Arquivo do blog

One Page

O documental abre unha paréntese: para que queremos xornais se temos twitter? Se Internet está substituíndo aos férreos magnates do cuarto poder, cal é o futuro que lles depara ás empresas que comercializan coa información como producto? E máis, cal é o futuro que lles queda (nos queda) aos herdeiros do oficio?

É o debate eterno e de ahí a paréntese aberta. En realidade, a situación que nos presenta (un ano no Times) non se distingue de moitas outras. Nytimes vese na obriga de recortar persoal que leva no medio case toda a súa vida. Sofre perdas económicas (non basta a financiación publicitaria) e cada día que publica en impreso arríscase á bancarrota. Pero The New York Times é unha empresa demasiado consolidada para obviar a súa perda.

O filme préstase a confesárnolo, que pasaría se o Times desaparecese? A pregunta cae en ambigüedade segundo a quen se lle pregunte. Calquera que leve traballe no medio, convertirase nun lóxico defensor do xornal, relucindo todo o calibre do que durante tanto tempo deron mostra. De non adaptarse, contemplará o novo escenario con desdén e aínda con pavor. Pero se lle formulamos a mesma pregunta a un cidadán común, é posible que a ambigüedade da resposta recaia na idade que teña e nos intereses que comparta (segundo a ecuación: os novos consumen Internet e redes sociais e os máis vellos inténtano).

Analizada a realidade que persigue aos medios, NyTimes veu unha posibildade inmediata en Brian Steller, un home que traballa con dous ordenadores, que escribe doble (twitters e artigos) e cuxa fórmula pasa por “escoitar unha voz colectiva conectada” que é a pretensión constructiva da súa maior inspiración: twitter.

En contraste, a voz máis emblemática baixo a figura de David Carr, demostra como a profesión está en apuros– cando non o estivo?- ao igual que o contorno dalgunhas experiencias vitais e non por iso se resinte. Aposta polo endémico do xornalismo, o xornalismo de Gay Talese, cun contacto directo (e moi directo) coas fontes, cunha visión interesada por todo, e cun poder de absorción innato. Á David Carr séguenlle os grandes sentimentais do periódico (algún ex redactor, o director…). Todo isto non deixa de ser unha metáfora máis do xornal, un medio cuxo prestixio lle veu cos grandes acontecementos, con Irak, co Watergate e Richard Nixon (mostra do medio fronte aos poderes políticos).Un prestixio que non lle ven só por estar fóra e na vangarda, senón tamén por admitir erros como o fraude de Jayson Blair ou o de Judith Miller. Porén, as reliquias do historial do medio desmorónanse no momento en que alguén se cuestiona se é necesario ou se se pode prescindir do NYT, se son demasiados os fraudes que restan a súa credibilidade e se Internet pode suplir con bastante efectividade a súa labor.

Aínda que se nos exteriorice unha imaxe envexable de todo un equipo de redacción, discutindo a primeira plana, xerarquizando as informacións, poñendo en práctica todo o teorizado, precisa NyTimes un cambio de imaxe como os outros medios? Mirando aos seus coetáneos, como a CNN que colabora con Vice News (un medio no que todo vale e a verdade é discutible) ese cambio e baixo esas formas non lle favorecería en absoluto. No caso contrario a rigurosidade que se lle supón ao medio (algúns contidos da rede son rescatados dos medios impresos) caería estrepitosamente.

Na mesma liña, como sería posible manter productos con calidade se temos a presión da publicación inmediata? Ou facemos máquinas que nos suplanten (aos humanos) nun período de tempo o suficientemente próximo como para terlle medo ou o cambio é máis unha cuestión de adapactión e reinvención.

As figuras clásicas como “a rebelión das máquinas” ou a extinción do papel forman parte dun marco apocalíptico cuxa probabilidade se resinte. É certo que a morfoloxía, a estética e as finalidades das novas tecnoloxías son similitudes e perfeccións de cousas tan simples como o libro, como o xornal. No filme, cando David Carr recibe unha tablet di algo como: “recórdame a un libro”. É un exemplo esclarecedor de que non hai nada baixo o sol e todo o que se reinventa segue un patrón previo.

Catro anos despois de que o documental saíse á luz (2011), seguímonos plantexando os mesmos dilemas. Unha visión optimista desta inestabilidade é que nela deveñen os grandes procesos constructivos que forman a historia. Todo o malo é vivir na transición cara un futuro incerto ata que este decida establecerse.

Gayl Talese, redactor do NYT

Gay Talese, escribe na década dos 60 para o NYT

 

GÓMEZ VALES, LAURA 151.D04

 

“Non son libres os camiños do éxodo humano”

Desde siempre, las mariposas y las golondrinas y los flamencos vuelan huyendo del frío, año tras año, y nadan las ballenas en busca de otra mar y los salmones y las truchas en busca de su río. Ellos viajan miles de leguas, por los libres caminos del aire y del agua. No son libres, en cambio, los caminos del éxodo humano. En inmensas caravanas, marchan los fugitivos de la vida imposible. Viajan desde el sur hacia el norte y desde el sol naciente hacia el poniente.Les han robado su lugar en el mundo. Han sido despojados de sus trabajos y sus tierras. Muchos huyen de las guerras, pero muchos más huyen de los salarios exterminados y de los suelos arrasados (…)”

                                                                Galeano, Eduardo (2004). Bocas del tiempo Los emigrantes, ahora

En todo o que levamos recorrido, algo aprendimos: a emigración actual bota raíces e non é posible evitar certos trazos de similitude ao comparala coa emigración precedente.

Unha vez máis, no contorno das plataformas e no contexto de Internet, unha parte dos galegos e galegas espallados polo mundo artellaron a iniciativa, Volver á terra, para que os mozos que emigran poidan regresar e traballar en Galicia.

A modo de manifesto, os mozos esixen “ser quen de vivir e traballar con dignidade no noso país, como fan tantos pobos no mundo, e que deixen de ser os de sempre os que elixan se temos dereito ou non a vivir na nosa terra”.

https://www.youtube.com/watch?v=b-Dl4qsrsr4

A proposta presentouse o pasado venres na Galería Sargadelos e nace co apoio da Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Galegos Retornados e a Asociación de Emigrantes Retornados Marusía. O primeiro peldaño é a recollida de apoios individuais e de diferentes entidades por medio do blogue.

O detonante foi o grao de acollida e impulso que tivo e está tendo a plataforma, quizais provocado por un desdén xeralizado para cos organismos públicos e titubeantes do país. Foi motivo de presentación na prensa escrita, na televisión e na radio aínda que lle queda camiño para ser presentado na televisión pública (e noutros medios).

Ninguén mellor que os predecesores para entender o que lle agarda a estes mozos, o que nos agarda. En tres de cada catro fogares galegos hai un emigrante- comentaba Manolo Do Val, pai dunha moza emigrada e coordinador da iniciativa. E, entre os portavoces dos emigrantes retornados- Xosé Lois Leirós e Manuel Domínguez afirman que a situación é comparable coa da súa época e non é un feito illado “verse forzados a emigrar”.

Mentras, o número dous da Xunta (Alfonso Rueda) mantén estes días encontros cos presidentes das sociedades galegas na Habana para incidir a importante labor que tiveron os galegos no exterior.

Foi Cuba unha constante no desenvolvemento da identidade de Galicia como pobo (e non só Cuba tamén Arxentina). Se ben é posible que as relacións entabladas naquela emigración que tantos galegos gardan no maxín, ten unha importancia que os “contemporáneos” non entendemos, tamén é certo que se debera de reducir a “condición de galego emigrante” agora, na nosa época -sempre entendendo por emigración unha partida forzada-.

É importante citar que a maior paradoxa que viviu Galicia foi atopar trazos identitarios fóra, saberse relacionar e crear sociedades ou colectivos entre os expatriados (algo que agora se encargan de conmemorar as entidades públicas) Mentras no interior, aínda non fomos quen de apremiar a variedade de posibilidades que Galicia ofrece.

Segue existindo un sentimento de complexo do que falaba Neira Vilas (e outros intelectuais da emigración) que intentaron vencelo? É posible, mais retomando o contexto das plataformas e de Internet, nalgunha parte do manifesto de Voltar á terrareza:

Visítanos máis xente que habitantes somos e, xunto a potencialidades dabondo, temos unha lingua e cultura propias e ben diferenciadas, que nos permite comunicarnos con máis de 250 millóns de falantes de portugués”.

                                                   OLYMPUS DIGITAL CAMERA

GÓMEZ VALES, LAURA 151.D04

Cine e teatro: caricaturas da nosa Emigración

Para non decaer no ritmo habitual que cursaban os estereotipos na Emigración, preguntámonos agora, como eran caricaturizados os galegos no cine ou no teatro?

A emblemática actriz, guionista e humorista arxentina, Niní Marshall (albores dos anos 40) foi unha muller pioneira no oficio. Retrataba a idiosincrasia de Arxentina e os arquetipos da inmigración que proviña de Italia, España (representada por Galicia) ou do este europeo.

Niní inmortaliza o espírito de Francisca Pérez, mucama (criada doméstica) galega da súa casa. Máis que unha imitación, malia o aparente cariño que lle profesaba, facía dela unha caricatura. É así como nace Cándida, unha galega pobre, inculta que se metía nas situacións máis absurdas e que lindaba moitas veces coa tontería. Sobre as interpretacións de Cándida houbo vivos debates no seu tempo polas reaccións encontradas entre a colectividade galega de Bos Aires. Foi a protagonista dunha serie de filmes á raíz de “Cándida” (https://www.youtube.com/watch?v=SgoZx-IO4Eg) como:

“Una gallega en la Habana” (https://www.youtube.com/watch?v=jX-PR0jds68#t=27)

“Una gallega en México” (https://www.youtube.com/watch?v=xY95Uy6L0QA)

“Una gallega baila mambo” (https://www.youtube.com/watch?v=EzW7O8kpwEc)

“Cándida millonaria” (https://www.youtube.com/watch?v=iQJ5xONDFTA), entre outros.

otra candida

                                              candida-nininini - candida gallega

A partir de caricaturas como esta, peor que ser emigrante era ser “gallega” pois estigmatizábase ata o punto de converterse nunha Cándida en potencia. Se ben, a reprodución deste estereotipo xa era popular a través da literatura e a prensa decimonónicas, pero co cine (cubano e porteño) fortaleceuse a fórmula dos “sucios e idiotas aínda que traballadores e de bo corazón”.

Todo o espetáculo que se consegue tras do telón, recorda ao teatro da comedia grecolatina onde os membros da comunidade eran burlados esxaradamente polos personaxes teatrais

https://www.youtube.com/watch?v=dbiZOS_bark

É así como merece mención o chamado “sainete crioulo”, “xénero chico” ou “sainete porteño” introducido na Arxentina por compañías de teatro ibéricas onde se retrataron nacionalidades inmigrantes a través de personaxes estereotipados e facilmente recoñecíbeis polo público. Deste xeito o personaxe galego (incluido na terceira década do séc. XX) reducíase á figura dun infeliz, mísero, traballor e de poucas luces. O retrato do idioma galego era tal que se interpretaba como deformación dialéctica e bárbara do español:

Maruxa.- (guarangota en el hablar) Muy buenos días tenjan ustedes…

Ricardo.- Ché… gaita… ahí tenés una compatriota.

Gaita.-¿Qué hacés pibeta?…

Maruxa.-(muy alegre) Ah… vos también sos de “pro alá?”…

Gaita.- No; yo soy de Pontiviedra

Maruxa.- ¡Ah! Eu son de Lujo…

¡Cuidado con la pintura! Julio F. Escobar

Moitos dos estereotipos acabaron por seren asumidos de xeito que algunhas das inmigrantes galegas na procura de traballo (mucamas) tentaban negar as súas orixes, identificándose só como españolas.

-¡Aaay! ¿Gayega?…¡Y con qué franquesa lo dises!

-¡Soy gallega lo mismo que usted!

-Yo soy de Pradolongo, serca de Viana del Bollo; y los de Pradolongo ya casi no pertenesemos a Galisia.

Afondar en parecidos tratamentos que agora reciben os inmigrantes no noso e noutros países pode ser unha clara mostra de como a historia se repite aínda que muden as tornas das circunstancias:

https://www.youtube.com/watch?v=UuGb_nQF9jU

GÓMEZ VALES, LAURA 151.D04

No bo camiño

Como vistes dende o primeiro post grupal a nosa liña temática foise orientando cara a emigración actual. Entrevistamos a Eloi Vidal, galego emigrante en Sevenoaks. Definiriamos isto como unha experiencia boa para coñecer como é a realidade dunha persoa que se vai nos tempos de hoxe. Como puidestes ver, hai unha gran diferencia ca emigración anterior. É posible que lle adiquemos máis tempo a este tema porque nos comentarios preguntástesnos polas condicións laborais ás que se ateñen (por que é máis fácil ascender, por que se ofrecen postos a estranxeiros, etc) Continuando ca emigración actual, contactamos con Global Galicia, a rede que pon en contacto persoas emigrantes en diferentes lugares. A cabalo entre a emigración a América do século XX e a actualidade, está o artigo que publicou a nosa compañeira Xiana das escolas de emigrantes. Non deixan de ser o resultado do traballo e investimento dos nosos antepasados que miraron cara o futuro e garantiron a educación das seguintes xeracións.
A principal problemática que atopamos á hora de investigar a emigración de galegos na actualidade é que é moi escasa cara América Latina. Porén, estase dando de forma moi frecuente cara Europa: Inglaterra, Suíza, Alemaña, Dinamarca… Intentaremos comunicarvos máis experiencias como a de Eloi Vidal. Outro inconveniente ao que nos ativemos foi á hora de investigar sobre a síndrome de Ulises, para o cal nos parecía convinte falar con psicólogos expertos mais non obtivemos resposta do Colexio Oficial de Psicoloxía.
Non queremos deixar de lado o noso obxectivo principal, o de mostrar os estereotipos que se crean en torno aos galegos na América. Mais, perduran estes estereotipos a día de hoxe para os galegos? Que outras connotacións sofren noutras culturas? Nas próximas publicacións intentaremos facer unha explicación histórica da emigración: como nace este fenómeno, como adquire novos significados e matices esta palabra e como se transforma no tempo.
Para continuar, mantemos o contacto co Consello de Cultura Galega. Casualmente están poñendo en marcha un proxecto para recuperar documentación gráfica da emigración. Calquera persoa que poida aportar fotografías ou outro tipo de soporte relacionado co tema será útil para a labor que están levando a cabo. Dependendo da evolución disto intentaremos compartir con vós este traballo.

castelao. a nosa rerra non e nosa rapaces

GRUPO 151.D00

AMOSA TATO, CRISTINA 151.D01

GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02

GÓMEZ DE LA CAMPA, XIANA 151.D03

GÓMEZ VALES, LAURA 151.D04

LUENGO MARTÍNEZ, DIEGO 151.D05

Global Galicia

Emigrar na historia de Galicia leva por si unha triple definición: a oleada de comezos do XX que consolidou en boa parte de América parte do noso patrimonio cultural e intelectual (véxase o himno, a bandeira ou a RAG creadas en Bos Aires), a seguinte oleada que serán os descendentes dos pioneiros marcada polo exilio e a represión franquista. A próxima oleada é a marcada polo correr do presente.

Castelao había de analizar algunhas das causas da emigración que inaugurou a nosa presenza en Bos Aires:

Aínda que os factores económicos fosen dabondo para explicar o fenómeno migratorio de Galiza, é o certo que nós sabemos andar polo mundo á cata do benestar e que os demais españoes morren de fame con tal de non enfíar camiños descoñecidos. Os galegos sabemos arranxar os papeis e pedir un pasaxe de terceira, sabemos agacharnos nas bodegas dun transatlántico cando non temos diñeiro. Sabemos pillar estradas cun fatel ao lombo ou empurrando a roda de amolar, sabemos abrir fronteiras pechadas e pedir traballo en todas as linguas, sabemos, en fin, canto debe saber un bo camiñante aínda que o viaxe sexa o primeiro da nosa vida.

Alfonso R.Castelao, Sempre en Galiza

Hoxe, dende a ollada dos vellos emigrantes, marchar é ir cun plan de futuro previo. É ir cunha especie de contracto pactado. En base a isto, facilitan as redes sociais emigrar?

Arredor desta premisa, básase o proxecto posto en marcha pola editorial da Voz de Galicia: Global Galicia (http://www.globalgalicia.org/) nace como unha comunidade cibernética dos galegos no estranxeiro.Non só serve de referencia para os emigrantes actuais senón tamén dos descendentes daqueles galegos que partiron a comezos do século XX, os de sempre. Dirixido a case medio millóns de galegos localizados por todo o planeta. Internet é a ferramenta que fai parecer a distancia máis curta. Un espazo para compartir opinións, consellos, fotos ou vídeos.

A finalidade desta proposta garda certa similitude coa idea de pensar globalmente e actuar localmente.

A cuestión reside sempre en buscar e atopar novos alicerces. Tomar o fenómeno como un acontecemento circunstancial e saír “airosos” dos sentimento de morriña e nostalxia. Trátase de combinar as relacións interpersoais (a través da experiencia dos emigrantes galegos devanceiros e sucesores e tamén a través da historia dos que aquí quedan).

Algunhas testemuñas que escriben (símil da correspondencia doutrora)

http://www.globalgalicia.org/salitreycenizas/ (Javi Roura, xornalista)

http://www.globalgalicia.org/blogs/

Na páxina, as seccións ben diferenciadas abren ao mundo cousas como os eventos culturais que se fan para o encargo da memoria histórica, un buzón para os emigrantes que perderon contacto cos seus familiares, novas sobre os retornados, sobre os estudantes, sobre a actualidade. A plataforma permite, amais, visualizar grupos de facebook por cada país ao que emigran os galegos (véxase https://www.facebook.com/groups/6838113130/?fref=ts).

O desmembramento de certos países elexidos como destino proba a porcentaxe de galegos que marchan cara Alemaña, Bélxica, Francia, Reino Unido e, en menor medida Arxentina. Arxentina que fora a odisea na conservación do patrimonio galego, hoxe queda relegada a un segundo plano como país destino.

Un dos próximos retos aos que aspira a páxina, baixo a opinión miña e a do grupo, é que o contido se faga en galego.

En todo caso, o fenómeno migratorio é unha realidade que asoma nos novos tempos e que semella vai deixar pegada longa tempada. Sexa coas redes sociais ou sen ellas, o certo é que emigrar non é un feito exclusivamente de hoxe nin tampouco de entón:

Non hai cousas vellas nin novas, hai soamente cousas vivas e mortas, e non as determina a idade senón o sopro interior que as anima.

Otero Pedrayo, R. Vigo, 1982

seoane.

GÓMEZ VALES, LAURA 151.D04

Lembrando a Céltiga

Aproveitando a visita ao Consello da Cultura Galega traio un post adicado á revista Céltiga, nexo de unión dos emigrados galegos na Arxentina e a nosa terra.

É unha revista bilingüe con maior presenza do castelán. Nos seus exemplares queda clara a súa vontade como ponte galega-hispana-americana, a súa defensa dun galeguismo de pensamento e sentimento e a busca do espallamento de novas ideas e problemas modernos, a exaltación patriótica de Galicia, o mutuo coñecemento Galicia–Arxentina e a permanente exaltación da terra e a súa saudosa lembranza.

Relendo as súas publicacións é imposible dubidar  do sentimento nacionalista da revista presente en artigos e colaboracións. Este galeguismo reafirmado e ascendente conta co antecedente e Eduardo Blanco Amor co-director literario xunto a  Eliseo Pulpeiro e Ramón Suárez Picallo.

  • Xaime Illa Couto «Nacín en Santiago de Compostela, pero dende moi neno vivín en Vigo. Por aquel tempo escribinlle ao meu irmán a miña primeira carta, en castelán, e el respondéume en galego dándome azos para que empregara a nosa lingua na correspondencia antre os dous, que el me corrixiría os erros que metera. Así, desta forma sinxela e anecdótica escomenzóu unha pedagoxía epistolar que marcóu a miña vida como ningunha outra educación poidera facelo. ¡Cántas cousas fermosas e emotivas podería eu decir arredor desto! Eran os tempos gloriosos da revista “Céltiga”, tamén en Bós Aires, anos da Dictadura en España. Alí verquíase a colaboración das mais grandes figuras galegas. Ramiro facía o “Idearium galeguista”, promovendo e axudando cantas iniciativas servisen para concienciar á emigración. En “A Fouce” escribín eu os primeiros artigos periodísticos».

 Víctor F. Freixanes, Unha ducia de galegos, Vigo: Galaxia, 1982, pp. 166-167.

 As principais compañeiras de viaxe son Alborada, Mundo Gallego, ou Alén Mar. A cúspide da prensa cultural galega da época é Galicia Emigrante do exiliado Luis Seoane.

As páxinas encerran unha gran variedade e información sobre a terra: artigos culturais, reportaxes fotográficas de cidades galegas, caricaturas, debuxos, gravados, notas bibliográficas, relatos literarios, tratamento de figuras arxentinas, seccións e humor e adicadas á muller e colaboracións de grande autores galegos.

artigo viñetas

viñeta2 artigo en galego

Outro dos elemento destacables é a publicidade. En branco e negro ou en cor e en castelán ata os últimos números nos que parece un anuncio dunha tenda de agasallos en galego: “Regalos útiles. Nunca esquenza que na nosa Casa atopará, sempre, a coleución mais útil e suxestiva de ouxetos para regalarlle ôs seus. Olle os nosos mostrarios que dan a rua. La Reina”.

publi             publi2        publi4

O outro día atopábamonos con galegofobia e hoxe contamos a historia dunha revista nacida para preservar a lingua, a cultura e a identidade do noso pobo, contando a realidade vivida nunha emigración forzosa polos seus protagonistas.

portadas

Consello da Cultura Galega, n.d., de http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/celtiga/

Gómez Vales, Laura 151.D04