemplo.
Ademais, a revolución tecnolóxica e o avance nos medios de comunicación influíron considerablemente na emigración. Xiana adicoulle o seu primeiro post ás cartas como nexo e unión, naquela época era a única maneira de contacto. Mais hoxe en día na era dixital iso queda atrás. Laura falounos de Global Galicia, unha comunidade cibernética de galegos no estranxeiro na actualidade. Como ben dicía Laura, internet é unha ferramenta que fai parecer a distancia máis curta. Ligado a isto está o desenvolvemento dos medios de transporte,…hoxe en día temos a posibilidade de ir e vir con frecuencia, dunha maneira máis económica e segura.
Como podemos observar as diferenzas son claras, cada emigración é o reflexo do tipo de sociedade do momento. Hoxe existe o sentimento de loita pola terra? Eu creo que sí, mais como na anterior emigración, segue sendo minoritario.
GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02
Lembrando a Seoane
Entre os anos 1974 e 1976 o profesor Freixanes elabora o que sería o seu primeiro libro, “ Unha ducia de galegos”. Nel recóllense entrevistas a grandes figuras galegas como Otero Pedrayo, Blanco Amor, Celso Emilio, Méndez Ferrín,… e tamén con Luís Seoane. Hoxe recupero algún dos aspectos que se comentaron nesa entrevista e que son de interese.
É unha vocación isto de ser galega, aínda que non se naza na propia terra. É algo que se leva moi dentro, no máis profundo do sentimento galeguista pintado de cor vermella, azul e branca. Luís Seoane nace en Bos Aires no ano 1910. Fillo de emigrantes galegos de Arzúa, máis con claro sentimento galeguista dende cativo. Seu pai logo o mandou estudar á Coruña, ese era o anceio de todos os emigrantes di Seoane “ que os seus fillos foran educados na terra, que para iso eles estaban ali fora a traballar”.O pai de Luís era un comerciante de certa cultura, con grandes preocupacións polos problema da terra lonxana. Estando xa en Galicia, tivo que voltar para Bos Aires por mor dos seus idearios políticos. O pai de Seone vivía o galeguismo afervoadamente e contaxioullo ao pintor. Soñaba cunha estructura estatal feita de abaixo-arriba, na que Galicia non só conquistara as vellas liberdades administrativas, senon que as acrecentara nos seus fillos e habitantes.“ Galeguismo é servir a Galicia e traballar por esta terra, pola súa cultura, polas súas xentes, a súa historia é a súa personalidade”.
Luís estudou Dereito en Compostela, afirmou que os anos na cidade de pedra foran fundamentais para a súa galeguidade. “Santiago é decisivo sempre”, alí afianzáronse as ideas que tiña aprendido no fogar emigrante.No ano 1936 declárase a guerra en España e Luís exíliase de novo, el mesmo dicía que ía ca idea de pasar uns cinco anos e finalmente foron vinte e cinco. Nesas datas, créase en Bos Aires a editorial Emecé, a revista galega emigrante e Seoane é un dos protagonistas.Os intelectuais galegos exiliados durante a guerra civil española, xunto cos que xa residían en Bos Aires, loitaron afervoadamente porque non caeran as bandeiras.
Por outra banda, falamos da Galicia emigrante, e non é un mito. O mito está nesa realidade bulinte de América, sobre todo a Bos Aires nos anos de posguerra. Loitouse política e culturalmente porque alí había xa un galeguismo fondo. No XX apareceu o Centro Galego e máis a Federación de Sociedades Galegas, pequenos centros que loitaron como puideron pola súa terra.
En canto á pintura, Seoane dicía que el pintaba polas mañás, moi cedo e sen acougo. A súa obra está ligada coa realidade do momento e co seu pobo. “ Compre ter en conta que o artista sempre ten dous compromiso: un coa arte e outro ca súa xente, coa súa cultura e o seu mundo”.
As características principais que defende a pintura galega sengundo o mestre son que están vencelladas á historia e á cultura do pobo, a presenza do círculo, das cores,…
Nos anos 60 Luís voltou a Galicia, “ cando cheguei pensei que non podería falar galego”. Na emigración podían desenvolver o seu traballo sen medo, de maneira diferente, mais na Galicia de aqueles anos nada diso era posible.
“Eu non defendo, nin defenderei nunca a emigración, quen está a favor da emigración, está a favor da inxustiza”. Pensamento que tamén comparte Eduaro Blanco Amor, “ a meirande parte nunca fixo nada por apoiar á terra”, e Celso Emilio Ferreiro, que o exemplifica co seu libro Viaxe ao país dos ananos. Vai dirixido ao emigrante que fixo cartos e esqueceu a súa orixe e o seu idioma, avergoñándose da súa lingua.
GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02
No bo camiño
Como vistes dende o primeiro post grupal a nosa liña temática foise orientando cara a emigración actual. Entrevistamos a Eloi Vidal, galego emigrante en Sevenoaks. Definiriamos isto como unha experiencia boa para coñecer como é a realidade dunha persoa que se vai nos tempos de hoxe. Como puidestes ver, hai unha gran diferencia ca emigración anterior. É posible que lle adiquemos máis tempo a este tema porque nos comentarios preguntástesnos polas condicións laborais ás que se ateñen (por que é máis fácil ascender, por que se ofrecen postos a estranxeiros, etc) Continuando ca emigración actual, contactamos con Global Galicia, a rede que pon en contacto persoas emigrantes en diferentes lugares. A cabalo entre a emigración a América do século XX e a actualidade, está o artigo que publicou a nosa compañeira Xiana das escolas de emigrantes. Non deixan de ser o resultado do traballo e investimento dos nosos antepasados que miraron cara o futuro e garantiron a educación das seguintes xeracións.
A principal problemática que atopamos á hora de investigar a emigración de galegos na actualidade é que é moi escasa cara América Latina. Porén, estase dando de forma moi frecuente cara Europa: Inglaterra, Suíza, Alemaña, Dinamarca… Intentaremos comunicarvos máis experiencias como a de Eloi Vidal. Outro inconveniente ao que nos ativemos foi á hora de investigar sobre a síndrome de Ulises, para o cal nos parecía convinte falar con psicólogos expertos mais non obtivemos resposta do Colexio Oficial de Psicoloxía.
Non queremos deixar de lado o noso obxectivo principal, o de mostrar os estereotipos que se crean en torno aos galegos na América. Mais, perduran estes estereotipos a día de hoxe para os galegos? Que outras connotacións sofren noutras culturas? Nas próximas publicacións intentaremos facer unha explicación histórica da emigración: como nace este fenómeno, como adquire novos significados e matices esta palabra e como se transforma no tempo.
Para continuar, mantemos o contacto co Consello de Cultura Galega. Casualmente están poñendo en marcha un proxecto para recuperar documentación gráfica da emigración. Calquera persoa que poida aportar fotografías ou outro tipo de soporte relacionado co tema será útil para a labor que están levando a cabo. Dependendo da evolución disto intentaremos compartir con vós este traballo.
GRUPO 151.D00
AMOSA TATO, CRISTINA 151.D01
GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02
GÓMEZ DE LA CAMPA, XIANA 151.D03
GÓMEZ VALES, LAURA 151.D04
LUENGO MARTÍNEZ, DIEGO 151.D05
Un galego en Sevenoaks
O termo emigrar é, sen dúbida, un referente histórico para as e os galegos. Mais hoxe, quero falar do galego emigrante actual.
Eloy Vidal é un mozo de Bexo que, aos seus 26 anos, emprendeu rumbo a Sevenoaks o pasado verán, lugar no que actualmente reside.Tiven que a sorte de poder poñerme en contacto con el e que me contara a súa historia.
–Cales foron os motivos polos que decidiches irte para Reino Unido?
Estaba sen traballo e tiña a necesidade de saber o que había fóra do mundo. E se as situación laborais eran como en España, ou pola contra, podería irme mellor.
-Como foi a experiencia no novo lugar?
A experiencia foi boa. Coñecín a moi boa xente que me aceptou case sen saber o seu idioma, o que aprendín traballando con ingleses e escoceses na cociña, cas súas continuas correccións…
Pero prefiro Galiza en canto á vida, o clima,….Por exemplo, a comida aquí é a que peor me encontrei.
–De que traballas?
Coidando a un neno pola semana e de camareiro nos fins de semana.No meu traballo estou moi contento. De camareiro levo uns meses e xa me cambiaron de sección para unha mellor. O bo do traballo en Reino Unido é que as posibilidades de ascender son moi grandes, e as condicións laborais son mellores.
-O sentimento de morriña, a ausencia dos familiares e dos amigos,… que me podes dicir diso?
A morriña é algo co que aprendes a convivir cando estás lonxe da túa xente. Aínda que ás veces, é inevitable botar en falta á familia e aos amigos cos que medraches.
-Tes algún coñecido ou amigo que estea na mesma situación ca ti?
Si. Hector, un amigo de toda a vida, que tamén está aquí en Sevenoaks. El xa leva dous anos e veu porque lle frustraba o seu traballo de camareiro en Galicia con apenas días libres. Agora está traballando catro días e estudando para ascender no seu traballo. É algo moi común aquí, que a empresa pague un entrenamento para que poidas ascender.
-Cales cres que son as principais diferencias entre a economía de Galicia e a de Reino Unido?
Aquí os soldos son máis altos que en Galicia, sobre todo para a xente licenciada. Os prezos e os impostos tamén son máis altos e as condicións laborais mellores. O paro onde vivo eu é dun 4%, mentres que en Galicia é dun 22%, máis ou menos.
-Cres que moitos mozos seguirán tornando se esta situación segue así?
Moitos iranse e en Galicia só quedarán políticos, funcionarios e poucos máis, por desgracia.
-Cando tes pensando retornar?
Vou volver en maio e intentar traballar en Galicia algo no verán, pero non descarto volver para aquí, ou para outro país no futuro, se a crise segue avanzando.
GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02
Galegofobia
Cheguei á Cidade da Cultura na procura de información relevante para o seguimento do traballo dos meus compañeiros. Dirixinme ás mozas que sentadas diante dun computador, observaban pasar o tempo. A súa cara de sorpresa foi a mesma que a miña, cando as vin chegar con toda aquela cantidade de libros….máis logo, chegou a idea.
Ao longo do século XIX os antigos tópicos despectivos herdados dos tempos coloniais e máis ou menos transplantados da Península, cobraron novas dimensións e, sobre todo, unha reactualizada capacidade de verosimilitude. A arribada masiva de inmigrantes galegos procedentes das zonas rurais, que, ademais, eran analfabetos, de escasa cualificación e bagaxe formativa, fixo que aquelas imaxes negativas se reactivasen e adquirisen novos significados.
Segundo Xosé Manuel Núñez Seixas, os galegos emigrados na Arxentina presentaban máis dun paradoxo. Os seus trazos étnicos distintos de orixe, eran caricaturizados:”Como podían chegar españois que baballaban o castelán con sete vogais e sen disterar gato de jato?”. Os arxentinos non entendían: os inmigrantes galegos falaban incorrectamente o castelán, non por ignorancia, senón por posuír outra lingua materna.
Así pois, recuperamos os testemuños de Claudio Fernández, chegado no 1905 a Bos Aires; do escritor Miguel Toledano e do xornalista francés Jules Huret.
Doutra banda, interpretamos a opinión dun amigo crioulo verbo da súa mucama*
A alternativa era negar a galeguidade de orixe, ou reafirmarse nela e secundar os motivos de orgullo para ser galego.
Para a maioría dos inmigrantes “ser galego era ser máis español que ninguén”, non obstante había unha colectivo de emigrantes que optou pola vía contraría: loitar polo galego.
*NOTA:
-mucama: persoa encargada do servizo doméstico
-encopetada: pertence a unha clase social alta / que vai moi ben vestida
NÚÑEZ SEIXAS, Xosé Manoel (2002). O inmigrante imaxinario. Universidade de Santiago de Compostela: Servicio de Publicación e Intercambio Científico.
GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02